09 dezembro 2010

De folgas e de alarmas

O título deste artigo copieillo ao compañeiro Carlos Aymerich, dun artigo de opinión publicado no Xornal fai uns días (enlace ao artigo orixinal), supoño que non lle molestará.

O pasado fin de semana todos quedamos impresionados co caos aéreo provocado polo paro dos controladores. Como se trata dun colectivo que cobra salarios astronómicos e parece que traballan poucas horas, pois todo o mundo en contra deles. Ata ahi todo lóxico.

Pasemos agora a analizar a resposta do goberno, contundente, dura, firme e efectiva. En 24 horas conseguiuse o regreso dos controladores e o reinicio dos vos. Por suposto o apoio ao goberno foi case unánime .. teño que recoñecer que entre eles tamén estaba eu.

A medida tomada, o "estado de alarma", non soa tan forte como o "toque de queda" ou o "estado de sitio" pero non deixa de ser unha medida moi excepcional, tomada por primeria vez na democracia e que supón a toma de control por parte dos militares de actividades civís. Non é que eu sexa un "antimilitar" pero cos antecedentes que temos en España hai que recoñecer que produce certo"repelús".

Mais teño que recoñcere que foi o artigo do compañeiro Aymerich o que me abriu realmente os ollos, o que me fixo entender esa repentina firmeza do goberno socialista ... cando en outros asuntos vai a deriva e se amosa feble e desnortado. Non deixa de ser unha hipótese pero ... será que ten algo que ver esta firmeza e esta provocación aos controladores co intento de privatizar AENA.  

En principio moita xente estaria en contra de privatizar os servizos públicos, de venter propiedades do estado para que as empresas fagan negocio ... pan para hoxe e fame para mañá. Pero agora a cousa cambia, agora a xente vai ver a privatizacióin de AENA como unha patada no cu aos controladores, que pasarían a ser traballadore dunha empresa privada e que terian que entenderse con eses novos amos.

Que lección saco eu disto: hai que ser mais precavidos cando xuzgamos feitos que so coñecemos pola prensa ... que xa sabemos en mas de quen está, hai que pensar que os gobernantes non dan puntada sin fío, outro refrán: pensa mal e acertarás

1 comentário:

Eu disse...

Moi bonito pero que se di do tipo de oposion que é a dos controladores aereos? porque motivo se eredan postos de pais a fillos ? se é un posto publico todos temos o mesmo dereito de acceder a el e a verdade non é esa.