10 maio 2011

Programa electoral do BNG para Taboadela

Programa electoral 

municipais 2011

Estes son os 7 puntos básicos do noso programa electoral:

1. Benestar social


  • Plan integral de atención aos maiores no fogar. Potenciaremos o programa de axuda a domicilio e o xantar sobre rodas, apoiaremos o voluntariado, faremos un seguimento persoal dos nosos maiores: queremos coñecelos un por un para saber dos seus problemas e necesidades.
  • Programa de actividades para maiores. Farémolo en colaboración coas asociación, desenvolvendo un plan integral no que participarían todas elas. Haberá ximnasia de mantemento, obradoiros tradionais, viaxes organizados, festivais culturais, etc.
  • Ampliación do centro de día e residencia de maiores. O número de prazas é claramente insuficiente, hai que duplicalo para atender a demanda e para o que a súa xestión sexa mais rendible.
  • Creación do premio anual “Recaredo Paz” destinado a premiar a unha persoa do Concello ou da provincia que traballase desinteresadamente polos demais, especialmente polo maiores,nenos, minusválidos, inmigrantes, etc.

2. Política de vivenda e infraestructuras


  • Plan municipal de vivenda social. En Taboadela non hai vivendas socias e pensamos que fan falla. Trataremos de facer nesta lexislatura un mínimo de 30 vivendas.
  • Plan de rehabilitación nos núcleos rurais. No concello hai moitos núcleos rurais semiabandanados, non podemos dexialos morrer. Destinaremos cada ano unha partida de cartos para  mercar, restaurar e poñer en venda ou aluguer 10 vivendas.
  • Impulso para o desenvolvemento de plans sectorias en Pereiras e Espiñeiro. Son as dúas zonas con mais posibilidades de expansión pero precisan de axuda para que os propìetarios poidan desenvolver plans sectorias, nos daremoslle o apoio que precisen.
  • Construcción dun tanatorio municipal. Os minivelatorios que se están a construir nas parroquias non son a solución, nin xiquera son legais. Nos propoñemos a construcción dun tanatorio municipal, legal, limpo e funcional.
  • Habilitación de locais municipais en todas as parroquias. En parroquias como Taboadela non hai locais para que as asociacións desenvolvan as súas actividades.  Nos comprometémosnos a habilitar polo menos un local en cada parroquia e a cedelo as asociacións que nolo soliciten.

3. Transporte público e novas tecnoloxías


  • Ampliación das liñas e frecuencias do transporte público. Temos un transporte público penoso e imos apeor. Comprometémosnos a melloralo para dispoñer como mínimo de 4 frecuencias diarias no traxecto Allariz-Taboaela-Ourense e a lo menos unha frecuencia diaria entre cada pobo e Taboadela.
  • Convenio coa Consellería de Educación para empregar o transporte escolar. Incomprensiblemente Taboadela non asinou o convenio para que a xente poda empregar o transporte escolar. Nos conseguiremos que as liñas que van cara o IES Univ. laboral e o CEIP de Seixalvo se sumen as liñas de transporte ordinarias.
  • Acceso a Internet para todos. Non pode ser que no século XXI hax aínda en Taboadela zonas sen acceso a Internet e con mala cobertura de TV. Temos a firme convicción de acabar con esa tacha nesta lexislatura.
  • Formación en novas tecnoloxías. Non chegar con ter acceso a Intern requírese coñecemento. Nos organizaremos cursos itinerantes de formación para que todas as persoas aprendar a navegar por Internet, facer trámites administrativos e manexen as aplicacións ofimáticas básicas.

4. Medio ambiente


  • Limpeza dos cauces dos ríos e habilitación de paseos fluviais. Non temos moitos ríos pero hai que aproveitar o que hai. Estableceremos acordos coa confederación hidrográfica para limpar o río Barbaña, habilitar paseos ao seu carón, crear zonas de lecer no seu entorno, etc.
  • Fomento de iniciativas silvo-pastorís que axudan a manter limpo o monte. Hai zonas no concellos que están convertidas nun bosque improductivo. Nos apoiremos iniciativas  de limpeza e explotación dos mesmos.
  • Instalación dun punto limpo no concello. Estamos comprometidos co medio ambiente, coa recicllaxe e coa clasificación do lixo, Pero hai que facilitarlle o traballo a xente e por iso crearemos un punto limpo no que entregar os refugallos.
  • Fomento do compostaxe e reciclaxe doméstico. Concienciaremso a xente do custo que supón para o conello o tratamento do lixo e explicarémoslle que, ademais de ser beneficioso para o medio ambiente, o reciclaxe e compostaxe será beneficiosa económicamente para o concello por canto diminuirá o volumen de lixo a tratar. E non so concienciaremos senón que apoiraremos económicamente estas actividades, a daremos formación ao respecto.
  • Campaña de erradicacións das acacias. As zonas de acacias están medrando día a día, a medida que os incendios queiman os nosos montes. En colaboración con asociacións ecoloxistas levaremos a cabo unha campaña de erradicación das mesmas.

5. Actividade económica e industrial


  • Creación de chan industrial. Se fose posible recuparemos o proxecto do Val da Rabeda, se a Xunta de Galicia non está pola labor desenvolveremos un novo proxecto. O noso obxectivo é crear un mínimo de 300.000 metros cuadrados nesta lexislatura.
  • Axudas para novos empresarios. Unha vez que hax chan industrial haberá que atraer empresarios e para iso estudiaremos medidas de apoio, exencions fiscais e outras medidas.
  • Acadar para o Mesón a estación de mercadorías de Ourense. Temops que poñer en valor a estación do Mesón e unha oportunidade inmellorable xurde coa saída das mercadorías da estación do Empalme, loitaremos para que veña para Taboadela.
  • Legalización das empresas radicadas no Concello. Hai moitas empresas no concello que operan de xeito ilegal, non é o noso obxectivo pechalas pero si favorecer a súa legalización para que empezen a tributar como o resto de veciños.

6. Xestión transparente e participación cidadá


  • Celebracións dos plenos do Concello polas tardes, para fomentar a asistencia do pobo. Queremos que a xente se achegue ao concello, que coñeza o seu funcionamento e para iso faremos o posible para que a asistencia de público aos plenos sexa a norma e non a excepción, como agora.
  • Publicación na web e nos taboleiros das actas dos plenos e comisións de goberno. Esa é información públcia que debe ser coñecida por todos.
  • Publicación das contas do Concello. Non pode quedar a menor dúbida da honestidade dos gobernantes e para iso non hai cousa mellor que poñer as contas a disposiciónd a xente. Cada céntimo que se gaste no concello será coñecido por todos os veciños.
  • Reunión trimestral do grupo de goberno cos representantes veciñais, visitando as distintas parroquias. Queremos coñecer os problemas da xente a para iso iremos a falar con todos, sin esperar a que veñan á Casa do Concello.
  • Creación dun consello de participación cidadá. Neste consello haberá represenantes de todos os colectivos e sectores sociais e terá unha participación activa na elaboración dos presupostos anuais do concello.
  • Fomento do asociacionismo e apoio administrativo e económico as diferentes asociacións. Acabouse o oscurantismo no apoio as asociacións, todas serán apoiadas por igual, en función do criterios obxectivos: número de socios, actividades desenvolvidas, etc.

7. Educación, deporte e cultura


  • Apoio incondicional á escola infantil e solicitude dunha galescola. Asinaremos un convenio coa APA da escola infantil para garantirlle unha dotación económcia anual coa que pdoas facer frente ao transprte escolar entre outras cousas.
  • Creación das escolas deportivas municipais e apoio ao deporte de base: futbol, ciclismo, atletismo, etc. Inculcaremos non mais novos o gusto polo deporte afastandos así de outras actividades mais nocivas.
  • Creación dunha escola municipal de música. Coñecemos as iniciativas e o interese de varias asociación ao respecto pero pensamos que se precisa unha escola municipal de música, co apoio financieiro do concello.
  • Aproveitamento das infraestrucras existentes: piscina, polideportivo, pistas deportivas dos pobos, etc. Non basta con crear infraestructuras, hai que darlle uso e para iso propoñemos un plan de cursos, torneos, exhibicións, etc que atraia á xenta as mesmas.
  • Apoio as actividades de formación para adultos: artesanía, saúde, igualdade, etc. Unha persoa formada é unha persoa mais libre e mais amante do seu patrimonio. Nos poremos en marchar un plan de formación para adultos en colaboración coas asociacións do concello.
  • Valorización do noso patrimonio histórico. Temos elementos de moito interese cultural que compre poñer en valor: muiños, roteiros, pobos señoriais, fontes, igrexas, etc.
  • Limpeza e sinalización dos camiños tradicionais. Sinalaremos roteiros, limparemos camiños, crearemos zonas de descanso. 
  • Fomento da lectura. Crearemos unha rede de bibliotecas en colaboración coas asociacións, estableceremos unspremios anuais aos mellores lectores, faremos contacontos para nenos, etc.
  • Proxeccións cinematográficas, ao aire libre no verán. Crearemos un cine itinerante polos pobos do concello con proxeccións ao aire libre potenciando o cine en galego.
  • Creación dun museo municipal e establecemenos de obradoiros de restauración e catalogación de antigüidades.

Sem comentários: