28 dezembro 2010
Sube o recibo da luz
Esa suba ben motivada porque supostamente o prezo que nos pagamos pola electricidade non reflicte os custes reais, co cal se supón que as compañías eléctricas están perdemndo cartos (aínda que acumulen millóns de euros de beneficios, ¿vos entendedes iso?).
Un dos factores que inciden nesta subida é o recente decreto do carbón, que prima a producción española, fundamentalmente asturiana, fronte a extranxeira. Este decreto é dobremente lesivo para Galiza por canto vai supor o peche das nosas centrales térmicas, que operan con carbón importado.
Outro factor a ter en conta é como se calcula o precio de producción do Kw. Hai distinats maneira de producir electricidade (centrais térmicas, hidroeléctrcias, etc). Pois ben, o precio do Kw calcúlase polo medio mais caro, se despois as empresas eléctricas o producen mais barato ... pois beneficio para elas.
En resumen, que nos dan polo ... e nos caladiños. Ata cando!
O BNG propón algunhas medidas que permitirían evitar esta suba:
1) derogar o decreto do carbón. Decatádevos do importante que sería que Galiza decidise neste ámbito tamén, e non estar ao que se dispoña dende Madrid. Polo menos poderiamos negociar, e non acatar.
2) Reformar a lei eléctrcia para que o precio do Kw se calcule mais xustamente ... para os consumidores claro!.
Cada día estou mais seguro de que quen goberna en Europa e en España ... e tamén en Galiza, son as grandes empresas: constructoras, enerxéticas, medios de comunicación, etc. De vez en cando permitenlle ao goberno de turno que nos dé un carameliño aos humildes cidadáns para que calemos e xa está. Pronostico que xa teñen preparado un para calmarnos despois desta suba brutal da luz, a maior dos últimos 28 anos.
26 dezembro 2010
Pleno de decembro
Antes de iniciar o pleno eu, como concelleiro do BNG, lin un escrito decindo que no futuro me absteria de participar nos debates e votacións, como medida de protesta ata que o grupo de goberno solucione dunha vez o problema da escola infantil, tal e como prometera no mes de xuño.
1) Aprobación de actas da sesións anteriores.
Apróbanse con algunha matización feita polo concelleiro do VETA.
2) Moción do camiño do Corgo
Presentada polo PSOE en relación ao estado do camiño co Corgo. O Alcalde di que xa hai varias reclamacións contra a empresa que fixo as obras para que o arranxe.
3) Moción sobre a escola
Presnetada polo PSOE pedindo 3 cousas: darlle solución ao problema do transposte dos rapaces, que se faga un proxecto para trasladala a Lama de Prado e que se ceda o local actual para a AAVV de Taboadela.
Suscítase un acalorado debate, sobre todo entre o Alcalde e o concelleiro do VETA. Finalmente o grupo de goberno acepta a primeira solicitude e rechaza as outras dúas.
4) Moción sobre o río á altura da Venda do Río
Presentada polo PSOE pedindo que se de conta á Confederación Hidrográfica para que limpe o cauce do río. Recházase.
5) Concertación dunha operación de crédito a longo plazo
Aprobouse que o Concello concerte un préstamo de 360.000 € para facre frente aos pagos de 2008,2009 e 2010 relacionados coa nova traída de augas. Aprobouse so cos votos do grupo de goberno.
6) Aprobación da ordenanza pola tasa da piscina.
A partires de agora haberá que pagar para facre uso da psicina, en concreto haberá unha cuota de 18€/ano para as familias empadroadas no Concello e un precio de 1€ para un baño (0.50 € para os nenos). O precio por día para as persoas non empadroadas será de 3 €.
7) Aprobación da ordenanza da tasa polo pabillón.
Para os particulares o prezo será de 15€/hora, para os actos organizados polo Concello, asociacións sen ánimo de lucro, escola infantil, etc gratis. Para asociacións artísticas e culturais 5€/hora+gastos, para espectáculos públicos 100 € hora + gastos. A publicidade cobrarase a razón de 150 € por metro cuadrado e ano.
8) Rogos e preguntas.
Destacamos as seguintes preguntas do concelleiro do VETA
- Cómo foi o contrato dunha persoa para centros de recreo?
- A factura de 2500 € que parace sobre a recollida de lixo despois da festa de Soutomaior é correcta?
- Vaise resolver o concurso de persoal antes das eleccións?
-Rogo transmitido por varias asociacións do concello: solicitar a organización dun curso sobre o manexo de productos fitosanitarios.
10 dezembro 2010
Santa Leocadia
A seguinte nova titulábase Santa Leocadia e dixenme ... haber se ten algo que ver e tamén inanugurar unha rede wifi en Santa Leocadia e eu sin enterarme. E dixen por fin, un problema menos en Taboadela, por fin todos os veciños terán acceso a Internet, por fin imos deixar de ser os últimos parvos, por fin alguén escoitou as nosas demandas. Pensei, haberá que celebralo, teño que falar cos meus amigos desa zona do Concello e decirllo por se non leron a nova.
Premo no enlace correspondente e ... vexo que informan da "vida y obra de Santa leocadia", unha martir que viviu no século III. E como no conto da leiteira ... volvemos á crua realidade: uns disfrutan de redes wifi de acceso público e ADSL de 100 Mb e outros seguen co acceso por modem a 56Kb.
Esto non pode seguir asi, teremos que facer como os controladores e paralizar algo para que nos escoiten, ... bueno pero hai que ir con tino porque na cadea non queremos acabar!
09 dezembro 2010
De folgas e de alarmas
19 novembro 2010
Conferencia de Guillerme Vázquez
Ante de nada quero mencionar unha frase do profesor Santiago Lago, organizado do evento moi atinada. Cando presentaba a Guillerme dixo que era o portavoz do BNG, un dos tres partidos maioritario galegos ... bueno, que operan en Galiza, pillastes o matiz?
Non vou resumir a confrencia de Guillerme, mais si contar o que me transmitiu ou o que aprendin na mesma.
Guillerme insistiu moito nas consecuencias económicas das decicións políticas, lembrando que non sempre a economía se move por si soa. Puxo varios exemplos, alguns mi recentes, como o préstamo que o Ministerio de Economia estivo negando aos asteleiros Vulcano ata que a Xunta presionou un pouco, e que puido levar á quebra a empresa e a centos de traballadores á calle.
Neste caso salvouse o asunto pero noutros casos as decisión políticas perxudicaron claramente á Galiza: decreto do carbón, veto á Astano, negociacións pesqueiras en Bruselas, etc.
Outro aspecto que resaltou Guillerme foi a importancia dun maior autogoberno para Galiza, tanto en temas fiscais, como en relacións con Europa, como en política agraria e pesqueira, etc.
En resume unha charla moi amena, moi instructiva e moi necesaria ... lástima que quen ten o poder para cambiar algunahs cousas esté de paseo por Cataluña, ou se cadra xa está en Madrid, vai ti saber, menos en Santiago!!
10 novembro 2010
O noso apoio ao pobo sahariano
06 novembro 2010
cando se pensa no Concello e non nos colegas de partido
Teño que decir que antes de empezar o pleno o compañeiro do VETA dixo que a partir dese momento non iba participar en ningunha discusión nin votación en protesta polo incumplemento por parte do grupo de goberno de varios acordos do pleno, especialmente da solución do problema da escola infantil. Eu estou totalmente de acordo con esa protesta e dende logo, se non se trata no vindeiro pleno ordinario tomarei de xeito particular, ou en colaboración co resto de concelleiros da oposición, algunha medida de protesta.
A miña sorpresa veu no segundo punto, no que se tratou o estudio informativo e de impacto ambiental da nova estrada que pretende conectar os polígonos industriais coa A-52. O que se plantexasn son 4 alternativas que parten todas de Santa Marta e rematan na Merca, na actuaal saída da autovía. No seu momento eu, como concellal do BNG xa presentara unha alegación en contra da alternativa 4, a mais lesiva para o noso concello, pois divide aos pobos de Santa Leocadia e A Reguenga.
Pois ben, soprendentemente o Sr. Alcalde comenzou dicindo que a el non lle gustaba ningunha das alternativas porque ningunha delas solucionaba a conexión do futuro parque do Val da Rabeda ... ou se xa que aínda non da por perdido ese parque do cal me alegro MOITÍSIMO. Cando me tocou o turno amoseille o meu acordo con esta postura, se ben é verdade que opinei que se podía continuar a conclusión decindo que, de optarse por facer unha das alternativas propostas, deberiamos protestas ou alegar contra a dita alternativa 4, por ser a mais mala para o noso Concello. Tamén indiquei que se podía suxerir como posibilidade o desdoblemnto da N-525 entre Santa Marta a Allariz. Con iso daríase saída ao polígono de San Cibrao e tamén ao futuro parque do Val da Rabeda. Aprovouse por unanimidade presentar unha alegación neste sentido.
En conclusión, igual que cando fai as cousas mal o critico, cando o Sr. Alcalde se comporta como debe, e defende os intereses dos veciños o alabo. Parabens Sr. alcalde !
31 outubro 2010
Xornada de traballo municipal

Este sábado tivemos unha xornada de traballo os concellais e algúns militantes do BNG na comarca de Allairz-A limia-Maceda. Foi unha xornada intensa (dende as 10 da mañán ata as 7 da tarde) pero a verdade é que mereceu a pena. Puidemos coñecer de primeira más as obrigas e as tarefas dos alcaldes do BNG na comarca.
Primeiro estivemos en Vilar de Santos donde o alcalde, Xan, nos falou nda necesidade de planificación, do importante que é conseguir que os veciños se sintas orgulllos do seu pobo .. e abofé que el o conseguiu! Logo visitamos o parque empresarial que con moito esforzo conseguir crear neste pequeno concello de 1000 habitantes.
Finalmente, xa pola tarde estivemos en Maceda dende nos recibiu o Alcalde, Xavier, e nso explicou o que puideron facer neste 3 anos e medio de goberno. De todos é coñecida a recuperación do Castelo, pero penso que aínda mais importante é que xa conseguiron cambiar o xeito en que os veciños miran ao seus alcalde. En Maceda os plenos son as 8 da tarde e nun local amplo para que todos poida acudir a presencialo, as visitas a pobos rurais son frecuentes, a supervisión persoal das obras, en definitiva a proximidade de alcalde e concellais ao pabo. Se siguen traballando asi nas próximas eleccións mesmo acadarán amaioría absoluta.
Cando este alcaldes nos comentabasn as potencialidades dos seus concellos e a maneira en que eles as aproveitaban, a min, e supoño que a outros conellais que estamos na oposición, caísenos a alma aos pes, pensadno nas potenciualidades dos nosos propios concellos e no desaprobeitadas que estás. Taboadela está a 12 Km de Ourense, a 5 do polígono de San Cibrao, ten dous enlaces da autovía A-52 e mesmo unha estación de ferrocarril. Por ela pasa o Camiñod e Santiago, o río Barbaña e ... como di un copmpañeiro meu ¡ata os avisóns que van cara Madrid! Cun un pouquyiño de traballo e de iniciativa, como podería estar hoxe Taboadela e como está! Sobran mais explicacións ...
27 outubro 2010
Noitebus
Por menos cartos do que gasta a xunta en publicidade poderiase manter ese servizo en todas as cidades galegas pero ... vai ser que non. Bueno, se cadra para os fillos dos ricos non é moito problema, seguro que sempre hai un taxi a man!.
Galiza nova está a recoller sinaturas para pedir que se manteña o servizo. Se queredes sumarvos contactade con nos ou calquera membro de Galiza Nova.
19 outubro 2010
A Xunta de Galicia gasta 4.7 millóns de euros ... inultilmente
Ver noticia no Xornal: http://www.xornal.com/artigo/2010/10/19/politica/xunta-gasta-4-7-millons-no-maior-lote-licenzas-microsoft-da-sua-historia/2010101900230200273.html
Supoño que a moitos de vos vos sona o do "software libre", trátase de programas informáticos que non custan nada, son gratis. Exemplo deste tipo de programas sería o Linux (para sustuir ao Windows), o Openoffice (para sustituir ao word e ao powerpoint) o Firefox (para sustituir ao Explorer). Bueno, se tedes interés en coñecer outro tipo de programas deste tipo recoméndovos este enlace:
http://webs.uvigo.es/refiedu/Refiedu/Vol1_3/anton.pdf
Outras administracións xa teñen dado o paso a este tipo de productos para aforrar custos: goberno do Brasil, Xunta de Andalucia, Xunta de Extremadura, Generalitat Valenciana, etc.
A Xunta de Galicia levaba este compromiso no seu programa, pero ao chegar ao poder as promesas esquécense, seguro que pesan mais as comisións, as contrapartidas, as fotos nos xornais, etc.
Ante este despilfarro o BNG ven de presentar unha pregunta parlamentaria sobre este feito ... seguri que nos serve para moito pero polo menos falarase deso nos xornais, e terán que dar algunhas explicacións.
Sobra decir que no Concello de Taboadela o software libre ... non chegou nin se lle espera.
28 setembro 2010
Acude ás manifestacións convocadas polo sindicalismo nacionalista
Non pode ser que unha crise provocada polo capital financieiro e polos especuladores a vaian pagar, cun retroceso nos seus dereitos laborais, as traballadores e os traballadores.
NON PODE SER QUE OS CAUSANTES DA CRISE NON ASUMAN A SÚA RESPONSABILDADE E, EN TRONCA, A FACTURA SE LLE PASE AGORA ÁS TRABALLODORAS E AOS TRABALLADORES, en forma de abaratamento do seu despedimento ou do retraso na idade da súa xubilación.
A crise ten coma orixe a enorme influencia da ideoloxía noliberal e dos intereses da grande banca sobre a acción dos gobernos. O Estado español non é en absoluto unha excepción e o Goberno PSOE co apoio do PP, está a aplicar basicamente as receitas que lle son impostas polo Fundo Monetario Internacional, pola Comisión Europea e pola CEOE, organismos todos eles controlados pola dereita e económica.
PARA O GRAN CAPITAL, A CRIESE É UNHA EXCELENTE OPRTUNIDADE PARA INCREMENTAR OS SEUS BENEFICIOS a custa dos intereses das maiorias sociais; asalariados, autónomos, pequena e mediana empresa. Por iso promoven planos de axuste antisociais, contrarreformas laborais, privatizaciós e pensionazos. Infelizmente, os gobernos actúan ao seu servizo.
24 setembro 2010
O 29 de setembro folga xeral
A vindeira semana estou de viaxe fora de España e non poderei asistir á folga xeral do día 29. Credemo que o sinto ben. A lo menos participei onte, xunto co meu fillo nun pasarrúas que a CIG organizaou para ir preparando o ambiente para o 29, con música, repartindo folletos, etc.
06 agosto 2010
traballo comunitario
22 julho 2010
25 de xullo
O día da patria achégase. Como todos os anos en Santiago vaise celebrar unha manifestación multitudinaria en defensa do noso país. O lema deste ano é "fai valer a túa forza".29 junho 2010
resumen do pleno ordinario
22 junho 2010
Plano ordinario
1. Aprobación de actas de sesións anteriores
2. Moción do grupo do PP sobre a reducción de salario dos cargos electos
3. Moción do concelleiro do BNG sobre a posta en marcha dun tren de cercanías
4. Moción do grupo mixto sobre medidas a adoptar para garantir o futuro da escola infantil de Taboadela
5. Aprobación da modificación puntual Nº 1 do PXOM de Taboadela
6. Aprobación do orzamento do ano 2010
7. Rogos e preguntas
Como sempre xa vos farei un resume do tratado. Se queredes que faga algunha pregunta concreta poñédevos en contacto conmigo.
18 junho 2010
Manifestación contra a reforma laboral

Hoxe había manifestación en Ourense convocada pola CIG en protesta pola reforma laboral que acaba de aprobar o goberno de Zapatero.
Ali estabamos unhas 300 persoas contrarias a esta medida e protestando por iso. Nun momento dado eu pareime a pensar: como non ven mais xente? será que están de acordo con esta medida? seguro que non, debe de ser porque esta manifestación a convoca a CIG e eles serán de outros sindicatos .. ou de ningun.
Claro que fai uns días houbo outra manifestación en protesta pola baixada de soldo aso funcionarios e estabamos outra ducia de valentes ... bueno nese caso seguro que era porque a xente consideraba que os funcionarios cobramos moito! porque nese caso tamán a convocaba CCOO e a UGT.
Agora hai convocada unha folga xeral para o mes de setembro, e nese caso si que non hai disculpa, vana apoiar todos os sindicatos, estará convocada contra as medidas económicas e laboarias do goberno en xeral, ... alguén se vai negar a apoiar esa folga?. Polo ben de todos os españois espero que non porque do contrario Zapatero sacaría peito e atizaraianos outro par de decretos, se non o fai antes xa ... o primerio deles seguro que será a reforma do sistema de pensións.
Pensade un pouco: quen son os que gañan sempre con este tipo de reformas?, que empresas seguena ter beneficios millonarios, haxa crise ou non? ... pois claro: OS BANCOS! E dende o goberno tómase algunha medida, pois si ... pero a favor deles, non sea que algún de en quebra, ou lle suba a ratio de risco ou baixen os seus beneficios ... deus me libre!.
Bueno, sinto o rollo, pero viñen un pouco cabreado da manifestación. E a verdade é que non so por ela, en realidade estiven pensando: as medidas de Zapatrero son pésimas, e se ten algo de vergoña debería de dimitir e irse .. pero por outra parte penso, para que, para que veña Rajoy? Deus nos pille confesados se nos goberna os eñor ese dos "hilitos de plastilina".
A escola segue ... un ano mais
Por fin novas positivas ... menos mal. Fai uns días que as propias nais da ANPA conseguiron solucionar o problema que nos estaba conducindo cara o peche da escola. Elas mesmas conseguiron convencer a unha nai para que matriculase ao seu neno na escola e así acadar o número mínimo para que non se pechase.
Unha vez que lle vimos as orellas ao lobo hai que dar os pasos precisos para que esto non volva pasar. O grupo mixo (BNG-VETA) ven de presentar unha moción para o vindeiro pleno ordinario coa intención de que se poñan todos os medios precisos para iso, empezando por solucionar o tema do transporte escolar.
Despois do pleno informareivos oportunamente.
06 junho 2010
A escola infantil en perigo
Onte chegáronme rumores de que é moi probable que peche a escola infantil de Taboadela. Xa levamos varios anos en serio risco porque o número de nenos que acoden á mesma é moi baixo (6-10 nenos por ano), o que o sitúa nos límites impostos pola consellería para mantela aberta.
Este ano coxunturalmente parece que so 4 ou 5 rapaces teñen solicitado plaza na mesma, o que unido á crise actual fai moi probable o peche da mesma. Eso porque non se conta coa previsión a 2-3 anois vista, donde o número de rapaces parace que repuntaría.
Visto con criterios económicos este peche sería normal, polo gasto que supón mantela aberta so para 4 rapaces, e mais cando teñen a posibilidade de ir a Seixalvo. Pero os servizos públicos non hai que velos so con eses criterios. Cando se abriu o grupo escolar de Seixalvo, o meu compañeiro e anterior concelllal do BNG xa tiña claro que eso era unha gran perda para o Concello e así o manifestou naquel momento. O problema fundamental é que un Concello sen colexio propio perde moitas posibilidades para artellar actividades interesantes para os xoves. A proba témola, que actividades extraescolares, culturais, deportivas, etc se organizan en Taboadela?
Afortunadamente ata hoxe tiñamos escola infantil, e por certo cunha magnífica profesora. Entre outras cousas todos os anos eses rapaces ían cantar panxoliñas no Centro de Maiores, visitávanos polas festas de Taboadela, etc. Que vai pasar se se pecha a escola? Van vir dende Seixalvo?
Lamento decir que esta é outra mostar mais de que este Concello avanza coma os cangrexos. É moi fácil decir que as cousas son así, que non se pode facer nada, que se a xente quere levar aos seus fillos a Ourense está no seu dereito e todo iso. Dende logo é máis fácil que buscar os medios para que os rapaces dispoñan dun transporte público para ir a esa escola, buscar fondos para equipala mellor, facer campañas de sensibilización entre os veciños, etc... a bo entendedor poucas palabras bastan!
24 maio 2010
Moción números 901 e 902
http://www.20minutos.es/noticia/712371/0/numeros/901/fijos/
Hai moitas empresas e organismos que empregan números 901 e 902 como canles de información, consulta e comunicación con usuarios. Estes números están asociados internamente a números fixos normais, pero esta equivalencia non é publica. Problema: as chamadas a estes números son mais caras e non as cobren as tarifas planas en chamadas a fixos.
A iniciativa aprobada o día 24 esixirá as empresas que fagan públicas esas equivalencias e insta ao goberno a obrigar as compañías telefónicas a incluir nas tarifas planas este tipo de chamadas.
Outro exemplo mais de que a nosa presencia en Madrid sirve para algo!
19 maio 2010
Accións en defensa do parque empresarial Val da Rabeda
En relación con isto quería informar que no día de onte presentamos no rexistro de edificio administrativo da Xunta en Ourense un escrito asinado polos voceiros de todos os grupos da oposición, acompañado das sinaturas en apoio recollidas nas semanas anteriores (arredor de 300). No escrito pedimos unha cita co delegado da Xunta en Ourense para que nos informe do estado actual do proxecto e das previsión. Fixémolo porque do noso alcalde non sacamos nada en limpo, so que foi falar con Feijoo deste asunto ...
14 maio 2010
o tren de cercanías
A idea sería conectar as vilas de Ribadavia e Carballiño coa capital, pero tamén ofrecer servizo a outras zonas, como Taboadela, aproveitando a estación do Mesón.
Para implicar ao resto de administracións no proxecto farase tamén a solicitude ante a Xunta de Galicia e ante os Concellos afectados. Eu mesmo presentei onte unha moción no Concello de Taboadela neste sentido.
Concretamente o que se pide é:
1) Instar ao Ministério de Fomento a que inclua, nos orzamentos do ano 2011, unha partida orzamentaria que permita elaborar, á maior brevidade posible, os estudos informativos pertinentes para a posta en marcha dun servizo de cercanías que una Ourense e a sua area de influenza coas Comarcas do Ribeiro e Carballiño.<
2) Instar á Xunta de Galiza para que lle dea continuidade e avance na criación dun ente xestor das cercanias en Galiza para a xestión dos distintos servizos, entre eles o de Ourense.
12 maio 2010
Novo grupo no facebook
Non pretende sre un sitio do BNG, ou polo menos non soamente. A miña intención é recoller as suxerencias, críticas e comentarios da xente. Entre todos iremos vendo se parecen interesantes para a maioría, como poderían poñerse en práctica, etc.
Tamén será unha maneira de coñecer que xente relacionada con Taboadela, e preocupada por o seu futuro, se move neste mundo do Facebook.
Por suposto podedes empregar o grupo para comunicar novas, denunciar cousas mal feitas, etc. Total liberdade.
Agora toca aportar ideas constructivas ... a ver se dou exemplo e escribo algunhas cousas.
11 maio 2010
A importancia te ter unha eurodiputada galega
Hoxe pola mañán asistín a unha conferencia que pronunciou Ana Miranda na Facultade de Ciencias de Educación de Ourense (na foto está ela xunta á decana dese centro, Mercedes Suárez).
Ana foi cabeza de lista do BNG nas anteriores eleccións ao parlamento europeo. Ainda que actualmente non é eurodiputada (serao a parires de 2002) traballa na sede do parlamento europeo (faino xa dende a época de Camilo Nogueira).
Hoxe contounos como funcionan as institucións europeas dende dentro, como se negocian os acordos e enmendas, como operan os lobbies, cómo hai eurodiputados currantes e outros que so quentan a cadeira. Pero sobre todo contounos o imporante que é ter xente galega en Bruxelas, mellor dito, xente que defenda os intereses galegos, porque eurodiputados galegos hai bastantes máis.
Tamén nos contou que Galicia non ten representación de seu na Unión Europea porque o estado español non quere, e que de facelo a Galicia corresponderianlle 7 ou 8 eurodiputados. Dixo que o galego non é oficial no europarlamento porque Madrid non quere, mentres que si o son o maltés ou o letón, con moitos menos falantes.
Por último transmitiunos palabras de esperanza, mencionando a importancia de estar en Bruxelas, aínda que sexa cunha soa persoa, do moito traballo que ten, pero tamén das moitas enmendas que ten propiciado e das reunións nas que ten participado. Para que logo digan que votar ao BNG nas eleccións europeas é un voto perdido. Xa quixeran outros ter xente tan valiosa como Ana Miranda!
Ánimo Ana, eres a nos "pica en Flandes".
07 maio 2010
Adxudicadas as obras do AVE
Fai uns días lin na prensa que xa se adxudicaron as obras do AVE no tramo Ponte Ambía-Taboadela, emtre outros (http://www.laregion.es/noticia/123822/ourense/ave/alta/velocidad//). As obras adxudicáronse a "Vías y construcciones por máis de 85 millóns de euros.
Sorprendeume un pouco a nova porque aínda non se fixeron as expropiacións. Tratarei de informarme a ver que plazos de execución hai e xa o publicarei.
23 abril 2010
recollida de sinaturas a prol do galego

A plataforma Queremos Galego está liderando unha recollida de sinaturas para unha iniciativa lexislativa popular "pola garantía dos dereitos lingüisticos".
Como neste tema hai moita terxiversación e moitas mentiras non vou facer ningún resume nin interpretación desta proposta de lei. Podedes consultála íntegramente na seguinte dirección:
texto da iniciativa lexislativa popular
Eu teño follas para recoller sinaturas e vou tratar de recoller por Taboadela todas as que poda. Se queredes asinar e non coincidimos chamádeme por teléfono ou enviademe un correo: irei donde faga falla.
Este ano máis ca nunca vai ser moi imporante asistir á manifestación do día das letras galegas o 17 de maio. Ninguén conseguirá acabar coa nosa lingua, nin xiquera Feijoo e os seus acólitos.
10 abril 2010
O pequeno val da RAbeda
Despois dun ano de incertezas sobre o futuro do Val da Rabeda por fin sabemos que quere facer a Xunta nestes terreos. Do proxecto iniciado polo bipartito pouco queda, nada de desenvolvemento integral dunha zona de mais de 4 millons de metros cuadrados, nada de integración co entorno, nada de vivendas nin de parque agropecuario, nada de rehabilitacións dos núcleos rurais.
Afortunadamente o goberno anterior xa tiña mercados moitos terreos, o 80% dos que ían ser as primeiras fases do proxecto, tanto en Taboadela como en Paderne. Penso que esta é unha das causas que motivaron esta decisión da Xunta, a de desenvolver dous polígonos de 1 millón de metros cadradoas en cada concello.
A Xunta argumenta que o proxecto anterior era inviable, que non contemplaba o trazado do AVE, que non sei que problema había cunha liña de alta tensión, que non se precisan tantas vivendas, etc. Ao primeiro punto direi que é falso, o trazado do AVE estaba contemplado e de feito limitaba o futuro polígono polo sur. Ao segundo punto direi que tamén é falso, a presencia da liña de alta tensión é perfectamente solventable, pode que soterrándoa pero non necesariamente. Eu mesmo vivín moitos anos en Milladoiro, preto de Santiago de Compostela. Ali fíxose un polígono industrial que estaba cruzado por unha liña eléctrica semellante e non houbo ningún problema, Dende logo non se poden facer naves debaixo dela pero eso non imposibilita o plan. Por último, respecto das vivendas, vese claramente que Feijoo non vive en Taboadela, nin fala cos seus veciños, porque senón non podería decir que non fan falla vivendas. Canta xente deste concello se foi a vivir a Ourense ou Allariz por non atopar vivendas no noso concello?
Como son unha persoa positiva vou rematar dicindo que ... algo é algo. A verdade é que eu xa vía a cousa moi negra e pensei que o proxecto ía quedar definitivame parado. Tería algo que ver nisto a recollida de sinaturas promovida polos tres grupos da opisicón? Ou a solicitude dun pleno extraordinario para tratar este asunto? Ou a pancarta que conminaba ao Sr. alcalde a facer algo ao respecto? Que cada un opine o que queira. A opinión do Sr. Alcalde xa vola adianto eu: a aprobación deste proxecto débese exclusivamente as entrevistas que el tivo co Concelleiro de Infraestructrura e co propio Presidente Fijoo.
Por certo, dixéronme que onte día 9 o Sr alcalde saíu na TV amosándose descontento con este plan ... supoño que por consideralo insuficiente. Eu non o vin pero se á asi, todo o meu apoio Sr. alcalde, concordo con vostede. Se quere loitar para acadar algo mellor ten todo o meu apoio.
25 março 2010
Que méritos debe ter un xuiz de paz?

Teóricamente un dos principios que rixen as democracias modernas é a separación de poderes, asi o expresaba Aristóteles na súa Política ou Montesquieu na súa obra "O espíritu das leis".
Fixádevos que digo teóricamente porque coido que no ano 2010, estados como o español non están cumprindo esa máxima. As cortes nomean aos membros do Tribunal Constitucional, os xuíces métense a ministros, os fiscais obedecen ordes dos ministros ...
E a conto de que vén todo isto? Que ten que ver con Taboadela? Hoxe celebrouse o pleno ordinario no cal o quinto punto da orde do día era "Elección de juez de paz titular" (para non desviar o tema non comentarei o feito de que o punto esté en castelán). Eu tomeime a molestia o día anterior de consultar a documentación do pleno para ver os méritos alegados polos candidatos.
Había dous, un era o actual Xuiz de Paz, Gerardo Quintas, o outro Ramón Martínez. Os méritos alegados polo primeiro eran o feito de ter desempeñado o posto durante varios anos e o de ter unha pequena empresa; de estudios, fomación específica,etc. non dicía nada. O segundo é licienciado en dereito, especialista en criminoloxía e adxuntava asimesmo documentación de moitos outros cursos relativos á xusticia e á administración.
¿Que pensaría calquera de vos? Eu diría que a cousa non ten cor, que o segundo levaría o posto de calle. Eso pensaría calquera... que non soubera como funcionan as cousas no Concello de Taboadela ... pero eu non, se tivese que apostar faríao sen dúbida polo primeiro. Agora me explico.
¿Qué méritos pensades que debe de ter un xuíz de paz? Supoño que diriades formación sobre aspectos xurídicos, formación sobre tarefas administrativas, tal vez actividade demostrada a prol dos máis desfavorecidos (ONGs, asociacións veciñais, ...), traxectoria profesional, etc.
Claro, eso pensariádelo vós, pero eu non. En Taboadela a cousa é máis sinxela que todo iso, o único mérito válido é: qué servizos tés desempeñado para o Sr. alcalde? que che debe o PP? cantas palmadiñas no lombo das cada día? cantos votantes carrexas en cada elección?
E como eu sei dos "méritos" do Sr. Gerardo Quintas pois non tiña dúbida do que ía pasar .. e así pasou.
Nese punto o voceiro do PP, señor Manuel Gallego Cid, dixo que o seu grupo opinaba que o mellor candidato era o sr. Gerardo pola experiencia no posto, polo ben que o tiña feito ata o momento e polo coñecemento do concello. Lóxicamente quedáronse sós nesa opinion porque todos os demais grupos votamos a favor de Ramón Martínez.
No nome dos concellais da oposición e das persoas con algo de vergoña neste concello, Sr. Ramón Martínez ... PERDÓN.
En momentos como este eu, e penso que moita mais xente, sentimos vergoña deste grupo de goberno ... pero tamén sentimos pena de algúns concellais. Como decía Xesús de Nazaret "Pai, perdóalles porque non saben o que fan", eu creo que moitos deles levantan a man porque a levanta o seu xefe, pero relamente non saben o que fan, ¿pensades que algún deles tivo a dignidade de examinar o CV dous dous candidatos?
24 março 2010
Pleno ordinario de marzo
Mañán xoves as 10 da mañán teremos o pleno ordinario de marzo. A orde do día é a seguinte:
1. Aprobación de actas de sesións anteriores
2. Mocións do BNG
3. Mocións do PSdeG-PSOE
4. Moción do PP
5. Eleccións de xuiz de paz titular
6. Aprobación do regulamento de servizo municipal de abastecemento de auga
7. Rogos e preguntas
As miñas mocións son duas, unha para pedir que se inclua un punto nos plenos no cal o sr. alcalde informe dos asuntos tratados no periodo (convenios asinados, autorizacións, xuntanzas, ...) e outro sobre a privatización dos servizos sociais por parte da Xunta de Galiza.
Sabedes que calquera pode asistir aos plenos asi que animádevos. Despois do pleno informarei dos resultados.
13 março 2010
nace un novo blog
A dirección do blog é a seguinte: http://www.ventodemaza.blogspot.com/
Espero que cunda o exemplo, poñer en marcha un blog é moi doado e digovos que é unha actividade moi gratificante escribir nel, sabendo que vas ser lido por outra xente, moit ou pouca, eso é o de menos.
Espero que todos vos visitedes o seu blog e vos fagades seguidores del para recibir un correo cada vez que Pablo publique unha nova entrada, eu xa o fixen.
Ánimo Pablo, loitemos polo galego, loitemos por Galiza, loitemos pola liberdade.
11 março 2010
Unha nova positiva que chega dende Madrid

Acabo de ler unha nova que me reenvian do BNG comunicando que un dos nosos diputados, Francisco Jorquera, ven de negociar unha proposición co resto de grupos para ser aprobada no congreso en relacións coas licencias de ocupación do espectro radioeléctrico.
Como sabedes a TV, a radio e a telefonía móvil fan uso do espectro radioléctrico, das "ondas" para as súas emisión. Salvo unha banda moi específica de frecuencias requírese unha autorización para emitir. Ata o de agora os concursos para adxudicar esas bandas de frecuencia eran sempre nacionais, a compañia que asume unha frecuencia faino para todo o estado.
Coa iniciativa que agora se vai aprobar permitiriase e favorecerase que estes concursos se fagan a nivel autonómico. Esto é moi importante porque como consecuencia do apagón analóxico van quedar moitas frecuencias libres que haberá que asignar de novo.
Outro dos puntos da iniciativa di que se retirarán as licencias as empresas que non as exploten nun tempo prudencial. E di tamén que se valorará especialmente as solicitudes que contemplen compromisos de cobertura no medio rural.
Como vedes ter a lo menos un representante no congreso é un asunto mi valioso para Galiza.
E en que nos afecta esto para Taboadela? Pois non diexamos de ser un concello rural asi que o feito de que aumente as posibilidades de cobertura de comunicación no noso territorio sempre é bo. Poderiamos mellorar a nosa cobertura de Internet e de acceso á telefonía móbil, ter mais canles de TV ... en galego, ou en inglés por que non!
Finalizo este "post" cunha solicitude. Se sabedes de algunha zona do Concello que teña mala recepción de TDT por favor decidemos. E tamén vos pediría outra cousa, indicádeme por favor se sabedes de algunha estrada en mal estado, de moitas xa sei eu pero pódenseme escapar algunhas.
07 março 2010
55 mentiras sobre o galego
O pasado día 5 de febreio presentouse simultanemanete en varias vilas de Galicia e do extranxeiro o libro titulado "55 mentiras sobre a lingua galega", coordinador por un amigo meu, catedrático na universidade de Vigo, Xosé-Henrique Costas.Eu fun á presentación en Allariz pero non puiden mercar ningún exemplar porque se agotaron rapidamente. De modo que non foi ata a semana pasada que o merquei. Remateino de ler onte.
É un libriño pequeno e barato (8 euros) que vos recomendo. Como o seu título di enumera 55 afirmación sobre o galego que soemos escoitar pola calle (os pais teñen dereito a decidir a lingua que queren para os seus fillos, o galego non serve como idioma de ciencia, etc) e expón uns interesante argumentos para desmontar esas falsedades.
Por exemplo, respecto da primeira delas comenta que seguindo esa lóxica os pais teñen dereito a decidir se os seus fillos teñan que estudar matemáticas, ou filosofía. Tamén di que entón un galego residente en Madrid podería pedir que os seus fillos se eduquen en galego. Lóxicamente son as autoridades académicas as que definen o programa educativo de cada ciclo, e non os pais.
É unha pena que fagan falta libros como este para explicar que o galego é a nosa lingua propia, que todos debemos de coñecela, que nunca estorba, que os estudantes galegos non son mais parvos que o resto nin teñen menor nivel de matemáticas ou de física por estudalas en galego. É unha pena que ata fai ano e medio non houbese problemas nin debate social co galego pero claro, chegou Galicia bilingüe, chegou Rosa Díez e o PP decidiu que non queria deixar escapar os votos dos antigaleguistas asi que fixo bandeira deste tema e asi estamos, cun novo borrador do decreto do galego que propón que galego, castelán e inglés participen ao 33% no curriculum educativo .. cousa que ahora matizan e din que non, que galego e castelán ao 50% .. pero eso xa era o que había ... vamos que o o mesmo do mesmo pero polo medio satanizamos aos nacionalistas, eses que odian todo o castelán, gañammos unhas eleccións e logo ... pois Dios proveerá.
E Taboadela segue igual, como por aca non parece que teñamos esos problemas metafísicos coa lingua, pois nos ao noso.
18 fevereiro 2010
Alcalde: parque empresarial ¡xa!
Hoxe acabamos de colocar unha pancarta co texto "Alcalde: parque empresarial ¡xa!". Fixemolo os tres grupos da oposición conxuntamente.Pode parecer un lema duro e mesmo pode parecer que o alcalde non ten a culpa de que a Xunta de Galicia teña o proxecto do parque empresarial do Val da Rabeda no limbo asi que quero explicar o motivo desta pancarta.
1) Dende a oposición se falou co grupo de goberno para que liderara as reivindicacións ante a Xunta de Galicia. Resposta: largas e mais largas
2) No pasado pleno queixemos presntar unha moción ao respecto, que foi rechaza por ser entregada fora de plazo, cando puido ser admitida polo procedemento de urxencia.
3) Se a Xunta non quere facer nada nos terreos adquiridos terá que ser o Concello o que busque unha solución: negociar coa Xunta, buscar outra localización. De momento non moveu un dedo ... que saibamos.
4) O responsable de que o Concello esté como está é o Alcalde, non queremos que este "tren", como tantos outros pase de largo.
En fin que a nosa paciencia ten un límite.
Puxen esa foto para ilustrar unha idea e unha frase histórica: o pobo unido xamais será vencido. Por nos no ha de quedar, pero nós non somos suficientes, precisamos o apoio do pobo para acadar a repercusión pública suficiente para que as autoridades pertinente se sintan un pouco "molestas" e decidan sacudirse a mosca cojonera ... eses seremos nos aguilloando e pinchando ata que se den por vencidos.
Este sábado as 10 da mañán haberá un pleno extraordinario para tratar este tema, pleno solicitado por todos os concelleiros da oposición. Queremos que a xente acuda, que o Alcalde se sinta presionado, que vexa que non e unha tolea de catro exaltados
Estamos facendo tamñen unha recollida de sinaturas para entregar na Xunta de Galicia pedindo que se aclaren dunha vez, que digan que queren facer neses terreos e cando. Se ainda non asinache chámanos (630626767).
E ainda temos corda para mais, desta vez non imos calar ata acadar o obxectivo: un parque empresarial para Taboadela.
31 janeiro 2010
Resumo do pleno
Paso agora a resumirvos o resto do pleno.
1. Aprobación de actas das sesión anteriores.
Pedinlles que modificasen a coestación do alcalde a miña pregunta sobre os custos dos concertyos de SoutoMaior para o Concello. Tiña posto "os concertos nada", cando realmente se dixera que "o equivalente a 3 ou 4 días de traballo dunha fersadora, un pisón e unha cisterna". Tamén o concellal do VETA pediu algunha outra rectificación.
2. Moción do grupo municipal socialista.
Era un proposta de obras para finaciar con cargo ao Plan E. Rechazouse cos 5 votos do grupo de goberno. Por se tiñamos algunha dúbida o tenente de alcalde dixo textualmente: "quen gobernamos somos nos e quen vai decidir o que imos facer somos nos". ¿Entón para que sirve o pleno?
3. Aprobación do regulamento do servizo municipal de abastecemento de auga
Deixouse pendente porque a oposición non coñecia o contido de dito documento.
4. Aprobación da taxa reguladora para a protección dos camiños rurais e vías públicas municipais.
Trátase dunha proposta para cobrar polo tránsito de camións pesados pola vías municipais. Preséntase coa intención de poder cobrarlle as empresas do AVE no seu momento. Eu chámolles a atención sobre algúns aspectos: haberá que cobrarlle a todas as empresas do concello (formigón, espiñeiro, granxas, etc, ¿quen vai controlar o cumprimento da norma? Ao final danse conta de que esa norma ia traer mais problemas que vantaxes e deciden deixala pendente.
5. Adaptación á lei orgánica de protección de datos
É un asunto de trámite habitual, apróbase por unanimidade.
6. Adhesión ó convenio de colaboración coa deputación para a constitución dunha agrupación de entidades locais para a tramitación telemática de procedementos administrativos.
Outro asunto de trámite, apróbase por unanimidade.
Antes de pasar a rogos e preguntas solicito que se admitan as mocións presentadas polos 3 partidos da oposición e mais duas que eu presentaba en solitario. Como xa indiquei nunha entrada anterior non se acepta porque non se considera urxente.
Rogos e preguntas (resumen)
Concellal do PSOE:
- Hai novedades respecto das xestións polo Val da Rabeda. Non contesta nada porque non está en condicións, espera facelo proximamente.
- Presentouse a liquidación das festas da familia. Si, na comisión de goberno de decembro. ( Comentario do Sr. Alcalde "...pois en tempos de crise hai que ter festas").
- O grupo municipal do PP presentou o ano pasado unha moción de ausetridade dos gastos municpais, sen embargo mantivo a comida de nadal, o cal non parece moi coherente.
-¿Está feito o inventario municipal de bens? Chegou onte.
Concellal do VETA
- Respecto dos gastos correntes (telefonía no campo de futbol, alumeado público, ...) oberva que se ioncrementan.
- ¿Por que non se puxeron os mismos badéns en TAboadela que en Pereriras para controlar o esceso de velocidade? A COTOP non o permite.
- ¿Como está o proceso selectivo de persoal? Non se fixo ningun contrato, so para axuda a domicilio. As oposicións están na fase de corrección de erros e selección do tribunal.
- Multa por non ter pasada a ITV dun vehículo do Concello. É que non se deron conta de que era un vehículo industrial.
- Pide a retirada dos materias de obra que siguen depositados diante do Mara.
- ¿En que queou o da GAlescola? Está parado.
Roga por último que se cumpran os acordos do pleno e que se presentes os presupostos en tempo.
Concella do BNG:
- Estado das pistas municipais, obras na estrada Reguenga-Telleria, auga correndo polo asfalto, ...¿teñen algún plan de conservación e limpeza das cuntas? so de limpeza das cunetas.¿van continuar coa política de asfaltado das pisats? si.
- ¿Como vai o asunto do ADSL de Santa Leocadia? repiten o do proxecto para instalar unha rede Wimax, pregunto se teñen conversas con Telefónica e dinme que si.
- Por enémisa vez pregunto polo das marquesinas ... segue pendente, ainda que agora recoñecen que non é un problema de "deseño" seón de cartos.
- Fagolles notar o custon da caseta do bar da piscina do San Xoan: 22.153 euros, a falta de algunha factura mais e de que a propia brigada do concello fixo algo. Pareceulles un custo normal.
- Fallos no funcionamento do TDT, pregunto se son conscientes e se informaron para tratar de solucionalo.
- ITV dos tractores: houbo fallos de información, non se sinalizaou convintemento o paso pola N-525 ainda que eu lles advertira do perigo. Pareceulles que todo estivo ben.
Disculpade pola extensión pero queria non deixar nada importante.
15 janeiro 2010
O parque empresarial do Val da Rabeda non é urxente para o Sr. Alcalde
O pasado xoves día 14 tivemos pleno no Concello, tiña que ser o día 7 pero polas razóns que sexa non foi.O luns día 11 presentamos unha moción asinada polos 3 grupos políticos da oposición para pedir a adopción de medidas encamiñazas a relanzar o proxecto do parque empresarial do Val da Rabeda, proque viamos que a cousa está mais que parada. O luns pola tarde deronos a convocatoria e vimos con sorpresa que esta moción, e outras duas que eu presentara en nome do BNG, non estaban incluidas na orde do día. Chegado o día do pleno preguntamos e dixéronos que xa tiñan a convocatoria feita do día 8 e que por eso non as incluiron. Ainda que legal esta é unha maneira de actuar nada "ética" coa oposición que non coñece cando se van celebrar os plenos con exactitude.
Visto o cal, no momento oportuno solicitamos que se incluiran ditas mocións polo procedemento de urxencia, algo perfectamente legal e bastante habitual. Entón o Sr. alcalde dixo que non o aceptaban porque as mocións foran presentadas fora de plazo, a Sr. secretaria corríxeo decíndolle que eso non impide que se acepten polo procedemento de urxencia. Entón o alcalde di que non se consideran urxentes e que por iso as rechaza.
Para que vos fagades unha idea da paciencia que tivemos, tratando de implicar ao grupo de goberno na tarefa de reivindicar a construcción dese parque empresarial resumovos a cronoloxía dos feitos.
Alá polo mes de outubro, cando se empezou a coñecer o borrrador dos orzamentos da Xunta de Galicia, vimos con sorpresa que a cantidade asignada para este proxceto era de 20.00o euros. Entón os concelleiros da oposición decidimos que tiñamos que movilizarnos en contra desa aldraxe. Quixemos coñecer a opinión do Sr. Alcalde para ver se podiamos contar co seu apoio. El remitiunos ao tenente de alcalde para que tivesemsos unha reunión, tras unha semana de espera coneguin falar con el, quen me dixo que estaba moi ocupado e que esperasemos unha semana, volvo a chamalo e outra semana mais de espera. Finalmente reunimonos á finais de novembro.
Nesa xuntanza recoñoceu que nos dera largas porque o Sr. Alcalde estaba tratando de reunirse co Conselleiro de Medio Ambiente. Díxonos que tiña concertada unha cita para o 17 de decembro e que xa nos informaría do resultado. Nos dixémoslle que non nos valían promesas ou boas palabras, que cumpria, senón unha modificación inmediata dos presupostos si un compromiso público de que se ia levar adiante o proxecto e que nos próximos presupostos haberia fondos para el. E dixémoslle que precisabamos ter información antes do pleno, para ver como actuariamos nel.
Chegou o 17 e ninguén nos chamou. No nadal eu mismo faleui co Sr. Alcalde quen me dixo que xa nos informarian no pleno pero que a cousa non pintaba ben de momento, que non había moito que facer. Eu díxenlle que nese caso nos, a oposición, estabamos obrigados a facer algo, porque a cousa non podía quedar asi.
Ainda que estabamos de acordo en presentar unha moción, quixemos agardar ata o último momento para ver se nos daban mais información, ou se había algun movemento ao respecto. O venres 8 recibimos a confirmación de que o pleno ia ser o día 14 polo cal o sábado 9 nos reunimos para redactar a moción e presentala o luns 11, como soemos facer habitualmente. O resto xa o sabedes.
En resumen, que o Sr. Alcalde pretende seguir dándonos largas, a ver ata cando pode chegar. Nos dende logo non imos quedar calados. Pronto teredes noticias das próximas actuacións a este respecto. Se queredes colaborar nas actividades de protesta que fagamos escribideme.
Seguidores
O único que tendes que facer é premer no enlace "seguidores". Podedes facervos seguidores "públicos" ou privados, que non aparecen na pantalla.
Animádevos que sempre mola ver que non escribes para ti so.
13 janeiro 2010
Nova lagoa en Taboadela
Trátase dunha estrada local do Concello de Taboadela e ainda que o pareza non hai ningún rio nos arredores.
Toda a auga que vedes non é mais que o resultado dun continuo descoido no mantemento das pistas do Concello. Non se limpan as cunetas, os tubos obstruense ... e a auga encora, reborda e cubre a estrada.
Esta fotografía foi tomada o día 13 de xaneiro de 2010.
Outra pista mais, o lugar está situada moi cerca das futuras vías do AVE, preto da entrada do futuro tunel, se é que finalmente se escolla a "alternativa 2".
Aproveito para decir que mañán xoves temos o pleno extraordinario de decembro ¿?, teredes cumprida información do que alí aconteza.


