Segundo a organización xuntámosnos 100.000 persoas, segundo a policiía 50.000, segundo o PP ... O caso é que eu asistin á manifestación mais multitudinaria da miña vida, nin as do 25 de xullo nin as do 17 de maio acadaron este éxito. En Galicia seique foi a mais multitudinaria, despois da do Prestige, a que eu lamentablemente non puden asistir.
De todas as fotos que saquei destaquei a que tendes nesa páxina porque me pareceu alentadora, símbolo de que ainda non está todo perdido, de que a pesares da obsesión do PP coa nosa lingua e do evidente retroceso nas cidades ainda queda xente nova que quere falar en galego, porque lle peta e porque lle da a gana ... e porque está no seu dereito.
Fálase de que proximamente a plataforma "Queremos galego" vai iniciar unha recollida de sinaturas para unha iniciativa lexislativa popular. Espero que nese momento a cidadanía de Taboadela responda a esa chamada con valentía e con decisión.
En fin amigos, que a do galego é unha destas batallas que hai que dar, ainda que non sirva para gañar votos, ainda que alguns nos tilden de extremistas, ainda que o nacionalismo galego esté so nesta loita. Un popbo ten dereito a conservar os seus sinais de identidade, a súa bandeira, o seu himno, as súas festas e romarías, as súas costas e montes, e por suposto A SÚA LINGUA.
QUEREMOS GALEGO!!!!!

