31 janeiro 2010

Resumo do pleno

O pasado día 14 de xaneiro tivemos pleno no Concello, como xa vos informei nunha nova anterior. Tamén xa sabees que non aceptaron anosa moción sobre o parque empresarial do Val da Rabeda por non considerar oa sunto urxente.

Paso agora a resumirvos o resto do pleno.

1. Aprobación de actas das sesión anteriores.
Pedinlles que modificasen a coestación do alcalde a miña pregunta sobre os custos dos concertyos de SoutoMaior para o Concello. Tiña posto "os concertos nada", cando realmente se dixera que "o equivalente a 3 ou 4 días de traballo dunha fersadora, un pisón e unha cisterna". Tamén o concellal do VETA pediu algunha outra rectificación.

2. Moción do grupo municipal socialista.
Era un proposta de obras para finaciar con cargo ao Plan E. Rechazouse cos 5 votos do grupo de goberno. Por se tiñamos algunha dúbida o tenente de alcalde dixo textualmente: "quen gobernamos somos nos e quen vai decidir o que imos facer somos nos". ¿Entón para que sirve o pleno?

3. Aprobación do regulamento do servizo municipal de abastecemento de auga
Deixouse pendente porque a oposición non coñecia o contido de dito documento.

4. Aprobación da taxa reguladora para a protección dos camiños rurais e vías públicas municipais.
Trátase dunha proposta para cobrar polo tránsito de camións pesados pola vías municipais. Preséntase coa intención de poder cobrarlle as empresas do AVE no seu momento. Eu chámolles a atención sobre algúns aspectos: haberá que cobrarlle a todas as empresas do concello (formigón, espiñeiro, granxas, etc, ¿quen vai controlar o cumprimento da norma? Ao final danse conta de que esa norma ia traer mais problemas que vantaxes e deciden deixala pendente.

5. Adaptación á lei orgánica de protección de datos
É un asunto de trámite habitual, apróbase por unanimidade.

6. Adhesión ó convenio de colaboración coa deputación para a constitución dunha agrupación de entidades locais para a tramitación telemática de procedementos administrativos.
Outro asunto de trámite, apróbase por unanimidade.

Antes de pasar a rogos e preguntas solicito que se admitan as mocións presentadas polos 3 partidos da oposición e mais duas que eu presentaba en solitario. Como xa indiquei nunha entrada anterior non se acepta porque non se considera urxente.

Rogos e preguntas (resumen)
Concellal do PSOE:
- Hai novedades respecto das xestións polo Val da Rabeda. Non contesta nada porque non está en condicións, espera facelo proximamente.
- Presentouse a liquidación das festas da familia. Si, na comisión de goberno de decembro. ( Comentario do Sr. Alcalde "...pois en tempos de crise hai que ter festas").
- O grupo municipal do PP presentou o ano pasado unha moción de ausetridade dos gastos municpais, sen embargo mantivo a comida de nadal, o cal non parece moi coherente.
-¿Está feito o inventario municipal de bens? Chegou onte.

Concellal do VETA
- Respecto dos gastos correntes (telefonía no campo de futbol, alumeado público, ...) oberva que se ioncrementan.
- ¿Por que non se puxeron os mismos badéns en TAboadela que en Pereriras para controlar o esceso de velocidade? A COTOP non o permite.
- ¿Como está o proceso selectivo de persoal? Non se fixo ningun contrato, so para axuda a domicilio. As oposicións están na fase de corrección de erros e selección do tribunal.
- Multa por non ter pasada a ITV dun vehículo do Concello. É que non se deron conta de que era un vehículo industrial.
- Pide a retirada dos materias de obra que siguen depositados diante do Mara.
- ¿En que queou o da GAlescola? Está parado.
Roga por último que se cumpran os acordos do pleno e que se presentes os presupostos en tempo.

Concella do BNG:
- Estado das pistas municipais, obras na estrada Reguenga-Telleria, auga correndo polo asfalto, ...¿teñen algún plan de conservación e limpeza das cuntas? so de limpeza das cunetas.¿van continuar coa política de asfaltado das pisats? si.
- ¿Como vai o asunto do ADSL de Santa Leocadia? repiten o do proxecto para instalar unha rede Wimax, pregunto se teñen conversas con Telefónica e dinme que si.
- Por enémisa vez pregunto polo das marquesinas ... segue pendente, ainda que agora recoñecen que non é un problema de "deseño" seón de cartos.
- Fagolles notar o custon da caseta do bar da piscina do San Xoan: 22.153 euros, a falta de algunha factura mais e de que a propia brigada do concello fixo algo. Pareceulles un custo normal.
- Fallos no funcionamento do TDT, pregunto se son conscientes e se informaron para tratar de solucionalo.
- ITV dos tractores: houbo fallos de información, non se sinalizaou convintemento o paso pola N-525 ainda que eu lles advertira do perigo. Pareceulles que todo estivo ben.

Disculpade pola extensión pero queria non deixar nada importante.

15 janeiro 2010

O parque empresarial do Val da Rabeda non é urxente para o Sr. Alcalde

O pasado xoves día 14 tivemos pleno no Concello, tiña que ser o día 7 pero polas razóns que sexa non foi.

O luns día 11 presentamos unha moción asinada polos 3 grupos políticos da oposición para pedir a adopción de medidas encamiñazas a relanzar o proxecto do parque empresarial do Val da Rabeda, proque viamos que a cousa está mais que parada. O luns pola tarde deronos a convocatoria e vimos con sorpresa que esta moción, e outras duas que eu presentara en nome do BNG, non estaban incluidas na orde do día. Chegado o día do pleno preguntamos e dixéronos que xa tiñan a convocatoria feita do día 8 e que por eso non as incluiron. Ainda que legal esta é unha maneira de actuar nada "ética" coa oposición que non coñece cando se van celebrar os plenos con exactitude.

Visto o cal, no momento oportuno solicitamos que se incluiran ditas mocións polo procedemento de urxencia, algo perfectamente legal e bastante habitual. Entón o Sr. alcalde dixo que non o aceptaban porque as mocións foran presentadas fora de plazo, a Sr. secretaria corríxeo decíndolle que eso non impide que se acepten polo procedemento de urxencia. Entón o alcalde di que non se consideran urxentes e que por iso as rechaza.

Para que vos fagades unha idea da paciencia que tivemos, tratando de implicar ao grupo de goberno na tarefa de reivindicar a construcción dese parque empresarial resumovos a cronoloxía dos feitos.

Alá polo mes de outubro, cando se empezou a coñecer o borrrador dos orzamentos da Xunta de Galicia, vimos con sorpresa que a cantidade asignada para este proxceto era de 20.00o euros. Entón os concelleiros da oposición decidimos que tiñamos que movilizarnos en contra desa aldraxe. Quixemos coñecer a opinión do Sr. Alcalde para ver se podiamos contar co seu apoio. El remitiunos ao tenente de alcalde para que tivesemsos unha reunión, tras unha semana de espera coneguin falar con el, quen me dixo que estaba moi ocupado e que esperasemos unha semana, volvo a chamalo e outra semana mais de espera. Finalmente reunimonos á finais de novembro.

Nesa xuntanza recoñoceu que nos dera largas porque o Sr. Alcalde estaba tratando de reunirse co Conselleiro de Medio Ambiente. Díxonos que tiña concertada unha cita para o 17 de decembro e que xa nos informaría do resultado. Nos dixémoslle que non nos valían promesas ou boas palabras, que cumpria, senón unha modificación inmediata dos presupostos si un compromiso público de que se ia levar adiante o proxecto e que nos próximos presupostos haberia fondos para el. E dixémoslle que precisabamos ter información antes do pleno, para ver como actuariamos nel.

Chegou o 17 e ninguén nos chamou. No nadal eu mismo faleui co Sr. Alcalde quen me dixo que xa nos informarian no pleno pero que a cousa non pintaba ben de momento, que non había moito que facer. Eu díxenlle que nese caso nos, a oposición, estabamos obrigados a facer algo, porque a cousa non podía quedar asi.

Ainda que estabamos de acordo en presentar unha moción, quixemos agardar ata o último momento para ver se nos daban mais información, ou se había algun movemento ao respecto. O venres 8 recibimos a confirmación de que o pleno ia ser o día 14 polo cal o sábado 9 nos reunimos para redactar a moción e presentala o luns 11, como soemos facer habitualmente. O resto xa o sabedes.

En resumen, que o Sr. Alcalde pretende seguir dándonos largas, a ver ata cando pode chegar. Nos dende logo non imos quedar calados. Pronto teredes noticias das próximas actuacións a este respecto. Se queredes colaborar nas actividades de protesta que fagamos escribideme.

Seguidores

Acabo de engadir un enlace "seguidores" na parte dereita do blog para que a xente que o desexe se inscriba como seguidor ou siareiro deste blog.

O único que tendes que facer é premer no enlace "seguidores". Podedes facervos seguidores "públicos" ou privados, que non aparecen na pantalla.

Animádevos que sempre mola ver que non escribes para ti so.

13 janeiro 2010

Nova lagoa en Taboadela

Fixádevos ben na foto, a ver quen é o primeiro que descubre donde foi tomada. Vou dar algunhas pistas.
Trátase dunha estrada local do Concello de Taboadela e ainda que o pareza non hai ningún rio nos arredores.
Toda a auga que vedes non é mais que o resultado dun continuo descoido no mantemento das pistas do Concello. Non se limpan as cunetas, os tubos obstruense ... e a auga encora, reborda e cubre a estrada.
Esta fotografía foi tomada o día 13 de xaneiro de 2010.
Outra pista mais, o lugar está situada moi cerca das futuras vías do AVE, preto da entrada do futuro tunel, se é que finalmente se escolla a "alternativa 2".

Aproveito para decir que mañán xoves temos o pleno extraordinario de decembro ¿?, teredes cumprida información do que alí aconteza.