Estamos no día despois, no día para reflexionar sobre o resultado das eleccións municipais. Os resultados de Taboadela resumense nunha palabra: continuidade. O PP segue a manter a maioría absoluta con 5 concellais ... cos mesmos 5 concellais que nesta lexislatura. O PSOE mantén os sues 2 concellais e o VE-TA e o BNG un cada un.
Unha vez mais Taboadela votou continuismo, vese que somos minoría os que pensamos que neste concello pasa os días sin pena nin gloria, sin avanzar, acumulando retraso e retraso, enm fin ...
Unha anślise mais polo miudo arroxa algún dato interesante. Por primeira vez o PP baixa do 50% dos votos, en concreto acadou 560 votos, o 48.74%.
Outro dato interesante, se xuntásemos osvotos de VE-TA e BNG acadariamos 3 concelleiros e o PP perdería un. Queda claro que as divisións nunca foron boas ...
Como indicaba no título non sei moi ben con que calificativo indicar o meu esatdo de ánimo. Por unha parte resignación ante o que parece non ter fin, por outra rabia por ver como o que se premia son os métodos do pasado, o carrexo, as ameazas, o cambalache de favores, o enchufismo. Por outra magoa, pror que as cousa podería ter sido doutro xeito, magoa de pensar que se cadra tivemos que facer algo mais, que se cadra tamén fallamos nos.
Pero se algo teño e mentalidade positiva, se alguén pensa que o vou deixar vai listo, seguiremos na mesma liña, pelexando, protestando e axudando no que se poda. Compañeiros e amigos, o mundo non se acabda aqui, nin moito menos. Hai unha cousa na que non nos gana ninguén: sentimos orgullosos de loitar pola xente, de axudalos, de protestar ante as inxusticias. NO BNG NIN SOMOS MANGANTES, NIN CACIQUES, NIN ESCRAVOS DE NINGUÉN, SOMOS XENTE HONRADA E LIBRE !!!
Veciñas e veciñas de Taboadela, graciñas a todos aqueles que nos votastes, lamentablemente non poderemos poñer en prácticas os nosos proxectos, pero si poderemos denunciar as irregularidades, os tratos de favor, as inxusticias. Pedimos a vos acolaboración para iso, por favor facédenos chegar as vosas queixas, avisádenos das inxustizas que vexades. NOS NON DAMOS AS COSTAS A NINGUÉN, NIN PEDIMOS NADA A CAMBIO, CUN "GRAZAS AMIGO" TEMOS MAIS QUE SUFICIENTE.
23 maio 2011
17 maio 2011
A campaña política vai rematando
Despois de días de traballo agotador a campaña electoral vai acdando o seu final. Persoalmente considero que as campañas son unha perda de cartos, de tempo e unha agresión innecesaria para o medio ambiente. Por outra parte teñen unha cousa boa: obriganos a todos a percorrer os pobos do concello, a falar coa xente e a coñecer de primeira man o estado do concello.Ainda que xa o sabiamos, vemos como as preocupacións da xente son a falla de transporte, a ausencia de axuda nos momentos en que a precisaron, o problema da vivenda. Ao longo deste percorrido vimos buratos nas rúas, feismos ao pro maior, herba sen cortar, contedores do lixo en pésimo estado, etc. En conxunto moito abandono, moito atraso, moita deixadez.
O 99% da xente coa que falamos anímanos, dinos que temos que botar ao alcalde porque leva moitos anos sen facer nada, prométenos o seu voto ... pero non imos acadar o 99% dos votos... supoñemos. Logo algo pasa, será que non nos dixeron a verdade, será que o pensaron mellor, será que colleron medo, será polo carrexo do PP ... que os votos son os de sempre.
Pois que saiban todos os veciños de Taboadela que o BNG seguirá actuando como sempre, academos ou non a maioría precisa para desaloxar ao PP do goberno. Se o acadamos e temos que gobernar farémolo ... seguro que mellor que os de agora. E se non a acadamos e temos que continuar na oposición pois faremso oposición. O que seguro que non poderemos dende a opisición é mellorar o concello, resolver os problemas da xente, actuar no entorno, construir vivendas, etc.
O BNG quere comprometerse con Taboadela pero para iso necesitamos gobernar, co voso aopio conseguiremolo.
10 maio 2011
Programa electoral do BNG para Taboadela
Programa electoral
municipais 2011
Estes son os 7 puntos básicos do noso programa electoral:
1. Benestar social
- Plan integral de atención aos maiores no fogar. Potenciaremos o programa de axuda a domicilio e o xantar sobre rodas, apoiaremos o voluntariado, faremos un seguimento persoal dos nosos maiores: queremos coñecelos un por un para saber dos seus problemas e necesidades.
- Programa de actividades para maiores. Farémolo en colaboración coas asociación, desenvolvendo un plan integral no que participarían todas elas. Haberá ximnasia de mantemento, obradoiros tradionais, viaxes organizados, festivais culturais, etc.
- Ampliación do centro de día e residencia de maiores. O número de prazas é claramente insuficiente, hai que duplicalo para atender a demanda e para o que a súa xestión sexa mais rendible.
- Creación do premio anual “Recaredo Paz” destinado a premiar a unha persoa do Concello ou da provincia que traballase desinteresadamente polos demais, especialmente polo maiores,nenos, minusválidos, inmigrantes, etc.
2. Política de vivenda e infraestructuras
- Plan municipal de vivenda social. En Taboadela non hai vivendas socias e pensamos que fan falla. Trataremos de facer nesta lexislatura un mínimo de 30 vivendas.
- Plan de rehabilitación nos núcleos rurais. No concello hai moitos núcleos rurais semiabandanados, non podemos dexialos morrer. Destinaremos cada ano unha partida de cartos para mercar, restaurar e poñer en venda ou aluguer 10 vivendas.
- Impulso para o desenvolvemento de plans sectorias en Pereiras e Espiñeiro. Son as dúas zonas con mais posibilidades de expansión pero precisan de axuda para que os propìetarios poidan desenvolver plans sectorias, nos daremoslle o apoio que precisen.
- Construcción dun tanatorio municipal. Os minivelatorios que se están a construir nas parroquias non son a solución, nin xiquera son legais. Nos propoñemos a construcción dun tanatorio municipal, legal, limpo e funcional.
- Habilitación de locais municipais en todas as parroquias. En parroquias como Taboadela non hai locais para que as asociacións desenvolvan as súas actividades. Nos comprometémosnos a habilitar polo menos un local en cada parroquia e a cedelo as asociacións que nolo soliciten.
3. Transporte público e novas tecnoloxías
- Ampliación das liñas e frecuencias do transporte público. Temos un transporte público penoso e imos apeor. Comprometémosnos a melloralo para dispoñer como mínimo de 4 frecuencias diarias no traxecto Allariz-Taboaela-Ourense e a lo menos unha frecuencia diaria entre cada pobo e Taboadela.
- Convenio coa Consellería de Educación para empregar o transporte escolar. Incomprensiblemente Taboadela non asinou o convenio para que a xente poda empregar o transporte escolar. Nos conseguiremos que as liñas que van cara o IES Univ. laboral e o CEIP de Seixalvo se sumen as liñas de transporte ordinarias.
- Acceso a Internet para todos. Non pode ser que no século XXI hax aínda en Taboadela zonas sen acceso a Internet e con mala cobertura de TV. Temos a firme convicción de acabar con esa tacha nesta lexislatura.
- Formación en novas tecnoloxías. Non chegar con ter acceso a Intern requírese coñecemento. Nos organizaremos cursos itinerantes de formación para que todas as persoas aprendar a navegar por Internet, facer trámites administrativos e manexen as aplicacións ofimáticas básicas.
