
Nas últimas semanas o AVE está dando moito que falar en Taboadela. Primeiro foi a publicación da lista de expropiacións para o tramo Baños de Molgas-Taboadela, logo o anuncio das dúas alternativas para o tramo Taboadela-Ourense.
Imos analizar a actuación do Concello.
No primeiro caso eu pedín no pleno de setembro que se informase aos veciños, o Alcalde dixo algo así como que de que ía informar. Cando lle dixen que ese mesmo día o Alcalde de Allariz estaba en Outeiro de Laxe informando á xente dixo que cada un podía facer o que lle parecese. Non obstante debeu de reflexionar pois 3 días mais tarde apareceu un aviso convocando a unha reunión informativa.
Chegados a esa reunión atopámosnos que o que alí había era un avogado tratando de facer negocio, algo nos informou, insistiu na necesidade de presentar alegacións por todo e logo repartiu un modelo de contrato para asinar co seu bufete. Non sei se alguén lle firmou, eu dende logo non porque para presentar unhas alegación bástome eu so.
Pasemos ao segundo tramo. Hai dḉuas alternativas para este tramo, unha delas entra nun tunel aos pouco metros e asi cruza todo o concello, co cal o iumpacto ambiental e a contaminación visual é escasa. A outra alternativa vai case toda en superficie, con varios viaductos, como un dende as balletas Carro ata pasar a igrexa de Lama de Prado.
Hai un periodo de alegacións dun mes e parece claro que o Concello e os colectivos afectados debberían de pronunciarse pola alternativa do tunel. O pasado xoves tivemos unha xuntanza en Santa Leocadia para tratar este tema donde estivemos representantes dos 3 partidos da oposición ... ao grupo de goberno non se lle viu o pelo. Finalmente decidiuse solicitar un pleno extraordinario para tratar este tema que haxa un pronunciamento claro do Concello.
Preguntome eu: ¿o Alcalde non viu este proxecto? ¿se o viu non se decatou que unha opción e peor para o noso Concello que a outra?¿Ou se cadra do Mara para abaixo non estamos xa no Concello de Taboadela?Bueno, se cadra son un malpensado e o Alcalde xa tiña pensado presentar alegación sobre este tema, o que pasa é que se olvidou de comentalo coa xente!!!
Sem comentários:
Enviar um comentário