19 novembro 2010

Conferencia de Guillerme Vázquez

Hoxe pola mañán asistín á conferencia  que pronunciou Guillerme Vázquez en Ourense, na Facultade de CC Empresariais e Turismo titulada "como afortalar o tecido productivo galego". A min paréceme que pronunciar unha conferencia sobre temas económicos diante dun auditorio de expertos e sin ser economista debe de acojonar ... pero Guillerme saiu bastante ben do apurto.
Ante de nada quero mencionar unha frase do profesor Santiago Lago, organizado do evento moi atinada. Cando presentaba a Guillerme dixo que era o portavoz do BNG, un dos tres partidos maioritario galegos ... bueno, que operan en Galiza, pillastes o matiz?
Non vou resumir a confrencia de Guillerme, mais si contar o que me transmitiu ou o que aprendin na mesma.
Guillerme insistiu moito nas consecuencias económicas das decicións políticas, lembrando que non sempre a economía se move por si soa. Puxo varios exemplos, alguns mi recentes, como o préstamo que o Ministerio de Economia estivo negando aos asteleiros Vulcano ata que a Xunta presionou un pouco, e que puido levar á quebra a empresa e a centos de traballadores á calle.
Neste caso salvouse o asunto pero noutros casos as decisión políticas perxudicaron claramente á Galiza: decreto do carbón, veto á Astano, negociacións pesqueiras en Bruselas, etc.
Outro aspecto que resaltou Guillerme foi a importancia dun maior autogoberno para Galiza, tanto en temas fiscais, como en relacións con Europa, como en política agraria e pesqueira, etc.
En resume unha charla moi amena, moi instructiva e moi necesaria ... lástima que quen ten o poder para cambiar algunahs cousas esté de paseo por Cataluña, ou se cadra xa está en Madrid, vai ti saber, menos en Santiago!!

10 novembro 2010

O noso apoio ao pobo sahariano

Onte o goberno de Marrocos deu outro paso máis no asoballamento do pobo sahariano, precisamente no día en que se ían iniciar conversas formais na sede da ONU entre representantes marroquís e saharianos, coincidencia? seguro que nón. Posiblemente Mohamed VI e os seus compinches tratan de dar mostras claras da súa posición de poder, da súa intención de non abandonar o Sahara, e de negociar "cousiñas" menores, para calmar a eses gobernos occidentais ... bueno mais ben a algúns habitantes deses países porque realmente os gobernos pouca presión están  a facer.

Hoxe día 9 o BNG convocou concentracións de apoio ao pobo sahariano en todas as vilas galegas. A foto corresponde á concentración de Ourense, diante da subdelegación do goberno.  Xuntámonos unhas 200 persoas, que escoitamos unhas verbas dun representante do frente polisario e mais da portavoz do BNG no concello de Ourense, Isabél Pérez.

Hai que ser moi positivos e estar moi esperanzados cando se ven todas as inxustizas que hai hoxe no mundo (Sahara, Palestina, Afganistán, Sudán, Etiopía, China, ...), como os poderosos cada vez controlan mais todo, como os pobres son cada vez mais pobres, como se xustifican crimes con tal de acadar vantaxes diplomáticas ... e seguir loitando contra vento e marea, contra inimigos que teñen a prensa na súa man, que loitan con diñeiro mais que con armas, contra gobernos servos do banco mundial, do fondo monetario internacional, dos lobbies europeos e americanos, dos propios Estados Unidos, dos fabricantes de armas...

Hoxe mais que nunca quero transmitir unha mensaxe: non podemos quedar calados, hai que protestar, manifestarse, decir basta, que non nos tomen por parvos, que non somos cordeiros. Hai que meterlles medo aos poderosos, hai que  ACOJONALOS.

E non digo mais porque me quento.

Por un Sahara libre!!!!

06 novembro 2010

cando se pensa no Concello e non nos colegas de partido

Hoxe tivemos pleno extraordinario no Concello. O primeiro punto era un trámite, a aprobación definitiva do plan especial de infraestructuras do monte do San Xoan. Eu astívenme, non polo plan en si, senón como medida de protesta porque penso que xa vai sendo hora de pensar en modifiacións do PXOM que permitan crear zonas residenciais e industriais.
Teño que decir que antes de empezar o pleno o compañeiro do VETA dixo que a partir dese momento non iba participar en ningunha discusión nin votación en protesta polo incumplemento por parte do grupo de goberno de varios acordos do pleno, especialmente da solución do problema da escola infantil. Eu estou totalmente de acordo con esa protesta e dende logo, se non se trata no vindeiro pleno ordinario tomarei de xeito particular, ou en colaboración co resto de concelleiros da oposición, algunha medida de protesta.
A miña sorpresa veu no segundo punto, no que se tratou o estudio informativo e de impacto ambiental da nova estrada que pretende conectar os polígonos industriais coa A-52. O que se plantexasn son 4 alternativas que parten todas de Santa Marta e rematan na Merca, na actuaal saída da autovía. No seu momento eu, como concellal do BNG xa presentara unha alegación en contra da alternativa 4, a mais lesiva para o noso concello, pois divide aos pobos de Santa Leocadia e A Reguenga.
Pois ben, soprendentemente o Sr. Alcalde comenzou dicindo que a el non lle gustaba ningunha das alternativas porque ningunha delas solucionaba a conexión do futuro parque do Val da Rabeda ... ou se xa que aínda non da por perdido ese parque do cal me alegro MOITÍSIMO.  Cando me tocou o turno amoseille o meu acordo con esta postura, se ben é verdade que opinei que se podía continuar a conclusión decindo que, de optarse por facer unha das alternativas propostas, deberiamos protestas ou alegar contra a dita alternativa 4, por ser a mais mala para o noso Concello. Tamén indiquei que se podía suxerir como posibilidade o desdoblemnto da N-525 entre Santa Marta a Allariz. Con iso daríase saída ao polígono de San Cibrao e tamén ao futuro parque do Val da Rabeda. Aprovouse por unanimidade presentar unha alegación neste sentido.
En conclusión, igual que cando fai as cousas mal  o critico, cando o Sr. Alcalde se comporta como debe, e defende os intereses dos veciños o alabo. Parabens Sr. alcalde !