4. Medio ambiente
- Limpeza dos cauces dos ríos e habilitación de paseos fluviais. Non temos moitos ríos pero hai que aproveitar o que hai. Estableceremos acordos coa confederación hidrográfica para limpar o río Barbaña, habilitar paseos ao seu carón, crear zonas de lecer no seu entorno, etc.
- Fomento de iniciativas silvo-pastorís que axudan a manter limpo o monte. Hai zonas no concellos que están convertidas nun bosque improductivo. Nos apoiremos iniciativas de limpeza e explotación dos mesmos.
- Instalación dun punto limpo no concello. Estamos comprometidos co medio ambiente, coa recicllaxe e coa clasificación do lixo, Pero hai que facilitarlle o traballo a xente e por iso crearemos un punto limpo no que entregar os refugallos.
- Fomento do compostaxe e reciclaxe doméstico. Concienciaremso a xente do custo que supón para o conello o tratamento do lixo e explicarémoslle que, ademais de ser beneficioso para o medio ambiente, o reciclaxe e compostaxe será beneficiosa económicamente para o concello por canto diminuirá o volumen de lixo a tratar. E non so concienciaremos senón que apoiraremos económicamente estas actividades, a daremos formación ao respecto.
- Campaña de erradicacións das acacias. As zonas de acacias están medrando día a día, a medida que os incendios queiman os nosos montes. En colaboración con asociacións ecoloxistas levaremos a cabo unha campaña de erradicación das mesmas.
5. Actividade económica e industrial
- Creación de chan industrial. Se fose posible recuparemos o proxecto do Val da Rabeda, se a Xunta de Galicia non está pola labor desenvolveremos un novo proxecto. O noso obxectivo é crear un mínimo de 300.000 metros cuadrados nesta lexislatura.
- Axudas para novos empresarios. Unha vez que hax chan industrial haberá que atraer empresarios e para iso estudiaremos medidas de apoio, exencions fiscais e outras medidas.
- Acadar para o Mesón a estación de mercadorías de Ourense. Temops que poñer en valor a estación do Mesón e unha oportunidade inmellorable xurde coa saída das mercadorías da estación do Empalme, loitaremos para que veña para Taboadela.
- Legalización das empresas radicadas no Concello. Hai moitas empresas no concello que operan de xeito ilegal, non é o noso obxectivo pechalas pero si favorecer a súa legalización para que empezen a tributar como o resto de veciños.
6. Xestión transparente e participación cidadá
- Celebracións dos plenos do Concello polas tardes, para fomentar a asistencia do pobo. Queremos que a xente se achegue ao concello, que coñeza o seu funcionamento e para iso faremos o posible para que a asistencia de público aos plenos sexa a norma e non a excepción, como agora.
- Publicación na web e nos taboleiros das actas dos plenos e comisións de goberno. Esa é información públcia que debe ser coñecida por todos.
- Publicación das contas do Concello. Non pode quedar a menor dúbida da honestidade dos gobernantes e para iso non hai cousa mellor que poñer as contas a disposiciónd a xente. Cada céntimo que se gaste no concello será coñecido por todos os veciños.
- Reunión trimestral do grupo de goberno cos representantes veciñais, visitando as distintas parroquias. Queremos coñecer os problemas da xente a para iso iremos a falar con todos, sin esperar a que veñan á Casa do Concello.
- Creación dun consello de participación cidadá. Neste consello haberá represenantes de todos os colectivos e sectores sociais e terá unha participación activa na elaboración dos presupostos anuais do concello.
- Fomento do asociacionismo e apoio administrativo e económico as diferentes asociacións. Acabouse o oscurantismo no apoio as asociacións, todas serán apoiadas por igual, en función do criterios obxectivos: número de socios, actividades desenvolvidas, etc.
7. Educación, deporte e cultura
- Apoio incondicional á escola infantil e solicitude dunha galescola. Asinaremos un convenio coa APA da escola infantil para garantirlle unha dotación económcia anual coa que pdoas facer frente ao transprte escolar entre outras cousas.
