06 junho 2010

A escola infantil en perigo

Onte chegáronme rumores de que é moi probable que peche a escola infantil de Taboadela. Xa levamos varios anos en serio risco porque o número de nenos que acoden á mesma é moi baixo (6-10 nenos por ano), o que o sitúa nos límites impostos pola consellería para mantela aberta.

Este ano coxunturalmente parece que so 4 ou 5 rapaces teñen solicitado plaza na mesma, o que unido á crise actual fai moi probable o peche da mesma. Eso porque non se conta coa previsión a 2-3 anois vista, donde o número de rapaces parace que repuntaría.

Visto con criterios económicos este peche sería normal, polo gasto que supón mantela aberta so para 4 rapaces, e mais cando teñen a posibilidade de ir a Seixalvo. Pero os servizos públicos non hai que velos so con eses criterios. Cando se abriu o grupo escolar de Seixalvo, o meu compañeiro e anterior concelllal do BNG xa tiña claro que eso era unha gran perda para o Concello e así o manifestou naquel momento. O problema fundamental é que un Concello sen colexio propio perde moitas posibilidades para artellar actividades interesantes para os xoves. A proba témola, que actividades extraescolares, culturais, deportivas, etc se organizan en Taboadela?

Afortunadamente ata hoxe tiñamos escola infantil, e por certo cunha magnífica profesora. Entre outras cousas todos os anos eses rapaces ían cantar panxoliñas no Centro de Maiores, visitávanos polas festas de Taboadela, etc. Que vai pasar se se pecha a escola? Van vir dende Seixalvo?

Lamento decir que esta é outra mostar mais de que este Concello avanza coma os cangrexos. É moi fácil decir que as cousas son así, que non se pode facer nada, que se a xente quere levar aos seus fillos a Ourense está no seu dereito e todo iso. Dende logo é máis fácil que buscar os medios para que os rapaces dispoñan dun transporte público para ir a esa escola, buscar fondos para equipala mellor, facer campañas de sensibilización entre os veciños, etc... a bo entendedor poucas palabras bastan!

Sem comentários: