29 junho 2010

resumen do pleno ordinario

O pasado xoves día 24 de xuño celebrouse o pleno ordinario do trimestre, non exento de "incidencias", como soe ser habitual.

En canto á aprobación da acta do último pleno eu fixen unha matización sobre o nomemento de xuiz de paz pois non se recollía ninn unha soa liña do debate que houbo (argumentos a favor de un e outro candidato).

Logo viña unha moción do PP sobre a reducción de salario dos cargos electos, ou sexa o alcalde no caso de Taboadela. Era unha destas mocións que che envian os partidos e nela argumentabase o da crise, propúñase unha taboa de reducción en función do salario e fiunalmente se pedia que, en aplicación de dita taboa se reducise o salario da alcalde nun 5%. O voceiro do PSOE advertiulles que, segundo a taboa, o 5% corresponde ao rango 13.935 a 27.495 €, cando o Sr. alcalde percibe mais de 28.000 €. Finalmente o Alcalde retira a moción pero di que el se vai reducir o soldo un 5%. ¡Para que vexades para que vale o pleno!

Logo viña unha moción miña relativa ao estudio da posibilidade de empregar as vías do tren que van quedar en desuso para artellar un sistema de cercanías arredor da capital. Pediase que si instase ao Ministerio de Fomento a destinar unha partida no 2011 para analizar a súa viabilidade e mais instar a Xunta de Galicia para que cree un xestor de cercanías en Galiza. Aceptouse por unanimidade e sen debate... espero que se cumpla.

Logo viña unha moción do grupo mixto sobre as medidas a adoptar pàra garantir o futuro da escola. O mesmo día que presentei esta tamén presentara outra, como BNG, sobre o estado da N-525 que non aparecia na orde do día. Motivo: o alcalde non o estimou oportuno pois el xa fixera cousas. Afortunadamente ese día estaba "de boas" e aceptou que se incluise polo procedemento de urxencia. Aceptouse tamén por unanimidade. O que pedía era instar ao MInisterio de Fomento a habilitar unha partida no 2011 para reasfaltar os tramos en mal estado, e mais facer un estudio dos problemas de seguridade da mesma (como o cruce de lama de Prado ou o acceso a Pasadán, punto perigosos nos que os escolares deben cruzar a estrada todos os días.

Entramos por fin no tema da escola, empezou o Sr. alcalde decindo que a el "trailla floxa" a moción, ... esto é empezar ben!. Continuou mentindo ao decir que foi el quen arranxou o problema do peche ao conseguir un alumno mais no Barrio. Recriminado polo compañeiro do VETA, e tras uns momentos de tensión ... volveu a calma. O que nos pediamos na mocións e que se arranxase dunha vez o problema do transporte, verdadeiro motivo do baixo número de cativos. Posto que o Sr. alcalde se comprometeu a traballar para resolver o problema antes do inicio do curso, dende o grupo mixto decicimos adiar a moción.

Logo viña un modificación do PXOM, para tratar de consolidar unha zona industrial delimitada preto da N-525 á altura de Torán, donde xa hai unha nave industrial. Aprobouse por unanimidade.

Finalmente a aprobación dos orzamentos do ano 2010. So votou a favor o grupo de goberno.

Turno de preguntas das que destaco algunhas:
PSOE:
Situación do Consorcio de servizos sociais: hai unha reunión o 4 de xuño no que previsiblemente se decidira a súa conversión en Axencia.
Situación do proxecto para producción de Biomasa na Rabeda. Denegado pola Xunta.
Hai brigada de obras? si, albanel, peón, peósn forestais e axuda a domicilio.
2 facturas de 122 e 124 € por 2 xantares en Santiago. O Sr. Alcalde recoñeceas.
BNG:
Recollida de trastos. Haberá de novo no verán.
Prevención de incenmdios e limepza de fincas. Porán de novo o bando adevrtindo da obriga de manter limpas as fincas.
Estado dass prazas convocadas. Avanzouse, xa enviaron a correción de erros e nomeamento do tribunal.
VETA:
tiven que ausentarme nese momento do pleno e non teño datos.

22 junho 2010

Plano ordinario

O xoves 24 as 10 da mañán celebrarase o pleno ordinario do trimestre. Os puntos da orde do día son:
1. Aprobación de actas de sesións anteriores
2. Moción do grupo do PP sobre a reducción de salario dos cargos electos
3. Moción do concelleiro do BNG sobre a posta en marcha dun tren de cercanías
4. Moción do grupo mixto sobre medidas a adoptar para garantir o futuro da escola infantil de Taboadela
5. Aprobación da modificación puntual Nº 1 do PXOM de Taboadela
6. Aprobación do orzamento do ano 2010
7. Rogos e preguntas

Como sempre xa vos farei un resume do tratado. Se queredes que faga algunha pregunta concreta poñédevos en contacto conmigo.

