02 maio 2011

Candidatura do BNG de Taboadela


Aqui vos amososo a foto de grupo dos compañeiros que me acompañan na candidatura para estas eleccións municipais. De esquerda a dereita están:
Pilar Prado, pintora por vocación e empresaria no sector da videovixilancia, veciña de Silvoso.
Antonio Blanco, licenciado en física e actualmente traballando como meteorólogo no sector das enerxías renovables, veciño de Pazos ainda que reside en Santiago de Compostela.
María Teresa Feijoo, funcionaria do INSS na Coruña, veciña de Abeledo.
José Manuel Prieto ( o Carabinas para os veciños), funcionario do Ministerio do Interior, veciño da Reguenga.
Mª Esther Losada, funcionaria de Facenda e veciña de Pazos.
Xosé Antón Vila (eu mesmo), doutor en física, profesor da Universidade de Vigo e actual concelleiro do BNG, veciño de Silvosiño.
Diana Sanromán, licenciada en Psicoloxía e veciña de Taboadela, ainda que actualmente cursa un Master en Santiago de Compostela.
Manuel Vila, ex-concelleiro do BNG e traballador de Telefónica, veciño de Silvoso.
Noelia Currás, diplomada en Traballo Social e veciña de A Telleira.
José Manuel Reguengo, técnico de ascensores, actualmente construe a súa casa en Taboadela pero é natural do Pumar.

Ese día estaban ausentes duas persoas e por eso aparecen no recadro, son:
Beatriz Cid, funcionaria do Estado e destinada actualmente en Toledo, natural de Pazos.
Beatriz Currás, administrativa e veciña de Santa Leocadia.

Como vedes trátase dunha candidatura de xente nova, 7 persoas repiten respecto da candidatura de fai 4 anos e incorpóranse 5 persoas novas. Dende logo son xente con moitas ganas de traballar, con moitas ideas e sobre todo con moita ilusión.

En próximas entradas no blog vos falarei mais polo miudo de alguns deles e masi irei desgranando alguns aspecto do noso programa electoral.

3 comentários:

bngtaboadela disse...

Para ver a foto completa premede nela.

Anónimo disse...

Animo rapaces ,vexo que hai moita xente nova.Neste concello levamos máis de 30 anos vendo as mismas caras, temos ganas de cambiar.,pois o único que cambiou foron as beirarruas que temos dabondo.
Animo (a por eles que son poucos e cobardes)

Anónimo disse...

para contestar ó comentario anterior , levamos dende o ano 72 co mesmo goberno,dende tempos de Franco.con eso xa está todo dito.
Adiante mozos