Onte sábado, día 26 o BNG celeborou en Santiago a súa Convención Nacional, para marcar a saída da precampaña cara as eleccións municipais do 22 de maio.
Para min e os compañeiros e compañeiras de Taboadela que alí estivemos resultou un acto fermoso.
Gustariame que moitos de vos escoitarades as verbas de varios alcaldes do BNG, moitos deles descoñecidos porque non saen na tele nin nos xornais todas as semanas, pero cheos de ilusión, de gañas, de amor polo seu pobo. Especialmente impactaronme as palabras da alcaldesa de Tomiño e o alcalde de Manzaneda. Non teño ningunha dúbida de que eses concellos seguirán tendo a sorte de contar con alcaldes inmellorables.
Falando xa das cidades ali estaba o alcalde de Pontevedra. Non sei se tendes visitado últimamente esa cidade, recoméndovolo, veredes a pegada do BNG. Onde temos a maioría suficiente para poñer en práctica as nosas ideas nótase.
Pero despois do soño ven a realidade e un pregúntase: que mal fixemos en Taboadela para merecer este goberno municipal? alguén o identificaría con ilusión, savia nova, século XXI, cultura, orgullo? ... eu non!
Como di o noso himno ... os tempos son chegados ...
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário