27 março 2011

Que pasa en Islandia?

Fai uns días lin un comentario no Facebook que me fixo reflexionar. Falaba da reacción do pobo islandés ante a crise. Cando o lin non o crin, pensei que se trataba do típico bulo que alguén lanza e empeza a medrar e medrar.
O que alí se contaba era que, o goberno islandés, no ano 2008, ante a deuda inmensa que determinados bancos islandeses contraeran con outros bancos ingleses e americanos, pediulle ao pobo unha contribución extraordinaria para saldar esa deuda.
O pobo botouse a rúa e conseguiu a dimisión dese goberno e a convocatoria de novas eleccións. O novo goberno de coalición socialdemócrata-verdes, negociou un mellor trato con eses bancos extranxeiro, pero de novo a xente non estivo de acordo a negouse a pagar. É mais, iniciaronse procesos contra os responsables da crisis: banqueiros, políticos, etc.
Eu non sei como está o conflicto nese momento pero estou seguro que a resolución será moito mais ventaxosa que simplemente facer o que nos manden dende fora ... a que vos sona esto, se cadra a cando Zapatero vai preguntar a Bruselas o que ten que facer?

Mais información en: http://www.elpais.com/articulo/primer/plano/Islandia/queda/felicidad/elpepueconeg/20100117elpneglse_2/Tes

Despois dun par de anos malos parece que empezan a remontar e a medrar pero, deixaranos tranquilos o resto de gobernos? Está claro que son un mal exemplo, e se a outros países se lle pasa pola cabeza seguir o seu exemplo? De momento os poderes fácticos téñeno claro: silencio informativo, ou é que vos escoitarades antes algo disto?

Este mes está de actualidade Portugal pola súa negativa a aprobar as medidas económicas solicitadas polo presiente, o que provocou a súa dimisión. É malo isto? Pode parecer que si pero eu non o teño tan claro, xa veremos o que fai o novo goberno e despois falaremos.

Por certo, xa que falamos de Islandia, fai unhas semanas lin un interesante libro de Amin Maalouf chamado "Identidades asesinas" do que agora non procede falar pero no que se menciona a Islandia como exemplo de pobo comprometido co seu idioma, o islandés, e do xeito en que o compatibilizan perfectamente co inglés e mesmo co danés ou o alemán... e so son 300.000 ...

Convención nacional

Onte sábado, día 26 o BNG celeborou en Santiago a súa Convención Nacional, para marcar a saída da precampaña cara as eleccións municipais do 22 de maio.
Para min e os compañeiros e compañeiras de Taboadela que alí estivemos resultou un acto fermoso.
Gustariame que moitos de vos escoitarades as verbas de varios alcaldes do BNG, moitos deles descoñecidos porque non saen na tele nin nos xornais todas as semanas, pero cheos de ilusión, de gañas, de amor polo seu pobo. Especialmente impactaronme as palabras da alcaldesa de Tomiño e o alcalde de Manzaneda. Non teño ningunha dúbida de que eses concellos seguirán tendo a sorte de contar con alcaldes inmellorables.
Falando xa das cidades ali estaba o alcalde de Pontevedra. Non sei se tendes visitado últimamente esa cidade, recoméndovolo, veredes a pegada do BNG. Onde temos a maioría suficiente para poñer en práctica as nosas ideas nótase.
Pero despois do soño ven a realidade e un pregúntase: que mal fixemos en Taboadela para merecer este goberno municipal? alguén o identificaría con ilusión, savia nova, século XXI, cultura, orgullo? ... eu non!
Como di o noso himno ... os tempos son chegados ...