O día da patria achégase. Como todos os anos en Santiago vaise celebrar unha manifestación multitudinaria en defensa do noso país. O lema deste ano é "fai valer a túa forza".Pídovos que reflexionedes un pouco sobre esta frase. No mundo de hoxe parece que so valen as influencias, os "enhufes", os caciques, o capitalismo, as apariencias, o trepar polos demais, o egoismo. Creo sinceramente que hai xente que se sinte feliz gañando mais cartos que os demais, tendo o mellor coche, arruinando aos seus enemigos. Envidiase a xente como Amancio Ortega, Baltar, Camps, Jaume Matas, etc. Tipos listos!
Por eso eu preciso ir cada 25 de xullo a Santiago, para darme conta de que hai moita xente en Galiza que sinte orgullo da seu pobo, que valora a súa lingua, que sacrifica moita veces futuros prometedores por ser consecuentre coas súas ideas, que traballa polos demais, que axuda á xente sin esperar recompensa, que é solidaria cos mais desfavorecidos..
Eu dígovos que cando me vexo na praza da Quintana, rodeado de miles de persoas cantando o himno galego ... xa teño enerxía para botar outro ano mais loitando por Galicia, por Taboadela e pola Rabeda. Xa teño motivos para compadecerme dos hipócritas que se arriman á arbore que mais acubilla, de aqueles que cren as últimas mentiras lanzadas ás ondas pola Cope ou por Radio María, dos chivatos do cacique de turno, pobres deles que nunca sentirán o gozo de axudar a un veciño.
Amigas e amigos, espero que tomedes as miñas verbas en positivo, e que compartadas os meus sentimentos: esperanza no futuro, optimismo, confianza na xente ... nos bos e xenerosos!
Galiza, nación! o 25 de xullo a Santiago!