Un dos recordos mais fermosos da miña nenez é cando iamos a vindima cos pilos cargados no carro e os rapaces nos adicabamos a pisar as uvas cos pes.
Tamén me lembro, pero xa menos de cando os camiños se facían co traballo de todos os veciños, cada un aportando o que podía.
Hoxe desafortunadamente este espíritu perdeuse a agora o que prima e xuntarse para ... comer.
Eu colaboro coa asociación de veciños "A Rabeda", porque é donde eu vivo e porque me parece un exemplo de armonía veciñal, de colaboración desinteresada, de auténtica comuna. Dende a súa fundación os veciños adecentaron a antiga escola como local de reunións, construiron eles mesmos un galpón (pendello nesta zona) fermoso e agora acaban de preparar unha pista polideportiva (o cemento pulido si o fixo unha empresa a cargo dunha subvención da Xunta de Galicia). A imaxe que acompaña a este texto parécme fermosa: unha ducia de veciños traballando coordinadamente para colocar unha tela metálica a 2 metros de altura.
¿Por qué será que a xente traballa tan agusto nesta asociación? Meus parabéns a súa xunta directiva e por extensión a todos os seus membros ... vaia, para min tamén!
Sem comentários:
Enviar um comentário