Despois de días de traballo agotador a campaña electoral vai acdando o seu final. Persoalmente considero que as campañas son unha perda de cartos, de tempo e unha agresión innecesaria para o medio ambiente. Por outra parte teñen unha cousa boa: obriganos a todos a percorrer os pobos do concello, a falar coa xente e a coñecer de primeira man o estado do concello.Ainda que xa o sabiamos, vemos como as preocupacións da xente son a falla de transporte, a ausencia de axuda nos momentos en que a precisaron, o problema da vivenda. Ao longo deste percorrido vimos buratos nas rúas, feismos ao pro maior, herba sen cortar, contedores do lixo en pésimo estado, etc. En conxunto moito abandono, moito atraso, moita deixadez.
O 99% da xente coa que falamos anímanos, dinos que temos que botar ao alcalde porque leva moitos anos sen facer nada, prométenos o seu voto ... pero non imos acadar o 99% dos votos... supoñemos. Logo algo pasa, será que non nos dixeron a verdade, será que o pensaron mellor, será que colleron medo, será polo carrexo do PP ... que os votos son os de sempre.
Pois que saiban todos os veciños de Taboadela que o BNG seguirá actuando como sempre, academos ou non a maioría precisa para desaloxar ao PP do goberno. Se o acadamos e temos que gobernar farémolo ... seguro que mellor que os de agora. E se non a acadamos e temos que continuar na oposición pois faremso oposición. O que seguro que non poderemos dende a opisición é mellorar o concello, resolver os problemas da xente, actuar no entorno, construir vivendas, etc.
O BNG quere comprometerse con Taboadela pero para iso necesitamos gobernar, co voso aopio conseguiremolo.
Sem comentários:
Enviar um comentário