O pasado día 23 de decembro celebrouse o derradeiro pleno do ano, resumo aqui os acordos mais relevantes.
Antes de iniciar o pleno eu, como concelleiro do BNG, lin un escrito decindo que no futuro me absteria de participar nos debates e votacións, como medida de protesta ata que o grupo de goberno solucione dunha vez o problema da escola infantil, tal e como prometera no mes de xuño.
1) Aprobación de actas da sesións anteriores.
Apróbanse con algunha matización feita polo concelleiro do VETA.
2) Moción do camiño do Corgo
Presentada polo PSOE en relación ao estado do camiño co Corgo. O Alcalde di que xa hai varias reclamacións contra a empresa que fixo as obras para que o arranxe.
3) Moción sobre a escola
Presnetada polo PSOE pedindo 3 cousas: darlle solución ao problema do transposte dos rapaces, que se faga un proxecto para trasladala a Lama de Prado e que se ceda o local actual para a AAVV de Taboadela.
Suscítase un acalorado debate, sobre todo entre o Alcalde e o concelleiro do VETA. Finalmente o grupo de goberno acepta a primeira solicitude e rechaza as outras dúas.
4) Moción sobre o río á altura da Venda do Río
Presentada polo PSOE pedindo que se de conta á Confederación Hidrográfica para que limpe o cauce do río. Recházase.
5) Concertación dunha operación de crédito a longo plazo
Aprobouse que o Concello concerte un préstamo de 360.000 € para facre frente aos pagos de 2008,2009 e 2010 relacionados coa nova traída de augas. Aprobouse so cos votos do grupo de goberno.
6) Aprobación da ordenanza pola tasa da piscina.
A partires de agora haberá que pagar para facre uso da psicina, en concreto haberá unha cuota de 18€/ano para as familias empadroadas no Concello e un precio de 1€ para un baño (0.50 € para os nenos). O precio por día para as persoas non empadroadas será de 3 €.
7) Aprobación da ordenanza da tasa polo pabillón.
Para os particulares o prezo será de 15€/hora, para os actos organizados polo Concello, asociacións sen ánimo de lucro, escola infantil, etc gratis. Para asociacións artísticas e culturais 5€/hora+gastos, para espectáculos públicos 100 € hora + gastos. A publicidade cobrarase a razón de 150 € por metro cuadrado e ano.
8) Rogos e preguntas.
Destacamos as seguintes preguntas do concelleiro do VETA
- Cómo foi o contrato dunha persoa para centros de recreo?
- A factura de 2500 € que parace sobre a recollida de lixo despois da festa de Soutomaior é correcta?
- Vaise resolver o concurso de persoal antes das eleccións?
-Rogo transmitido por varias asociacións do concello: solicitar a organización dun curso sobre o manexo de productos fitosanitarios.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário