Onte o goberno de Marrocos deu outro paso máis no asoballamento do pobo sahariano, precisamente no día en que se ían iniciar conversas formais na sede da ONU entre representantes marroquís e saharianos, coincidencia? seguro que nón. Posiblemente Mohamed VI e os seus compinches tratan de dar mostras claras da súa posición de poder, da súa intención de non abandonar o Sahara, e de negociar "cousiñas" menores, para calmar a eses gobernos occidentais ... bueno mais ben a algúns habitantes deses países porque realmente os gobernos pouca presión están a facer.
Hoxe día 9 o BNG convocou concentracións de apoio ao pobo sahariano en todas as vilas galegas. A foto corresponde á concentración de Ourense, diante da subdelegación do goberno. Xuntámonos unhas 200 persoas, que escoitamos unhas verbas dun representante do frente polisario e mais da portavoz do BNG no concello de Ourense, Isabél Pérez.
Hai que ser moi positivos e estar moi esperanzados cando se ven todas as inxustizas que hai hoxe no mundo (Sahara, Palestina, Afganistán, Sudán, Etiopía, China, ...), como os poderosos cada vez controlan mais todo, como os pobres son cada vez mais pobres, como se xustifican crimes con tal de acadar vantaxes diplomáticas ... e seguir loitando contra vento e marea, contra inimigos que teñen a prensa na súa man, que loitan con diñeiro mais que con armas, contra gobernos servos do banco mundial, do fondo monetario internacional, dos lobbies europeos e americanos, dos propios Estados Unidos, dos fabricantes de armas...
Hoxe mais que nunca quero transmitir unha mensaxe: non podemos quedar calados, hai que protestar, manifestarse, decir basta, que non nos tomen por parvos, que non somos cordeiros. Hai que meterlles medo aos poderosos, hai que ACOJONALOS.
E non digo mais porque me quento.
Por un Sahara libre!!!!

Sem comentários:
Enviar um comentário