28 setembro 2009

Pleno de setembro (III)


Continuamos co tema do pleno de setembro ...

Punto 4: organización do homenaxe a D. Recaredo Paz no aniversario do seu pasamento.

Soamente se nos dixo que tiñan a intención de facer unha homenaxe a Recaredo Paz no cabodano do seu pasamento e inaugurar unha placa co seu nome na plza situada diante da súa casa, no Pumar.

Preguntamos que había sobre a proposta de facer unha remodelación de dita plaza pero dixeron que de momento nada.

Punto 5: rogos e preguntas

Toma a palabra o portavoz do PSOE, Álvaro Vila, para decir que eles non presentaron mocións nin iban a facer preguntas como medida de protesta pola actitude do Alcalde cunha persoa que solicitou traballo na empresa que se adxudicou a axuda no fogar. Segundo o escrito que el memso leu esa persoa foi chamada ao Concello, ao despacho do Sr. Alcalde, donde este lle votou en cara a sú afiliación política (PSOE) e por suposto lle dixo que estaba rechazada.

Continue eu coa lista de preguntas que reproduzo a continuación:

1.¿Temos xa un modelo de marquesiña do gusto do Sr. Alcalde para instalar en Pazos-Silvosiño? (resposta: ainda non)
2.¿Sabemos xa o día en que se vai facer a revisión da ITV dos tractores? (resposta: está publicado, será en novembro, porase un bando)
3.Segue sen colocar a tapa da arqueta da traída de auga situada preto da igrexa da Rabeda, ¿cando pensan arranxalo? (resposta: en breve)
4.Por certo, cando as desbrozadoras limpan os foxos (cunetas) soen levantar algunha tapa, prégolle lles pida que teñan coidado de colocalas de novo.
5.Recentemente instalouse un transformador de Fenosa en Pazos, ¿cederonse os terreos gratuitamente? (resposta: ¿o Sr. Alcalde cre que si?)
6.¿Que coste supuxeron para o Concello os concertos de Soutomaior? (resposta: o equivalente a 3 ou 4 días de traballo dunha fresadora, un pisón e unha cisterna)
7.¿Que coste supuxo para o Concello a festa da familia? (resposta: ainda non se sabe)
8.Agora que temos beirarruas ata o San Xoan, ¿non lles parece que vai sendo hora de retirar as “estatuas” de formigón que hai alí? (resposta: vaise mirar)
9.No pleno do 25/6/2009 pedín unha listaxe das asociacións rexistradas no Consello, ¿cando pensan facilitarmo? (resposta: pode pedila cando queira)
10.¿Revisáronse ese ano as bocas de incendios? (resposta: si, O interpelante fai notar que a lo menos unha situada no Abeledo non foi limpada, respóstase que seguramente se esqueceron desa)
11.Gasto de 5220 € para Consultora Gallega na Xunta de Goberno Local do 11/6/2009, ¿para que foi? (resposta: gastos referentes á redacción do PXOM)
12.Na Xunta de Goberno Local do 11/6/2009, punto 10, fálase de “memoria para ampliación e acondicionamento de local coin destino a Sala de Velatorios en Taboadela”, ¿donde é? (resposta: en San Xurxo) ¿e como está o tema? (resposta: estase traballando)
13.¿Vai a informar o Sr. Alcalde aos veciños en algún sentido en relación co trazado do AVE? (resposta: non ten inconvinte)
14.¿Sería posible instalar unha ADSL nos locales veciñais? (resposta: ¿?)


Finalizou o Concellal do VETA cunha serie de preguntas das que lamentablemente non tomei nota. Recordo que preguntou pola concesión das piscinas, por algúns gastos relacionados co futbol, polo velorio de San Xurxo e pola posibilidade de empregar a Biblioteca para impartir un curso de informática.

Uf!! por fin rematei, mira que nos dou tempo a falar de ben cousas!!

27 setembro 2009

Pleno de setembro (II)


Seguindo co tema do Pleno.

A segunda moción que presentei trataba sobre a implantación dunha planta de biomasa na Reitoral da Rabeda.
Nós non nos opomos á instalación de plantas deste tipo, senón a que se instale precisamente nese lugar, cando temos por exemplo 1 millón de metros cuadrados na futura zona industrial.
Entre as razóns aducidas están a proximidade a casas e pobos, o ruido e polvo que xeran ou a ausencia na zona de material combustible para ese tipo de plantas.
O que pediamos ao pleno é que se manifestase en contra deste proxecto é que se informase á veciñanza dos pros e contras da mesma.
Votación: 4 a favor e 5 en contra, rechazada.
Eu, como Concellal do BNG, xa tiña presentado por escrito as oportunas aelgación, que espero contribuan a que a Xunta non de autorización para a instalación desa planta.

A terceira moción iba sobre o TDT e ADSL. Eu cría que no Concello había zonas donde ver a TV non era doado, e dendo logo sei que hai zonas sen ADSL. O que eu pedía coa moción era que se fixese un estudo técnico serio para coñecer a cobertura de ambas tecnoloxías, logo que se falase coas institucións pertinentes para que nos apoisan á hora de solucionar este problema e por último que se aportasen fondos municipais se fose preciso para arranxalo.
Resposta: cobertura de TV hai en todo o concello sin ningún problema, e xa está no tema pois encargaron un estudio para solucionar o da ADSL.
Polo tanto rechazaron de novo a moción. Prégolle a calquera que teña problemas de recepción de TV que mo diga, ou que llo diga ao Sr. Alcalde para facerlle ver que se cadra non coñece moi ben os problemas dos veciños.

Imos pechando que non me gustan os rollos moi longos. Na terceira entrega rematarei o referente a este pleno.

24 setembro 2009

Pleno de setembro (I)


Ola a todos,

hoxe pola mañán tivemos pleno no Concello asi que vou adicar unhas cuantas entradas a comentar o mais relevante
Tras aprobar a acta da sesión anterior, con algunha intervención do Concellal do VETA pasouse a presentar as mocións presentadas por min mesmo en nome do grupo mixto
A primeira delas era relativa ao bono social da tarifa eléctrica e básicamente o que pedía era que se pedise ao Ministerio de Industria que extendese o bono a mais beneficiarios, á Xunta que fixese unha campaña informativa ao respecto e ao propio concello que orientase e asesorase aos veciños.
Respóstaseme que xa se está a asesorar. Entramos nun debate no que me quedou claro que moi ben non deben de asesorar cando me discutiron que se un abonado ten contratado mais de 3 Kw xa non ten dereito a el. Finalmente coinvencinos de que non,d e que hai outras vías como maiores de 60 anos con pensións mínimas, familias numerosas ou parados.
Quedamos en que eles van a sesorar moi ben asi que a calquera veciño que me pregute a resposta vai ser: pasade polo Concello que eles xa vos asesoran !!!

Por suposto a moción votouse a foi rechazada cos 5 votos do grupo de goberno.

Bueno, xa me está quedando larga a cousa asi que mañán outra entrega.

19 setembro 2009

Acabáronse as vacacións


Estimados lectores ... poucos pero selectos.

Acabáronse as vacacións e xa estamos de novo traballando, levando os nenos ao colexio ... e con moitas ganas de traballar por este Concello.

A próxima semana haberá pleno ordinario no Concello. O luns presentarei as miñas mocións que vos adianto tratan do seguinte:
1) Servizo de asesoramento para solicitar o bono social na tarifa eléctrica
2) Posición en relación coa implantación dunha industria transformadora da biomasa na Rabeda
3) TDT e ADSL para todos

Se calquera veciño ten algunha pregunta que queira que faga en pleno ou me suxire unha nova moción estarei encantado de facelo.

Despois do pleno comentarei neste blog o mai destacado do mesmo.

Xosé Antón Vila.
Concellal do BNG en Taboadela