Onte saía na prensa a noticia de que o programa "TES+bus" ampliaba o seu ámbito. Mediante este programa promovido pola Xunta de Galicia, o transporte escolar é empregado no rural, donde hai pouco transporte público, para ofrecer servizo á cidadanía. n Ourense incorporáronse 9 concellos novos e ampliaronse rutas en outros ... e Taboadela ... pois coma sempre: aqui non saben de que vai iso.
Na seguinte dirección podedes consultar a lista de Concellos que participan e as liñas que teñen:
http://cmati.xunta.es/portal/cidadan/pid/2038
Veredes que está Allariz, Ourense, Xunqueira de Ambía, A Merca, ...
Non é a primeira vez que lle plantexamos ao noso Alcalde en pleno este tema, por que non o impulsa? ... porque non quere? porque non sabe? porque non lle deu por ahi? porque a xente non lle protesta?... el saberá por qué.
En definitiva outro exemplo maís ... e xa van moitos, de que en Taboadela o tempo pasa mais amodo que noutros sitios, que rixe a política de "non molestar por favor", que salvo que a oposición se poña facer ruído sobre un tema as cousas deixanse "enriba da mesa" polo séculos dos séculos.
Recoméndovos que asistades a un pleno do Concello, recibiredes unha lección de historia, un exemplo práctico de goberno absolutista, unha reminiscencia do "ordeno y mando". O ano pasado chegamos a ter un pleno de 5 minutos donde o Alcalde abriu a sesión e a pechou, sen deixarlle abrir a boca á oposición... bueno remato que me quento e eso non é bo!
Canto tempo mais seguiremos así?
14 janeiro 2011
11 janeiro 2011
Mediación en conflictos e a fin de ETA
Hoxe a banda terrorista ETA emitiu un comunicado que, aínda que non ideal, supón un paso adiante cara o fin do terrorismo en Euskadi. Congratulome por iso e espero que a obcecación de algúns líderes políticos non nos leve ao fracaso outra volta mais. Espero que non se trate de sacar réditos políticos disto, que non se bote mais leña ao lume ... porque non nos engañemos, a algúns vaille moi ben que siga existindo o problema do terrorismo!
Non creo nas coincidencia pero hoxe estiven escoitando unha conferencia en Internet dunha persoa que se adica a mediar en conflictos internacionais, que ten estado en Chechenia, Sudáfrica, Venezuela, Colombia, Oriente Médio, ... A charla está en inglés pero ten subtítulos en castelán: recoméndovola (http://www.ted.com/talks/william_ury.html) .
A charla titúlase "do camiño do non ao si" e plantexa unha idea moi simple: o camiño para resolver conflictos é buscar "o terceiro lado", a comunidade que rodea ao conflicto, os amigos no caso dun conflicto familiar, os países veciños nun conflicto entre países, etc. Pensade no conflicto posiblemente mais difícil agora mesmo, o árabe-israelí, é irresoluble? Seguro que se o resto de países, no canto de dividirse entre aliados de uns e de outros buscasen os puntos comúns, creasen un clima propicio, axudasen .. pero non con armas, a cousa tería mais posibilidades. O ponente mesmo fai unha proposta concreta: buscar as raíces comúns a xudeos, cristiáns e árabes: Abraham.
Pensando no caso vasco pasa algo parecido. Ao marxe de ETA é claro que hai un conflicto en Euskadi, que hai un sector de poboación independentista, que tampouco os militantes do PP viven moi tranquilos, que a historia lles da a razón a uns ou a outros igualmente, que na época da dictadura se cometeron moitos excesos, ... pero non poderiamos os "países veciños" buscar ese "terceiro lado" ese ambiente propicio, ese clima positivo. En vez de facer manifestacións pola liberdade de Euskadi ou contra o terrorismo porque non ofrecernos como mediadores, por que non buscar vías para que todo o mundo fale, opine, facilite as canles para que as distintas partes poda achegar posturas.
Fai xa varios meses que eu mesmo fixen un curso de mediador en conflictos na Universidade de Vigo no que aprendín moitísimo. É impresionante o que un bo mediador pode facer para resolver conflictos. Prométovos que nese curso traballamos sobre varios supostos que, en principio, parecía que non tiña solución posible, e que finalmente foron resoltos.
Ben, disculpade pola parrafada pero a charla que acabo de escoitar deixoume realmente abraiado, remato cunha frase que sae nesa charla ... e que ben moi ben para os políticos: "fala enoxado e farás o mellor discurso que teñas que lamentar".

Subscrever:
Mensagens (Atom)