14 junho 2011

¿Que esperamos do Sr. alcalde?

O pasado sábado celebrouse o pleno de toma de posesións dos concellais e a elección de alcalde. Sorpresas non houbo asi que sigue sendo alcalde o Sr. MAnuel Gallego Vila ... que Dios grade por moitos anos.
Abrimos unha nova lexislatura da que por desgracia non esperamos moito mais que a pasada. Por resumir un pouco: abandouse o proxecto do Parque Empresarial do Val da Rabeda, case se consegue o peche da escola infantil municipal, aprobuse un plan de urbanismo que non soluciona os problemas do concello (non hai chan industrial, so se pode edificar nso núcleos rurais, ...), non se fixo nada por mellorar o transporte público, ..
Que lle pedimos dende aqui públicamente ao Sr. alcalde para empezar con bo pe:
1) Creación da Comisión de Urbanismo para empezar a traballar na mellora do actual plan de urbanismo
2) Mais competencias para o pleno e celebración de sesións pola tarde para facilitar a aistencia da xente
3) Mais transparencia na xestión: publicidade da orde do día das Xuntas de Goberno, comunicacións periódicas á veciñanza e colaboración cos grupos da oposición.
4) Modernización da xestión municipal: cita previa telefónica, mellora da páxina web, tramitación telemática, etc.
5) Creación don consello de participación cidadá, con participación de todas as asociacións veciñais.
6) Apoio indiscutible á escola infantil municipal.

Poderiamos seguir pero con eso conformános. Estes serán as nosas primeiras demandas.