- Creación das escolas deportivas municipais e apoio ao deporte de base: futbol, ciclismo, atletismo, etc. Inculcaremos non mais novos o gusto polo deporte afastandos así de outras actividades mais nocivas.
- Creación dunha escola municipal de música. Coñecemos as iniciativas e o interese de varias asociación ao respecto pero pensamos que se precisa unha escola municipal de música, co apoio financieiro do concello.
- Aproveitamento das infraestrucras existentes: piscina, polideportivo, pistas deportivas dos pobos, etc. Non basta con crear infraestructuras, hai que darlle uso e para iso propoñemos un plan de cursos, torneos, exhibicións, etc que atraia á xenta as mesmas.
- Apoio as actividades de formación para adultos: artesanía, saúde, igualdade, etc. Unha persoa formada é unha persoa mais libre e mais amante do seu patrimonio. Nos poremos en marchar un plan de formación para adultos en colaboración coas asociacións do concello.
- Valorización do noso patrimonio histórico. Temos elementos de moito interese cultural que compre poñer en valor: muiños, roteiros, pobos señoriais, fontes, igrexas, etc.
- Limpeza e sinalización dos camiños tradicionais. Sinalaremos roteiros, limparemos camiños, crearemos zonas de descanso.
- Fomento da lectura. Crearemos unha rede de bibliotecas en colaboración coas asociacións, estableceremos unspremios anuais aos mellores lectores, faremos contacontos para nenos, etc.
- Proxeccións cinematográficas, ao aire libre no verán. Crearemos un cine itinerante polos pobos do concello con proxeccións ao aire libre potenciando o cine en galego.
- Creación dun museo municipal e establecemenos de obradoiros de restauración e catalogación de antigüidades.
02 maio 2011
Candidatura do BNG de Taboadela
Aqui vos amososo a foto de grupo dos compañeiros que me acompañan na candidatura para estas eleccións municipais. De esquerda a dereita están:
Pilar Prado, pintora por vocación e empresaria no sector da videovixilancia, veciña de Silvoso.
Antonio Blanco, licenciado en física e actualmente traballando como meteorólogo no sector das enerxías renovables, veciño de Pazos ainda que reside en Santiago de Compostela.
María Teresa Feijoo, funcionaria do INSS na Coruña, veciña de Abeledo.
José Manuel Prieto ( o Carabinas para os veciños), funcionario do Ministerio do Interior, veciño da Reguenga.
Mª Esther Losada, funcionaria de Facenda e veciña de Pazos.
Xosé Antón Vila (eu mesmo), doutor en física, profesor da Universidade de Vigo e actual concelleiro do BNG, veciño de Silvosiño.
Diana Sanromán, licenciada en Psicoloxía e veciña de Taboadela, ainda que actualmente cursa un Master en Santiago de Compostela.
Manuel Vila, ex-concelleiro do BNG e traballador de Telefónica, veciño de Silvoso.
Noelia Currás, diplomada en Traballo Social e veciña de A Telleira.
José Manuel Reguengo, técnico de ascensores, actualmente construe a súa casa en Taboadela pero é natural do Pumar.
Ese día estaban ausentes duas persoas e por eso aparecen no recadro, son:
Beatriz Cid, funcionaria do Estado e destinada actualmente en Toledo, natural de Pazos.
Beatriz Currás, administrativa e veciña de Santa Leocadia.
Como vedes trátase dunha candidatura de xente nova, 7 persoas repiten respecto da candidatura de fai 4 anos e incorpóranse 5 persoas novas. Dende logo son xente con moitas ganas de traballar, con moitas ideas e sobre todo con moita ilusión.
En próximas entradas no blog vos falarei mais polo miudo de alguns deles e masi irei desgranando alguns aspecto do noso programa electoral.
Subscrever:
Mensagens (Atom)
