05 novembro 2009

Plaza de Recaredo Paz Prieto

O pasado sábado tivo lugar no pobo natal de Recaredo Paz, en Pumar, un acto de homenaxe na súa honra coincidindo co primeiro aniversario do seu pasamento.
Este acto serviu para que se descubrise unha placa na súa honra na plaza principal dese pobo que a partires de agora se chamará plaza de Recaredo Paz Prieto.
O acto estivo ben, sinxelo, con discursos do Sr. Alcalde e o Sr. Baltar (non sei que pintaba neste acto pero ...) e mais unha verbas de agradecemento da súa viúva.
Cousas que non me gustaron:
1) O Sr. alcalde falando de espaldas a xente.
2) Os concelleiros da oposición non foron chamados polo Sr. alcalde para "formar" como corporación municipal.
3) O pe da placa co típico "... foi inaugurada polo Sr. Alcalde don Manuel ...". Aproveito para recordad que seguramente a única placa do Concello que non indica que "autoridades" a colocaron é a que se puxo o día da inauguración do Centro de Maiores por Anxo Quintana ... claro que logo alguén debeu de pensar que ali faltaba algo e colocaron ao seu carón outra con nomes e apelidos.
4) No discurso o Sr. alcalde dixo que el propuxera que se adicara esta plaza á memoria de Recaredo Paz e que a corporación aprobou por unanimidade esta decisión. Ata ahi todo verdade, o que pasa é que se esqueceu de decir que esa decisión foi tomada no pleno do 29/12/2008, no punto 8 da orde do día, e que o punto 2 era "mocións presentadas polo Sr. Concelleiro do BNG", unha das cales era "poñer o nome de Recaredo Paz a unha rúa ou plaza". Nesa moción pediase expresamente "adicar o nome dunha rúa ou plaza á memoria de Recaredo Paz. Se fose posible suxeriría a plaza do cruceiro do Pumar, fronte a súa casa natal".

En fin, quero quedarme co positivo e destacar o resultado, por primeira vez se recoñece neste Concello a labor dunha persoa altruista.

Sei que a súa nai se sentirá enormemente orgullosa cada vez que pase diante desa placa e que, como crente que é, pensará que o seu fillo recibirá no ceo o pago de todo o ben que fixo na súa vida.