27 junho 2009
libros de texto ... gratis ... vaiche boa!
Nunha primeira análise pódese pensar que é unha medida progesista, axudar aso pobres e que os ricos paguen, pero ... consideramos "rica" a unha familia que ten 21.600 euros de ingresos anuais?
A quen realmente lle importa un pioto se hai que pagar os libros ou non son aos que gañan 50.000 ou 60.000 euros, a esos moléstalles menos que unha area no pe.
Hoxe escoitei na radio a un alto cargo da Xunta decindo que con esta medida se posibilita que os rapaces podan pintar nos libros e mesmo formar unha pequena biblioteca, porque os libros serán seus e ao acabar o curso podenos ir pondo na estantería. Primeiro, esta persoa non debe ter fillos porque en non coñezo ninguén que teña na súa biblioteca os libros do cole ... en todo caso nunha caixa no faiado. Hai libros ben mellores para ir conformando unha biblioteca. Segundo, os rapaces hoxe tamén poden pintar, non nos libros pro si nos cadernos que os acompañan, nas fichas, nas libretas, etc.
Finalmente vou a darvos a miña opinión dequen son relamente os beneficiados con esta nova norma: as grandes editoriais. Coa política do anteriro goberno os libros eran propiedade do colexio que os cedia aos estudantes, que os devolvian a finais de curso. Deste xeito un mesmo libros podía servir para 2 ou 3 anos polos menos, so se repuñan os libros estragados ou perdidos. Agora ... libros novos todos anos, e seguramente volveremos a época na que os libros dun ano non servian para o seguinte. Conclusión: as editorias vendes mais libros ... e gañan mais cartos ... e seguro que invitan a cear a Nuñez Feijoo e compañía para celebralo.
Imos para atras, como os cangrexos ... espero que non cheguemos a época na que era obrigatorio rezar e cantar o "Cara al sol" nas escolas.
26 junho 2009
Resume do pleno ordinario de xuño
- Aprobouse a ordenaza reguladora do servizo de axuda no fogar, tanto para persoas dependentes como non dependentes. As cuotas a pagar por parte dos usuarios oscilan entre os 10 e os 14 euros, ainda que para as persoas de rentas baixas será gratuito. Está pendente ainda a súa implementación pero todo parece indicar que se vai externalizar, ou sexa contratalo a unha empresa. Eu apoiei a ordenanza, pero estarei en contra da privatización do servizo se finalmente se fai así.
- Na parte de rogos e preguntas, o concellal do PSOE preguntou entre otras cousas polo programa de Xabtar na casa e dixeronlle que xa se poden tramitar solicitudes e que pronto empezará a funcionar. Sobre a recollida anual de trastos vellos dixeronlle que sería a finais de agosto.
- O concellal do VETA preguntou sobre un recibo de teléfono correspondente ao campo de futbol de 300 euros. Díxoselle que foi un erro e que están tramitando a reclamación correspondente. Neste punto enterámosnos de que acaban de por unha liña ADSL no campo de futbol. Eu nese momento acordeime dos veciños de Sanbta Leocadia, Pasadán, Reguenga ...
- Pola miña parte preguntei empecei coas preguntas que levo facendo pleno tras pleno sen atopar resposta convincente: a marquesina de Pazos, unhas alcantarillas sin tapa e moi perigosas, a plaza e homenaxe a Recaredo Paz (parece que no seu cabodano imos ter noticias). Logo preguntei pola política de control de acceso as piscinas porque me pareceu que o ano pasado no habia moito control ... este ano vai a ser o mesmo. Preguntei por un convenio que asinou o Concello para a recollida de aceite usado, van a por dous puntos de recollida pero non saben ou non me quixeron decir onde. Preguntei por unha factura de 600 euros para "parque infantil", dixeronme que fon para Pasadán e para a escola infantil, e que ainda teñen aparellos pendentes de instalar ... non se sabe donde. Preguntei sobre o compromiso que había de ceder os locais as asociacións e a publicación dun regulamento sobre a concesión de subvencións ... todo sigue pendente. Por últimop a respeito da política de prevención de incendios pedin que se puxesen novos bandos recordandoa obriga de limpar as fincas proximas aos pobos, que se revisasen as bocas de incendios, que se informase dos números de teléfono de emerxencia, que se axilizase a limpeza de beirraruas e zonas de propiedade municipal e que se repartisen palas de goma nas asociacións ou locais que se considerasen axeitados. Resposta: xa están facendo moitas cousas ... non se vos as vedes!!
14 junho 2009
A democracia total
Eu teño un fillo na ESO asi que este venres recibin a famosa "enquisa do galego", na cal preguntannos aos pais se queremos que as materias troncais se impartan en galego, a maioría en galego, unhas en galego e outras en castelán, a maioría en castelán ou todas en castelán.
Tamén nos preguntan polo idioma no que deben estar os libros e se queremos materias en inglés.
Teño sensacións contrapostas. Por unha parte estou ledo xa que esto é síntoma de que estamos entrando nunha democracia directa, ahora xa non eleximos aos nosos represnetantes para que elaboren leis, senón que lexislaremos nos mesmos.
Xa me imaxino cando nos pregunten se queremos que os nosos fillos estuden matemáticas ou non, se queremos que haxa TV pública ou non, se queremos que continuen as prestacións por desemprego ou non, ou se queremos que baixen os impostos ou que suban.
Por outra banda estou apenado porque sei que non estamos no país de Alicia, sei que non é posible preguntarlle a xente por cada aspecto lexislable, nin xiquera sería aconsellable, ¿cal sería o resultado se non preguntan se queremos subir os impostos? E sin embargo se o analizamos a fondo sería bo que subisen os impostos ... menos para os ricos claro.
Todos sabemos que a causa desta enquisa é un intento de Nuñez Feijoo de sair do lío en que se meteu cando prometeu en campaña que ia derogar o decreto do galego. Ahora sabe que non debería de facelo, e que se o fai ía ter moito protesta social, pero non quere inclumplir a súa promesa. Solución ... facer o que diga a xente e lavarse as mans ... todos sabemos o de Pilatos non si?
Ademais a enquisa está posta de xeito que finalmente farán o que queiran. Saia o que saia "interpretarán os resultados" e, segundo a miña opinión deixarán a cousa mais ou menos como está ... pero cumplirían a súa promesa.
Quero pensar que a xente é suficientemente intelixente como para cubrir a enquisa como lle pareza, pero para protestar por este engano, e para decirlle a Feijoo que cumpra as súas promesas e non delegue no pobo.
Por certo, sabedes que finalmente se vai manter o Consorcio Galego de Servizos Sociais, e tamén Seaga, e que de momento non se derogou ningunha lei urbanística. Ou sexa que non deben de estar tan mal!
Se pensades coma min que o galego é a nosa língua, que todos deberíamos de coñecela, que aos rapaces non lles supón ningunha desvantaxe recibir algunhas materias en galego, que as cousas funcionaban ben ata o de agora, que non hai conflictos nas aulas en relación coa lingua ... pois cubride a enquisa pensando en todo iso.
01 junho 2009
IMOS A EUROPA ... VES!
Estamos xa na recta final da campaña das europeas. Unha campaña insulsa, polarizada, na que se fala de todo menos de política europea, das coutas do leite, dos asteleiros galegos, das zonas desfavorezidas, do papel das nazóns sen estado en Europa ...
O mércores hai un mitin en Ourense as 20:00, a ver se facemos un esforzo e acadamos un aforo decente. Cousa dificil nesta campaña na que o BNG está desaparecido da TV e dos xornais
Está dificil pero con algo de esforzo poremos a Ana Miranda no Parlamento Europeo, e teremos voz tamén eu Europa ... que falta nos fai.
A unión a fai forza!!!