28 dezembro 2010

Sube o recibo da luz

O goberno do PSOE acaba de aprobar unha suba do 9.8 % no recibo da luz para o ano que ben. Imos explicar porqué sobe e que podería facer o goberno para evitalo ... se quixese.
Esa suba ben motivada porque supostamente o prezo que nos pagamos pola electricidade non reflicte os custes reais, co cal se supón que as compañías eléctricas están perdemndo cartos (aínda que acumulen millóns de euros de beneficios, ¿vos entendedes iso?).
Un dos factores que inciden nesta subida é o recente decreto do carbón, que prima a producción española, fundamentalmente asturiana, fronte a extranxeira. Este decreto é dobremente lesivo para Galiza por canto vai supor o peche das nosas centrales térmicas, que operan con carbón importado.
Outro factor a ter en conta é como se calcula o precio de producción do Kw. Hai distinats maneira de producir electricidade (centrais térmicas, hidroeléctrcias, etc). Pois ben, o precio do Kw calcúlase polo medio mais caro, se despois as empresas eléctricas o producen mais barato ... pois beneficio para elas.
En resumen, que nos dan polo ... e nos caladiños. Ata cando!
O BNG propón algunhas medidas que permitirían evitar esta suba:
1) derogar o decreto do carbón. Decatádevos do importante que sería que Galiza decidise neste ámbito tamén, e non estar ao que se dispoña dende Madrid. Polo menos poderiamos negociar, e non acatar.
2) Reformar a lei eléctrcia para que o precio do Kw se calcule mais xustamente ... para os consumidores claro!.

Cada día estou mais seguro de que quen goberna en Europa e en España ... e tamén en Galiza, son as grandes empresas: constructoras, enerxéticas, medios de comunicación, etc. De vez en cando permitenlle ao goberno de turno que nos dé un carameliño aos humildes cidadáns para que calemos e xa está. Pronostico que xa teñen preparado un para calmarnos despois desta suba brutal da luz, a maior dos últimos 28 anos.

26 dezembro 2010

Pleno de decembro

O pasado día 23 de decembro celebrouse o derradeiro pleno do ano, resumo aqui os acordos mais relevantes.

Antes de iniciar o pleno eu, como concelleiro do BNG, lin un escrito decindo que no futuro me absteria de participar nos debates e votacións, como medida de protesta ata que o grupo de goberno solucione dunha vez o problema da escola infantil, tal e como prometera no mes de xuño.

1) Aprobación de actas da sesións anteriores.
Apróbanse con algunha matización feita polo concelleiro do VETA.

2) Moción do camiño do Corgo
Presentada polo PSOE en relación ao estado do camiño co Corgo. O Alcalde di que xa hai varias reclamacións contra a empresa que fixo as obras para que o arranxe.

3) Moción sobre a escola
Presnetada polo PSOE pedindo 3 cousas: darlle solución ao problema do transposte dos rapaces, que se faga un proxecto para trasladala a Lama de Prado e que se ceda o local actual para a AAVV de Taboadela.
Suscítase un acalorado debate, sobre todo entre o Alcalde e o concelleiro do VETA. Finalmente o grupo de goberno acepta a primeira solicitude  e rechaza as outras dúas.

4) Moción sobre o río á altura da Venda do Río
Presentada polo PSOE pedindo que se de conta á Confederación Hidrográfica para que limpe o cauce do río. Recházase.

5) Concertación dunha operación de crédito a longo plazo
Aprobouse que o Concello concerte un préstamo de 360.000 € para facre frente aos pagos de 2008,2009 e 2010 relacionados coa nova traída de augas. Aprobouse so cos votos do grupo de goberno.

6) Aprobación da ordenanza pola tasa da piscina.
A partires de agora haberá que pagar para facre uso da psicina, en concreto haberá unha cuota de 18€/ano para as familias empadroadas no Concello e un precio de 1€ para un baño (0.50 € para os nenos). O precio por día para as persoas non empadroadas será de 3 €.

7) Aprobación da ordenanza da tasa polo pabillón.
Para os particulares o prezo será de 15€/hora, para os actos organizados polo Concello, asociacións sen ánimo de lucro, escola infantil, etc  gratis. Para asociacións artísticas  e culturais 5€/hora+gastos, para espectáculos públicos 100 € hora + gastos. A publicidade cobrarase a razón de 150 € por metro cuadrado e ano.

8) Rogos e preguntas.
Destacamos as seguintes preguntas do concelleiro do VETA
- Cómo foi o contrato dunha persoa para centros de recreo?
- A factura de 2500 € que parace sobre a recollida de lixo despois da festa de Soutomaior é correcta?
- Vaise resolver o concurso de persoal antes das eleccións?
-Rogo transmitido por varias asociacións do concello: solicitar a organización dun curso sobre o manexo de productos fitosanitarios.

10 dezembro 2010

Santa Leocadia

Hoxe estava lendo o xornal "La Voz de Galicia" e lin unha nova sobre a rede Wifi que se acaba de inaugurar en Ourense,  que vai ampliar o número de puntos de acceso.
A seguinte nova titulábase Santa Leocadia e dixenme ... haber se ten algo que ver e tamén inanugurar unha rede wifi en Santa Leocadia e eu sin enterarme. E dixen por fin, un problema menos en Taboadela, por fin todos os veciños terán acceso a Internet, por fin imos deixar de ser os últimos parvos, por fin alguén escoitou as nosas demandas. Pensei, haberá que celebralo, teño que falar cos meus amigos desa zona do Concello e decirllo por se non leron a nova.
Premo no enlace correspondente e ... vexo que informan da "vida y obra de Santa leocadia", unha martir que viviu no século III. E como no conto da leiteira ... volvemos á crua realidade: uns disfrutan de redes wifi de acceso público e ADSL de 100 Mb e outros seguen co acceso por modem a 56Kb.
Esto non pode seguir asi, teremos que facer como os controladores e paralizar algo para que nos escoiten, ... bueno pero hai que ir con tino porque na cadea non queremos acabar!

09 dezembro 2010

De folgas e de alarmas

O título deste artigo copieillo ao compañeiro Carlos Aymerich, dun artigo de opinión publicado no Xornal fai uns días (enlace ao artigo orixinal), supoño que non lle molestará.

O pasado fin de semana todos quedamos impresionados co caos aéreo provocado polo paro dos controladores. Como se trata dun colectivo que cobra salarios astronómicos e parece que traballan poucas horas, pois todo o mundo en contra deles. Ata ahi todo lóxico.

Pasemos agora a analizar a resposta do goberno, contundente, dura, firme e efectiva. En 24 horas conseguiuse o regreso dos controladores e o reinicio dos vos. Por suposto o apoio ao goberno foi case unánime .. teño que recoñecer que entre eles tamén estaba eu.

A medida tomada, o "estado de alarma", non soa tan forte como o "toque de queda" ou o "estado de sitio" pero non deixa de ser unha medida moi excepcional, tomada por primeria vez na democracia e que supón a toma de control por parte dos militares de actividades civís. Non é que eu sexa un "antimilitar" pero cos antecedentes que temos en España hai que recoñecer que produce certo"repelús".

Mais teño que recoñcere que foi o artigo do compañeiro Aymerich o que me abriu realmente os ollos, o que me fixo entender esa repentina firmeza do goberno socialista ... cando en outros asuntos vai a deriva e se amosa feble e desnortado. Non deixa de ser unha hipótese pero ... será que ten algo que ver esta firmeza e esta provocación aos controladores co intento de privatizar AENA.  

En principio moita xente estaria en contra de privatizar os servizos públicos, de venter propiedades do estado para que as empresas fagan negocio ... pan para hoxe e fame para mañá. Pero agora a cousa cambia, agora a xente vai ver a privatizacióin de AENA como unha patada no cu aos controladores, que pasarían a ser traballadore dunha empresa privada e que terian que entenderse con eses novos amos.

Que lección saco eu disto: hai que ser mais precavidos cando xuzgamos feitos que so coñecemos pola prensa ... que xa sabemos en mas de quen está, hai que pensar que os gobernantes non dan puntada sin fío, outro refrán: pensa mal e acertarás