25 março 2010

Que méritos debe ter un xuiz de paz?


Teóricamente un dos principios que rixen as democracias modernas é a separación de poderes, asi o expresaba Aristóteles na súa Política ou Montesquieu na súa obra "O espíritu das leis".

Fixádevos que digo teóricamente porque coido que no ano 2010, estados como o español non están cumprindo esa máxima. As cortes nomean aos membros do Tribunal Constitucional, os xuíces métense a ministros, os fiscais obedecen ordes dos ministros ...

E a conto de que vén todo isto? Que ten que ver con Taboadela? Hoxe celebrouse o pleno ordinario no cal o quinto punto da orde do día era "Elección de juez de paz titular" (para non desviar o tema non comentarei o feito de que o punto esté en castelán). Eu tomeime a molestia o día anterior de consultar a documentación do pleno para ver os méritos alegados polos candidatos.
Había dous, un era o actual Xuiz de Paz, Gerardo Quintas, o outro Ramón Martínez. Os méritos alegados polo primeiro eran o feito de ter desempeñado o posto durante varios anos e o de ter unha pequena empresa; de estudios, fomación específica,etc. non dicía nada. O segundo é licienciado en dereito, especialista en criminoloxía e adxuntava asimesmo documentación de moitos outros cursos relativos á xusticia e á administración.
¿Que pensaría calquera de vos? Eu diría que a cousa non ten cor, que o segundo levaría o posto de calle. Eso pensaría calquera... que non soubera como funcionan as cousas no Concello de Taboadela ... pero eu non, se tivese que apostar faríao sen dúbida polo primeiro. Agora me explico.
¿Qué méritos pensades que debe de ter un xuíz de paz? Supoño que diriades formación sobre aspectos xurídicos, formación sobre tarefas administrativas, tal vez actividade demostrada a prol dos máis desfavorecidos (ONGs, asociacións veciñais, ...), traxectoria profesional, etc.
Claro, eso pensariádelo vós, pero eu non. En Taboadela a cousa é máis sinxela que todo iso, o único mérito válido é: qué servizos tés desempeñado para o Sr. alcalde? que che debe o PP? cantas palmadiñas no lombo das cada día? cantos votantes carrexas en cada elección?
E como eu sei dos "méritos" do Sr. Gerardo Quintas pois non tiña dúbida do que ía pasar .. e así pasou.
Nese punto o voceiro do PP, señor Manuel Gallego Cid, dixo que o seu grupo opinaba que o mellor candidato era o sr. Gerardo pola experiencia no posto, polo ben que o tiña feito ata o momento e polo coñecemento do concello. Lóxicamente quedáronse sós nesa opinion porque todos os demais grupos votamos a favor de Ramón Martínez.
No nome dos concellais da oposición e das persoas con algo de vergoña neste concello, Sr. Ramón Martínez ... PERDÓN.
En momentos como este eu, e penso que moita mais xente, sentimos vergoña deste grupo de goberno ... pero tamén sentimos pena de algúns concellais. Como decía Xesús de Nazaret "Pai, perdóalles porque non saben o que fan", eu creo que moitos deles levantan a man porque a levanta o seu xefe, pero relamente non saben o que fan, ¿pensades que algún deles tivo a dignidade de examinar o CV dous dous candidatos?

1 comentário:

Anónimo disse...

Non, non lles perdoen o que fan...


A ignorancia moitas veces pode ser unha desculpa para non cumprir con determinadas obrigas, mandatos, ordes ou leis. Visto así, case se podería desculpar a alguén que, ignorando que está facendo algún mal, ou que lle está facendo mal a alguén, faino sen darse conta ou sen intención de facer ese mal; é desculpable sempre que se pida perdón e se intente reparar o mal feito.

O que é imperdoable é aquilo que se fai a mantenta, a sabendas de que se está cometendo unha inxustiza, de que se está actuando cun criterio de absoluta inmoralidade, que se está, en resumo, prevaricando. Prevaricar e ditar unha resolución inxusta sabendo que se está facendo así por propia vontade e obedecendo a uns intereses que non son os intereses xerais do concello nin da xente que se representa na institución municipal. Prevaricar e aproveitar os medios, os recursos e as posibilidades de decisión que dá un cargo público en beneficio propio ou dos máis achegados ou amigos.

Máis volvendo a ignorancia...o outro día, escoitáballe eu dícir a un enxeñeiro catalán, respecto da clase política, e pedindo desculpas por adiantado pola xeralización, que os que seguían a carreira política eran os últimos da clase. Non sei a razón, pero a min veume rapidamente á cabeza unha imaxe repetida reiteradamente, homes e mulleres erguendo a man á orde dun que levaba a voz cantante. Xentes sen criterio propio, que participan das decisións e son tan responsables do que acordan como quen lles manda erguer a man. Xentes carentes da mínima formación moral para representar a algún veciño. Non se trata de ter moita formación, nin coñecementos...trátase de ser moralmente digno, trátase de ter o criterio suficiente para actuar con rigor, con aquilo ao que os nosos vellos lle daban moita importancia...ter palabra...que vén sendo unha cualidade hoxe en vías de extinción,...tratase, en resumo, de ser ecuánime, de ser XUSTO, e sobre todo de ser de PAZ.

Saúdos cordiais.

A curuxa da veiga.