24 setembro 2010

O 29 de setembro folga xeral


A vindeira semana estou de viaxe fora de España e non poderei asistir á folga xeral do día 29. Credemo que o sinto ben. A lo menos participei onte, xunto co meu fillo nun pasarrúas que a CIG organizaou para ir preparando o ambiente para o 29, con música, repartindo folletos, etc.

Non sei se estades convencidos da necesidade desta folga, eu si, e vouvos resumir en poucas palabras o porqué.

Está claro que se trata dunha folga contra a política laboral do goberno, e con iso penso que xa basta. Se algúen ten dúbida que lea o documento seguinte:

Claro que se pode pensar que se a folga fai dano ao PSOE, beneficia ao PP, e por iso non deberiamos apoiala. Eu razono doutra maneira. Está claro que o PSOE está virando cara a dereita cada día, ca cal "o PSOE e o PP a mesma ... é". Se esta folga sirve para que o PSOE vire o rumbo e retome as políticas de protección social, de servizos públicos de calidade, de impostos progresivos directos mais xustos, etc, pois benvido sexa. E senón que se fastidien, ou é que non hai partidos de esquerda en España? ¿?

Seguro que os meus compañeiros do BNG de Taboadela secundarán a folga e acudirán á manifestación das 12 en Ourense. Animádevos ... ou polo meno prometede que o pensaredes!

1 comentário:

Unknown disse...

está claro a folga é xusta e necesaria e senon retifican compre facer máis e pronto senón miren Francia(5ªfolga) para non retrasar a idade de xubilacion aos 62. esta reforma vai crear menos emprego, mais precario, despido case gratis e ainda encima pagámosnos o noso propio despido se o empresario se acolle a un despido por posibles economicos nun¿futuro?. isto e unha vergoña. os ricos mais ricos e os pobres moito mais pobres.

vaya esquerda que temos=que a dereita