18 junho 2010

Manifestación contra a reforma laboral

d

Hoxe había manifestación en Ourense convocada pola CIG en protesta pola reforma laboral que acaba de aprobar o goberno de Zapatero. 

Ali estabamos unhas 300 persoas contrarias a esta medida e protestando por iso. Nun momento dado eu pareime a pensar: como non ven mais xente? será que están de acordo con esta medida? seguro que non, debe de ser porque esta manifestación a convoca a CIG e eles serán de outros sindicatos .. ou de ningun.

Claro que fai uns días houbo outra manifestación en protesta pola baixada de soldo aso funcionarios e estabamos outra ducia de valentes ... bueno nese caso seguro que era porque a xente consideraba que os funcionarios cobramos moito! porque nese caso tamán a convocaba CCOO e a UGT.

Agora hai convocada unha folga xeral para o mes de setembro, e nese caso si que non hai disculpa, vana apoiar todos os sindicatos, estará convocada contra as medidas económicas e laboarias do goberno en xeral, ... alguén se vai negar a apoiar esa folga?. Polo ben de todos os españois espero que non porque do contrario Zapatero sacaría peito e atizaraianos outro par de decretos, se non o fai antes xa ... o primerio deles seguro que será a reforma do sistema de pensións.

Pensade un pouco: quen son os que gañan sempre con este tipo de reformas?, que empresas seguena ter beneficios millonarios, haxa crise ou non? ... pois claro: OS BANCOS! E dende o goberno tómase algunha medida, pois si ... pero a favor deles, non sea que algún de en quebra, ou lle suba a ratio de risco ou baixen os seus beneficios ... deus me libre!.

Bueno, sinto o rollo, pero viñen un pouco cabreado da manifestación. E a verdade é que non so por ela, en realidade estiven pensando: as medidas de Zapatrero son pésimas, e se ten algo de vergoña debería de dimitir e irse .. pero por outra parte penso, para que, para que veña Rajoy? Deus nos pille confesados se nos goberna os eñor ese dos "hilitos de plastilina".

A escola segue ... un ano mais

Por fin novas positivas ... menos mal. Fai uns días que as propias nais da ANPA conseguiron solucionar o problema que nos estaba conducindo cara o peche da escola. Elas mesmas conseguiron convencer a unha nai para que matriculase ao seu neno na escola e así acadar o número mínimo para que non se pechase.

Unha vez que lle vimos as orellas ao lobo hai que dar os pasos precisos para que esto non volva pasar.  O grupo mixo (BNG-VETA) ven de presentar unha moción para o vindeiro pleno ordinario coa intención de que se poñan todos os medios precisos para iso, empezando por solucionar o tema do transporte escolar.

Despois do pleno informareivos oportunamente.

06 junho 2010

A escola infantil en perigo

Onte chegáronme rumores de que é moi probable que peche a escola infantil de Taboadela. Xa levamos varios anos en serio risco porque o número de nenos que acoden á mesma é moi baixo (6-10 nenos por ano), o que o sitúa nos límites impostos pola consellería para mantela aberta.

Este ano coxunturalmente parece que so 4 ou 5 rapaces teñen solicitado plaza na mesma, o que unido á crise actual fai moi probable o peche da mesma. Eso porque non se conta coa previsión a 2-3 anois vista, donde o número de rapaces parace que repuntaría.

Visto con criterios económicos este peche sería normal, polo gasto que supón mantela aberta so para 4 rapaces, e mais cando teñen a posibilidade de ir a Seixalvo. Pero os servizos públicos non hai que velos so con eses criterios. Cando se abriu o grupo escolar de Seixalvo, o meu compañeiro e anterior concelllal do BNG xa tiña claro que eso era unha gran perda para o Concello e así o manifestou naquel momento. O problema fundamental é que un Concello sen colexio propio perde moitas posibilidades para artellar actividades interesantes para os xoves. A proba témola, que actividades extraescolares, culturais, deportivas, etc se organizan en Taboadela?

Afortunadamente ata hoxe tiñamos escola infantil, e por certo cunha magnífica profesora. Entre outras cousas todos os anos eses rapaces ían cantar panxoliñas no Centro de Maiores, visitávanos polas festas de Taboadela, etc. Que vai pasar se se pecha a escola? Van vir dende Seixalvo?

Lamento decir que esta é outra mostar mais de que este Concello avanza coma os cangrexos. É moi fácil decir que as cousas son así, que non se pode facer nada, que se a xente quere levar aos seus fillos a Ourense está no seu dereito e todo iso. Dende logo é máis fácil que buscar os medios para que os rapaces dispoñan dun transporte público para ir a esa escola, buscar fondos para equipala mellor, facer campañas de sensibilización entre os veciños, etc... a bo entendedor poucas palabras bastan!