Onte e hoxe tivo lugar no Congreso dos Diputados o Debate sobre o estado da nación. Aparte de que é un verdadeiro coñazo e que se fai interminable ten as súas cousas boas.
Habitualmente sirve para que o Presidente de turno lanze unhas cantas medidas impactantes, neste caso foron as medidas contra a crise (axudas para a compra de coches, ordenadores para os estudantes, modificaciónas nas axudas para a adquisición de vivenda, ...). Tamén para que o lider da oposición se empeñe en asegurarnos que o goberno non está a facer nada ... pero el tampouco nos di que habería que facer.
Pero este ano a min serviume para algo mais, para darme conta da importancia de que o BNG teña unha representación nese parlamento. Cando hoxe escoitei a Francisco Jorquera falar do problema de Astano, da situación crítica dos gandeiros galegos e do problema do custo dos servizos públciso en Galiza, dinme conta de que se non fose por él a palabra Galiza non sairía nin unha soa vez.
Non quere decir que a súa intervención sirva para moito, pero a lo menos fai que en toda España se enteren dos problemas que nos afectan a nos. E tamén obriga a que o Presidente polo menos responda, co cal ten que pensar xiquera un pouco para contestarnos sobre o moito que o goberno fai polo noso País.
Sem comentários:
Enviar um comentário