
Ainda que non son "aficcioando"· a escoitar misas hoxe era festa no meu pobo (A virxe do Rosario) asi que houbo que cumprir coa tradicción: procesión e misa. Todo ben ata que comezou o sermón. Oficiaba misa un cura que seguramente todos os do Concello coñecedes: don Antonio, de Mingarabeiza, antiguo párroco de Mariñamansa. Trátase dun cura de 85 anos, prototipo de mente retrógrada, anticomunista, antigalegista, profranquista e non sei canto mais adxetivos.
O caso é que o home empeza o seu sermón, por suposto en castelán, decidno algo asi como "hace 70 años, cundo yo era un chiquillo de 15 años, hubo en España una guerra entre el bien y el mal ...". Cando escoito esto flipo porque sei que discursos deses eran comúns fai 20 ou 30 anos pero a verdade e que nin dese señor me esperaba esto nos días de hoxe.
O home rectifica levemente decindo "no queiro decir que todos los de un lado fueran buenos ni que del otro todos fueran malos". Logo disponse a contarnos un dos episodios mais memorables desa guerra, que supostamente tería algo que ver coa virxe do Rosario: o asedio ao Alcazar de Toledo. Nese momento xa non puiden mais e sai da igrexa, non sen antes deixar unha grvadora para recoller o resto do sermón. Se atopo algo "interesante" colgareino neste blog.
Moito se fala de memoria histórica, e teño que recoñecer que este home memoria histórica ten, o que pasa e que un pouco mermada en algúns puntos. Penso que non se lembra dos "paseos" dos falanxistas, dos asesinatos dos maestros con ideoloxía de esquerda, dos presos que levantaron o Val dos Caidos. Non sei, se cadra o que pasa e que se esas cousas se fan"en el nombre de Dios" pois xa non é pecado.
Son unha persoa que respeto profundamente aos maiores, teñan as ideas que teñan, pero cando alguén se aproveita da súa situación de superioridade como neste caso, non podo aceptalo. E direivos mais: os reponsables son os que, coñecendoo ben, seguen a permitirlle subir a un púlpito a facer apoloxía da dictadura franquista.
Sem comentários:
Enviar um comentário