10 abril 2010

O pequeno val da RAbeda

Despois dun ano de incertezas sobre o futuro do Val da Rabeda por fin sabemos que quere facer a Xunta nestes terreos. Do proxecto iniciado polo bipartito pouco queda, nada de desenvolvemento integral dunha zona de mais de 4 millons de metros cuadrados, nada de integración co entorno, nada de vivendas nin de parque agropecuario, nada de rehabilitacións dos núcleos rurais.

Afortunadamente o goberno anterior xa tiña mercados moitos terreos, o 80% dos que ían ser as primeiras fases do proxecto, tanto en Taboadela como en Paderne. Penso  que esta é unha das causas que motivaron esta decisión da Xunta, a de desenvolver dous polígonos de 1 millón de metros cadradoas en cada concello.

A Xunta argumenta que o proxecto anterior era inviable, que non contemplaba o trazado do AVE, que non sei que problema había cunha liña de alta tensión, que non se precisan tantas vivendas, etc. Ao primeiro punto direi que é falso, o trazado do AVE estaba contemplado e de feito limitaba o futuro polígono polo sur. Ao segundo punto direi que tamén é falso, a presencia da liña de alta tensión é perfectamente solventable, pode que soterrándoa pero non necesariamente. Eu mesmo vivín moitos anos en Milladoiro, preto de Santiago de Compostela. Ali fíxose un polígono industrial que estaba cruzado por unha liña eléctrica semellante e non houbo ningún problema, Dende logo non se poden facer naves debaixo dela pero eso non imposibilita o plan. Por último, respecto das vivendas, vese claramente que Feijoo non vive en Taboadela, nin fala cos seus veciños, porque senón non podería decir que non fan falla vivendas. Canta xente deste concello se foi a vivir a Ourense ou Allariz por non atopar vivendas no noso concello?

Como son unha persoa positiva vou rematar dicindo que ... algo é algo. A verdade é que eu xa vía a cousa moi negra e pensei que o proxecto ía quedar definitivame parado. Tería algo que ver nisto a recollida de sinaturas promovida polos tres grupos da opisicón? Ou a solicitude dun pleno extraordinario para tratar este asunto? Ou a pancarta que conminaba ao Sr. alcalde a facer algo ao respecto? Que cada un opine o que queira. A opinión do Sr. Alcalde xa vola adianto eu: a aprobación deste proxecto débese exclusivamente as entrevistas que el tivo co Concelleiro de Infraestructrura e co propio Presidente Fijoo.

Por certo, dixéronme que onte día 9 o Sr alcalde saíu na TV amosándose descontento con este plan ... supoño que por consideralo insuficiente. Eu non o vin pero se á asi, todo o meu apoio Sr. alcalde, concordo con vostede. Se quere loitar para acadar algo mellor ten todo o meu apoio.

2 comentários:

Anónimo disse...

Bueno, como di o conto menos dá unha pedra. Eu tamén era da opinión de que co cambio de goberno o proxecto ía quedar totalmente esquecido, pero polo menos aínda van facer algo...

Susana disse...

Pois coñecendo varios casos, vivendas non é que sobren no concello. os que as queren vender, poñenas moi caras, mercar un terreo edificable, é moi difícil, e os que queremos rehabilitar, temos un montón de atrancos...
Así non hai maneira de que o censo suba