25 março 2010

Que méritos debe ter un xuiz de paz?


Teóricamente un dos principios que rixen as democracias modernas é a separación de poderes, asi o expresaba Aristóteles na súa Política ou Montesquieu na súa obra "O espíritu das leis".

Fixádevos que digo teóricamente porque coido que no ano 2010, estados como o español non están cumprindo esa máxima. As cortes nomean aos membros do Tribunal Constitucional, os xuíces métense a ministros, os fiscais obedecen ordes dos ministros ...

E a conto de que vén todo isto? Que ten que ver con Taboadela? Hoxe celebrouse o pleno ordinario no cal o quinto punto da orde do día era "Elección de juez de paz titular" (para non desviar o tema non comentarei o feito de que o punto esté en castelán). Eu tomeime a molestia o día anterior de consultar a documentación do pleno para ver os méritos alegados polos candidatos.
Había dous, un era o actual Xuiz de Paz, Gerardo Quintas, o outro Ramón Martínez. Os méritos alegados polo primeiro eran o feito de ter desempeñado o posto durante varios anos e o de ter unha pequena empresa; de estudios, fomación específica,etc. non dicía nada. O segundo é licienciado en dereito, especialista en criminoloxía e adxuntava asimesmo documentación de moitos outros cursos relativos á xusticia e á administración.
¿Que pensaría calquera de vos? Eu diría que a cousa non ten cor, que o segundo levaría o posto de calle. Eso pensaría calquera... que non soubera como funcionan as cousas no Concello de Taboadela ... pero eu non, se tivese que apostar faríao sen dúbida polo primeiro. Agora me explico.
¿Qué méritos pensades que debe de ter un xuíz de paz? Supoño que diriades formación sobre aspectos xurídicos, formación sobre tarefas administrativas, tal vez actividade demostrada a prol dos máis desfavorecidos (ONGs, asociacións veciñais, ...), traxectoria profesional, etc.
Claro, eso pensariádelo vós, pero eu non. En Taboadela a cousa é máis sinxela que todo iso, o único mérito válido é: qué servizos tés desempeñado para o Sr. alcalde? que che debe o PP? cantas palmadiñas no lombo das cada día? cantos votantes carrexas en cada elección?
E como eu sei dos "méritos" do Sr. Gerardo Quintas pois non tiña dúbida do que ía pasar .. e así pasou.
Nese punto o voceiro do PP, señor Manuel Gallego Cid, dixo que o seu grupo opinaba que o mellor candidato era o sr. Gerardo pola experiencia no posto, polo ben que o tiña feito ata o momento e polo coñecemento do concello. Lóxicamente quedáronse sós nesa opinion porque todos os demais grupos votamos a favor de Ramón Martínez.
No nome dos concellais da oposición e das persoas con algo de vergoña neste concello, Sr. Ramón Martínez ... PERDÓN.
En momentos como este eu, e penso que moita mais xente, sentimos vergoña deste grupo de goberno ... pero tamén sentimos pena de algúns concellais. Como decía Xesús de Nazaret "Pai, perdóalles porque non saben o que fan", eu creo que moitos deles levantan a man porque a levanta o seu xefe, pero relamente non saben o que fan, ¿pensades que algún deles tivo a dignidade de examinar o CV dous dous candidatos?

24 março 2010

Pleno ordinario de marzo

Mañán xoves as 10 da mañán teremos o pleno ordinario de marzo. A orde do día é a seguinte:

1. Aprobación de actas de sesións anteriores

2. Mocións do BNG

3. Mocións do PSdeG-PSOE

4. Moción do PP

5. Eleccións de xuiz de paz titular

6. Aprobación do regulamento de servizo municipal de abastecemento de auga

7. Rogos e preguntas


As miñas mocións son duas, unha para pedir que se inclua un punto nos plenos no cal o sr. alcalde informe dos asuntos tratados no periodo (convenios asinados, autorizacións, xuntanzas, ...) e outro sobre a privatización dos servizos sociais por parte da Xunta de Galiza.

Sabedes que calquera pode asistir aos plenos asi que animádevos. Despois do pleno informarei dos resultados.


13 março 2010

nace un novo blog

Hoxe é un bo día para min. Acabo de recibir un correo do meu primo Pablo para decirme que decidiu poñer en marcha un blog no que opinar sobre temas de actualidade.
A dirección do blog é a seguinte: http://www.ventodemaza.blogspot.com/ 
Espero que cunda o exemplo, poñer en marcha un blog é moi doado e digovos que é unha actividade moi gratificante escribir nel, sabendo que vas ser lido por outra xente, moit ou pouca, eso é o de menos.
Espero que todos vos visitedes o seu blog e vos fagades seguidores del para recibir un correo cada vez que Pablo publique unha nova entrada, eu xa o fixen.

Ánimo Pablo, loitemos polo galego, loitemos por Galiza, loitemos pola liberdade.

11 março 2010

Unha nova positiva que chega dende Madrid


Acabo de ler unha nova que me reenvian do BNG comunicando que un dos nosos diputados, Francisco Jorquera, ven de negociar unha proposición co resto de grupos para ser aprobada no congreso en relacións coas licencias de ocupación do espectro radioeléctrico.

Como sabedes a TV, a radio e a telefonía móvil fan uso do espectro radioléctrico, das "ondas" para as súas emisión. Salvo unha banda moi específica de frecuencias requírese unha autorización para emitir. Ata o de agora os concursos para adxudicar esas bandas de frecuencia eran sempre nacionais, a compañia que asume unha frecuencia faino para todo o estado.

Coa iniciativa que agora se vai aprobar permitiriase e favorecerase que estes concursos se fagan a nivel autonómico. Esto é moi importante porque como consecuencia do apagón analóxico van quedar moitas frecuencias libres que haberá que asignar de novo.

Outro dos puntos da iniciativa di que se retirarán as licencias as empresas que non as exploten nun tempo prudencial. E di tamén que se valorará especialmente as solicitudes que contemplen compromisos de cobertura no medio rural.

Como vedes ter a lo menos un representante no congreso é un asunto mi valioso para Galiza.

E en que nos afecta esto para Taboadela? Pois non diexamos de ser un concello rural asi que o feito de que aumente as posibilidades de cobertura de comunicación no noso territorio sempre é bo. Poderiamos mellorar a nosa cobertura de Internet e de acceso á telefonía móbil, ter mais canles de TV ... en galego, ou en inglés por que non!

Finalizo este "post" cunha solicitude. Se sabedes de algunha zona do Concello que teña mala recepción de TDT por favor decidemos. E tamén vos pediría outra cousa, indicádeme por favor se sabedes de algunha estrada en mal estado,  de moitas xa sei eu pero pódenseme escapar algunhas.

07 março 2010

55 mentiras sobre o galego

O pasado día 5 de febreio presentouse simultanemanete en varias vilas de Galicia e do extranxeiro o libro titulado "55 mentiras sobre a lingua galega", coordinador por un amigo meu, catedrático na universidade de Vigo, Xosé-Henrique Costas.
Eu fun á presentación en Allariz pero non puiden mercar ningún exemplar porque se agotaron rapidamente. De modo que non foi ata a semana pasada que o merquei. Remateino de ler onte.
É un libriño pequeno e barato (8 euros) que vos recomendo. Como o seu título di enumera 55 afirmación sobre o galego que soemos escoitar pola calle (os pais teñen dereito a decidir a lingua que queren para os seus fillos, o galego non serve como idioma de ciencia, etc) e expón uns interesante argumentos para desmontar esas falsedades.
Por exemplo, respecto da primeira delas comenta que seguindo esa lóxica os pais teñen dereito a decidir se os seus fillos teñan que estudar matemáticas, ou filosofía. Tamén di que entón un galego residente en Madrid podería pedir que os seus fillos se eduquen en galego. Lóxicamente son as autoridades académicas as que definen o programa educativo de cada ciclo, e non os pais.

É unha pena que fagan falta libros como este para explicar que o galego é a nosa lingua propia, que todos debemos de coñecela, que nunca estorba, que os estudantes galegos non son mais parvos que o resto nin teñen menor nivel de matemáticas ou de física por estudalas en galego. É unha pena que ata fai ano e medio non houbese problemas nin debate social co galego pero claro, chegou Galicia bilingüe, chegou Rosa Díez e o PP decidiu que non queria deixar escapar os votos dos antigaleguistas asi que fixo bandeira deste tema e asi estamos, cun novo borrador do decreto do galego que propón que galego, castelán e inglés participen ao 33% no curriculum educativo .. cousa que ahora matizan e din que non, que galego e castelán ao 50% .. pero eso xa era o que había ... vamos que o o mesmo do mesmo pero polo medio satanizamos aos nacionalistas, eses que odian todo o castelán, gañammos unhas eleccións e logo ... pois Dios proveerá.

E Taboadela segue igual, como por aca non parece que teñamos esos problemas metafísicos coa lingua, pois nos ao noso.