O pasado día 31 de marzo celebrouse o pleno ordinario trimestral do cal vos resumo o mais interesante.
Mocións do gruipo mixto. O compañeiro do VETA defendou dúas mocións, unha pedindo a incorporación do Concello á rede de dinamización da Xunta e a outra pedidno que se faga un proxecto para mercar e rehabilitar unha casa en Taboadela e se pida financiación de Avinza, pensando no seu uso por parte da asociación de veciños. A primeria foi aceptada ... outra cousa é que se faga algo ou simplemente se deixe correr. A segundo foi rechazada. No debate desta moción o alcalde obsequiounos con outra das súas "perlas". Dixo: "cada home ten o que merece na vida, e cada pobo tamén" .... toma!!!!!
Aprobouse por unanimidade tamén unha modificación de PXOM relativa á creación de solo industrial na zona donde están as naves do Jesús, preto de Soutomaior.
Debate dos presupostos:
PSOE: Saiu o tema da necesaria modificación do PXOM para solucionar o problemas do Espiñeiro e mais de Pereiras en relación co cal Jaun, o concellal de obras, Juan dixo que non hai necesidade, textualmente: "quen se ten manifestado aqui por iso? entón?". Do cal se deduce que considera que so hai interés cando hai manifestación, en conclusión que en Taboadela non hai necesidade de nada ... porque manifestación que eu saiba nunca houbo ningunha.
VETA: Pide que se aproben os presupostos a tempo, que nunca se fai. En relación con iso di o alcalde que facer os presuposto é fácil "... total é facer fotocopias". Outra perla mais do alcalde: " o que ten vantaxes ten inconvintes" .... Dios, candta sabiduría!
Neste debate ao alcalde escapouselle o que supoño será a súa promesa estrela na vindeira campaña electoral, dixo: " vaise desenvolver o val da Rabeda".
Os presupostos aprobáronse por 5 votos e favor e 4 en contra.
Preguntas do PSOE:
¿Onde se vaiconstriur o parque infantil? No monte de San Xoan
Preguntas do BNG:
¿Hai algo asinado coa APA da escola infantil? Non
Preguntas do VETA:
Asinouse un convenio de 22.000 € recentemente, para que? Para mellorar as calzadas de Pasadán, San Jorge, Telleria, Silvosiño e Xociños.
A última obra das beirarrúas do Espiñeiro, financiouna Política territorial? Prmeiro respostasn que non se sabe de onde ven, logo o alcalde di que "é pola jeta do alcalde".
¿Canto cosa a escultura de bronce do polideportivo do San Xoan? 20.000 € (ollo, non me equivoquei, mais de 3 millons de pesetas)
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
2 comentários:
E increible a facilidade que ten o SR Alcalde de dar resposta os problemas deste concello.Fai uns anos o grupo de goberno, o sexa, o alcalde publicaba un libriños informativos onde nos contaba as obras que realizaba,os ingresos e os gastos,cabe decir acá,que nunca habia débedas,os ingresos e os gastos coincidian ata a última peseta, iso xa pasou a historia,porque agora non se nos informa de nada por parte do grupo de goberno,o mellor é porque as contas non van tan ben.
Para que o Sr Alcalde (¿Sr?é un dicir) deixe o seu sitio penso que habería que loitar por unhas ideas firmes e non loitar uns contra outros como se ven facendo dende que teño uso de razón. Eu como habitante do pobo ainda non coñezo quen vai ir nas listas, non teño información de nada! Estaría ben un acercamento á xente, un mitin para dar a coñecer a candidatura. Esta é a miña modesta opinión.
Enviar um comentário