24 maio 2010

Moción números 901 e 902

O pasado día 24 debateuse no congreso dos diputados unha iniciativa do BNG que foiu aprobada por unanimidade. Adxuntovos un enlace para ver a nova completa:

http://www.20minutos.es/noticia/712371/0/numeros/901/fijos/

Hai moitas empresas e organismos que empregan números 901 e 902 como canles de información, consulta e comunicación con usuarios. Estes números están asociados internamente a números fixos normais, pero esta equivalencia non é publica. Problema: as chamadas a estes números son mais caras e non as cobren as tarifas planas en chamadas a fixos.

A iniciativa aprobada o día 24 esixirá as empresas que fagan públicas esas equivalencias e insta ao goberno a obrigar as compañías telefónicas a incluir nas tarifas planas este tipo de chamadas.

Outro exemplo mais de que a nosa presencia en Madrid sirve para algo!

19 maio 2010

Accións en defensa do parque empresarial Val da Rabeda

Penso que non é preciso repasar de novo a situación do proxecto para o parque empresarial do VAl da Rabeda: estancado. Tamén teño contado neste blog que o BNG e o resto de grupos da oposición decidimos por en marcha unha serie de iniciativas para reactivar este tema e facer que o noso alcalde "se puxese as pilas".
En relación con isto quería informar que no día de onte presentamos no rexistro de edificio administrativo da Xunta en Ourense un escrito asinado polos voceiros de todos os grupos da oposición, acompañado das sinaturas en apoio recollidas nas semanas anteriores (arredor de 300). No escrito pedimos unha cita co delegado da Xunta en Ourense para que nos informe do estado actual do proxecto e das previsión. Fixémolo porque do noso alcalde non sacamos nada en limpo, so que foi falar con Feijoo deste asunto ...

14 maio 2010

o tren de cercanías

A semana pasada o senador do BNG, Pérez Bouza, presentou no Senado unha proposta para pedir que se faga un estudio previo sobre a viabilidade de implantar un servizo de cercanías aproveitando as vías que quedarán en desuso coa chegada do AVE.
A idea sería conectar as vilas de Ribadavia e Carballiño coa capital, pero tamén ofrecer servizo a outras zonas, como Taboadela, aproveitando a estación do Mesón.
Para implicar ao resto de administracións no proxecto farase tamén a solicitude ante a Xunta de Galicia e ante os Concellos afectados. Eu mesmo presentei onte unha moción no Concello de Taboadela neste sentido.
Concretamente o que se pide é:
1) Instar ao Ministério de Fomento a que inclua, nos orzamentos do ano 2011, unha partida orzamentaria que permita elaborar, á maior brevidade posible, os estudos informativos pertinentes para a posta en marcha dun servizo de cercanías que una Ourense e a sua area de influenza coas Comarcas do Ribeiro e Carballiño.<
2) Instar á Xunta de Galiza para que lle dea continuidade e avance na criación dun ente xestor das cercanias en Galiza para a xestión dos distintos servizos, entre eles o de Ourense.

12 maio 2010

Novo grupo no facebook

Onte decidin crear un grupo en Facebook, chámase "ideas para unha Taboadela mellor".
Non pretende sre un sitio do BNG, ou polo menos non soamente. A miña intención é recoller as suxerencias, críticas e comentarios da xente. Entre todos iremos vendo se parecen interesantes para a maioría, como poderían poñerse en práctica, etc.

Tamén será unha maneira de coñecer que xente relacionada con Taboadela, e preocupada por o seu futuro, se move neste mundo do Facebook.

Por suposto podedes empregar o grupo para comunicar novas, denunciar cousas mal feitas, etc. Total liberdade.

Agora toca aportar ideas constructivas ... a ver se dou exemplo e escribo algunhas cousas.

11 maio 2010

A importancia te ter unha eurodiputada galega

Hoxe pola mañán asistín a unha conferencia que pronunciou Ana Miranda na Facultade de Ciencias de Educación de Ourense (na foto está ela xunta á decana dese centro, Mercedes Suárez).

Ana foi cabeza de lista do BNG nas anteriores eleccións ao parlamento europeo. Ainda que actualmente non é eurodiputada (serao a parires de 2002) traballa na sede do parlamento europeo (faino xa dende a época de Camilo Nogueira).

Hoxe contounos como funcionan as institucións europeas dende dentro, como se negocian os acordos e enmendas, como operan os lobbies, cómo hai eurodiputados currantes e outros que so quentan a cadeira. Pero sobre todo contounos o imporante que é ter xente galega en Bruxelas, mellor dito, xente que defenda os intereses galegos, porque eurodiputados galegos hai bastantes máis.

Tamén nos contou que Galicia non ten representación de seu na Unión Europea porque o estado español non quere, e que de facelo a Galicia corresponderianlle 7 ou 8 eurodiputados. Dixo que o galego non é oficial no europarlamento porque Madrid non quere, mentres que si o son o maltés ou o letón, con moitos menos falantes.

Por último transmitiunos palabras de esperanza, mencionando a importancia de estar en Bruxelas, aínda que sexa cunha soa persoa, do moito traballo que ten, pero tamén das moitas enmendas que ten propiciado e das reunións nas que ten participado. Para que logo digan que votar ao BNG nas eleccións europeas é un voto perdido. Xa quixeran outros ter xente tan valiosa como Ana Miranda!

Ánimo Ana, eres a nos "pica en Flandes".

07 maio 2010

Adxudicadas as obras do AVE

Fai uns días lin na prensa que xa se adxudicaron as obras do AVE no tramo Ponte Ambía-Taboadela, emtre outros (http://www.laregion.es/noticia/123822/ourense/ave/alta/velocidad//). As obras adxudicáronse a "Vías y construcciones por máis de 85 millóns de euros.

Sorprendeume un pouco a nova porque aínda non se fixeron as expropiacións. Tratarei de informarme a ver que plazos de execución hai e xa o publicarei.