23 maio 2011

Resignación, rabia, magoa, ...

Estamos no día despois, no día para reflexionar sobre o resultado das eleccións municipais. Os resultados de Taboadela resumense nunha palabra: continuidade. O PP segue a manter a maioría absoluta con 5 concellais ... cos mesmos 5 concellais que nesta lexislatura. O PSOE mantén os sues 2 concellais e o VE-TA e o BNG un cada un.
Unha vez mais Taboadela votou continuismo, vese que somos minoría os que pensamos que neste concello pasa os días sin pena nin gloria, sin avanzar, acumulando retraso e retraso, enm fin ...
Unha anślise mais polo miudo arroxa algún dato interesante. Por primeira vez o PP baixa do 50% dos votos, en concreto acadou 560 votos, o 48.74%.
Outro dato interesante, se xuntásemos osvotos de VE-TA e BNG acadariamos 3 concelleiros e o PP perdería un. Queda claro que as divisións nunca foron boas ...

Como indicaba no título non sei moi ben con que calificativo indicar o meu esatdo de ánimo. Por unha parte resignación ante o que parece non ter fin, por outra rabia por ver como o que se premia son os métodos do pasado, o carrexo, as ameazas, o cambalache de favores, o enchufismo. Por outra magoa, pror que as cousa podería ter sido doutro xeito, magoa de pensar que se cadra tivemos que facer algo mais, que se cadra tamén fallamos nos.

Pero se algo teño e mentalidade positiva, se alguén pensa que o vou deixar vai listo, seguiremos na mesma liña, pelexando, protestando e axudando no que se poda. Compañeiros e amigos, o mundo non se acabda aqui, nin moito menos. Hai unha cousa na que non nos gana ninguén: sentimos orgullosos de loitar pola xente, de axudalos, de protestar ante as inxusticias. NO BNG NIN SOMOS MANGANTES, NIN CACIQUES, NIN ESCRAVOS DE NINGUÉN, SOMOS XENTE HONRADA E LIBRE !!!

Veciñas e veciñas de Taboadela, graciñas a todos aqueles que nos votastes, lamentablemente non poderemos poñer en prácticas os nosos proxectos, pero si poderemos denunciar as irregularidades, os tratos de favor, as inxusticias. Pedimos a vos acolaboración para iso, por favor facédenos chegar as vosas queixas, avisádenos das inxustizas que vexades. NOS NON DAMOS AS COSTAS A NINGUÉN, NIN PEDIMOS NADA A CAMBIO, CUN "GRAZAS AMIGO" TEMOS MAIS QUE SUFICIENTE.

1 comentário:

Toño disse...

Hola compañeiro!, dende aqui quero mostrache o meu apoio. O meu apoio asi como o de moitos baséase na mesma ilusion e gañas de que as cousas no Concello de Taboadela poden mellorar. Temos claro que un concello ten que estar o servicio dos veciños e non os veciños estar o servicio do Concello e dos seus governantes. Esta é sen dúbida a norma máis dundamental. Logo do dia 22, e despois de vivir en primeria persoa as votacions, no caso de Taboadela, eu teño as miñas dúbidas de que esto sexa así.
De todas formas a realidade é que a situación politica en Taboadela non vai cambiar nos seguintes catro anos, e con esto a situacion actual do concello e dos veciños. Asi que a mellor maneira de seguir adiante é, como ti dis, facerlle ver a xente de que hai cousas mellores, que se pode vivir mellor, que se pode non estar de acordo con decisions que afecten a vida normal dun concello, que o estancamento non é o mellor opcion para nadie, e por suposto respetando a todas as ideas e opinions. Un abrazo