31 outubro 2010

Xornada de traballo municipal





Este sábado tivemos unha xornada de traballo os concellais e algúns militantes do BNG na comarca de Allairz-A limia-Maceda. Foi unha xornada intensa (dende as 10 da mañán ata as 7 da tarde) pero a verdade é que mereceu a pena. Puidemos coñecer de primeira más as obrigas e as tarefas dos alcaldes do BNG na comarca.
Primeiro estivemos en Vilar de Santos donde o alcalde, Xan,  nos falou nda necesidade de planificación, do importante que é conseguir que os veciños se sintas orgulllos do seu pobo .. e abofé que el o conseguiu! Logo visitamos o parque empresarial que con moito esforzo conseguir crear neste pequeno concello de 1000 habitantes.
Logo visitamos Allariz dende coñecemos obras como a Casa da Mocidade ou o Festival Internacional de Xardíns. O alcalde, Paco, explicounos por exemplo que ainda que pareza que Allariz xa transformada e xa é un referente mundial, ainda teñen moitas ideas e proxesctos ilusionantes para facer medrar e progresar ainda mais esta vila.
Finalmente, xa pola tarde estivemos en Maceda dende nos recibiu o Alcalde, Xavier, e nso explicou o que puideron facer neste 3 anos e medio de goberno. De todos é coñecida a recuperación do Castelo, pero penso que aínda mais importante é que xa conseguiron cambiar o xeito en que os veciños miran ao seus alcalde. En Maceda os plenos son as 8 da tarde e nun local amplo para que todos poida acudir a presencialo, as visitas a pobos rurais son frecuentes, a supervisión persoal das obras, en definitiva a proximidade de alcalde e concellais ao pabo. Se siguen traballando asi nas próximas eleccións mesmo acadarán  amaioría absoluta.
Cando este alcaldes nos comentabasn as potencialidades dos seus concellos e a maneira en que eles as aproveitaban, a min, e supoño que a outros conellais que estamos na oposición, caísenos a alma aos pes, pensadno nas potenciualidades dos nosos propios concellos e no desaprobeitadas que estás. Taboadela está a 12 Km de Ourense, a 5 do polígono de San Cibrao, ten dous enlaces da autovía A-52 e mesmo unha estación de ferrocarril. Por ela pasa o Camiñod e Santiago, o río Barbaña e ... como di un copmpañeiro meu ¡ata os avisóns que van cara Madrid! Cun un pouquyiño de traballo e de iniciativa, como podería estar hoxe Taboadela e como está! Sobran mais explicacións ...

27 outubro 2010

Noitebus

Seguindo esta política de "austeridade"  da Xunta de Galiza seguimos cos recortes sociais. Agora tócalle ao noitebus, un servizo que creo de evidente interese para os xoves ... e os non tan xoves que saen de marcha nas cidades.

Por menos cartos do que gasta a xunta en publicidade poderiase manter ese servizo en todas as cidades galegas pero ... vai ser que non. Bueno, se cadra para os fillos dos ricos non é moito problema, seguro que sempre hai un taxi a man!.

Galiza nova está a recoller sinaturas para pedir que se manteña o servizo. Se queredes sumarvos contactade con nos ou calquera membro de Galiza Nova.

19 outubro 2010

A Xunta de Galicia gasta 4.7 millóns de euros ... inultilmente

Estos días sae na prensa a noticia de que a Xunta de Galicia vai gastar 4.7 millóns de euros en comprar licencias de productos software de Microsoft. O pasado xuño de 2009 xa gastara outros 2 millóns de euros noutro lote de licencias.

Ver noticia no Xornal: http://www.xornal.com/artigo/2010/10/19/politica/xunta-gasta-4-7-millons-no-maior-lote-licenzas-microsoft-da-sua-historia/2010101900230200273.html

Supoño que a moitos de vos vos sona o do "software libre", trátase de programas informáticos que non custan nada, son gratis. Exemplo deste tipo de programas sería o Linux (para sustuir ao Windows), o Openoffice (para sustituir ao word e ao powerpoint) o Firefox (para sustituir ao Explorer). Bueno, se tedes interés en coñecer outro tipo de programas deste tipo recoméndovos este enlace:

 http://webs.uvigo.es/refiedu/Refiedu/Vol1_3/anton.pdf

Outras administracións xa teñen dado o paso a este tipo de productos para aforrar  custos: goberno do Brasil, Xunta de Andalucia, Xunta de Extremadura, Generalitat Valenciana, etc.

A Xunta de Galicia levaba este compromiso no seu programa, pero ao chegar ao poder as promesas esquécense, seguro que pesan mais as comisións, as contrapartidas, as fotos nos xornais, etc.

Ante este despilfarro o BNG ven de presentar unha pregunta parlamentaria sobre este feito ... seguri que nos serve para moito pero polo menos falarase deso nos xornais, e terán que dar algunhas explicacións.
 
 Sobra decir que no Concello de Taboadela o software libre ... non chegou nin se lle espera.