Hoxe estava lendo o xornal "La Voz de Galicia" e lin unha nova sobre a rede Wifi que se acaba de inaugurar en Ourense, que vai ampliar o número de puntos de acceso.
A seguinte nova titulábase Santa Leocadia e dixenme ... haber se ten algo que ver e tamén inanugurar unha rede wifi en Santa Leocadia e eu sin enterarme. E dixen por fin, un problema menos en Taboadela, por fin todos os veciños terán acceso a Internet, por fin imos deixar de ser os últimos parvos, por fin alguén escoitou as nosas demandas. Pensei, haberá que celebralo, teño que falar cos meus amigos desa zona do Concello e decirllo por se non leron a nova.
Premo no enlace correspondente e ... vexo que informan da "vida y obra de Santa leocadia", unha martir que viviu no século III. E como no conto da leiteira ... volvemos á crua realidade: uns disfrutan de redes wifi de acceso público e ADSL de 100 Mb e outros seguen co acceso por modem a 56Kb.
Esto non pode seguir asi, teremos que facer como os controladores e paralizar algo para que nos escoiten, ... bueno pero hai que ir con tino porque na cadea non queremos acabar!
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
1 comentário:
E así estamos os que precisamos de internet para traballar. Resultado, se temos guardia non podemos ir o pobo, que alí a 3G non vai, e claro, hai que baixar a oficina ou a Ourense, para resolver as incidencias. E todo esto pegados o Polígono Industrial.
Enviar um comentário