27 maio 2009

Congreso do BNG

Con algo de retraso pero subo hoxe esta entrada para comunicar que os afiliados do BNG de Taboadela ... casi todos, estivemos en Santiago o día 10 de maio no Congreso Extraordinario do BNG para elexir ao novo Consello Nacional, á Executiva Nacional e ao portavoz nacional.

Na foto están de pe Toño, Esther, Manolo e Antonio. Diante Noelia e mais Antón, un servidor.

Agardavos que esta nova dirección leva ao BNG polo bon camiño por que Galiza precisao, non podemos permitirnos o luxo de perder todos os avances acadados nos últimos anos.

Adiante co BNG!

14 maio 2009

A importancia do BNG en Madrid

Onte e hoxe tivo lugar no Congreso dos Diputados o Debate sobre o estado da nación. Aparte de que é un verdadeiro coñazo e que se fai interminable ten as súas cousas boas.

Habitualmente sirve para que o Presidente de turno lanze unhas cantas medidas impactantes, neste caso foron as medidas contra a crise (axudas para a compra de coches, ordenadores para os estudantes, modificaciónas nas axudas para a adquisición de vivenda, ...). Tamén para que o lider da oposición se empeñe en asegurarnos que o goberno non está  a facer nada ... pero el tampouco nos di que habería que facer.

Pero este ano a min serviume para algo mais, para darme conta da importancia de que o BNG teña unha representación nese parlamento. Cando hoxe escoitei a Francisco Jorquera falar do problema de Astano, da situación crítica dos gandeiros galegos e do problema do custo dos servizos públciso en Galiza, dinme conta de que se non fose por él a palabra Galiza non sairía nin unha soa vez.

Non quere decir que a súa intervención sirva para moito, pero a lo menos fai que en toda España se enteren dos problemas que nos afectan a nos. E tamén obriga a que o Presidente polo menos responda, co cal ten que pensar xiquera un pouco para contestarnos sobre o moito que o goberno fai polo noso País.

09 maio 2009

Manifesto pola lingua

Esta entrada débolla a miña compañeira Noelia que me pasou este interesante ...

MANIFESTO POLA LINGUA por Xan Guillén Vázquez

Hai galegas que soñamos con arrolar aos nosos nenos en galego, en sentirnos normais cando lles falamos no parque e cando mandamos o noso curriculum na nosa lingua. 
 
Hai galegos que soñamos con facer o amor en galego, e poder ver cine na nosa lingua e darlles aos nosos fillos xogos en galego. 
 
Hai galegas que soñamos con volver escoitar nos patios dos colexios “non vale furaaaaar” e mestras que rifen aos meniños por tirarlle terra ao compañeiros. 
 
Hai galegos que soñamos con pais e nais que pidan aos mestres máis clases de galego, non porque sintan que son importes para o futuro máis ben porque son imprescindibles para o presente.  
 
Hai galegas que soñamos con políticos audaces que non utilicen a lingua coma unha mercancía electoral se non coma unha vacina contra o pensamento único e a intolerancia social. 
 
Hai galegos moi sabios que estamos convencidos de que nin os descoñecidos, nin os médicos, nin as avogadas, nin os notarios, nin as empregadas das tendas de moda, nin as nenas do veciño cos que imos no ascensor nos entenden se falamos na nosa lingua. 
 
Hai galegos que sabemos que o galego non precisa leis para medrar (acaso Celso Emilio tívoas para declararlle o amor a Moraima?) pero que piden que os seus dereitos sexan recoñecidos. 
 
Hai galegas aos que se lles enche a boca de ledicia cando ven que o outro fala galego por primeira vez, sen colocar ben os pronomes pero sabendo que aí comeza unha nova historia de amor. 
 
Hai galegos que sufrimos cando se nos chama impoñedores mentres vemos esmorecer a nosa lingua e aos que nos gusta saber outras linguas igualmente ricas e gozamos cos grandes clásicos da outras culturas pero que a que sentimos coma nosa é a lingua galega. 
 
Hai galegos e galegas que sentimos a lingua como unha alfaia da gran familia galega, moi, moi valiosa que fomos herdando e que non estamos dispostos a deixala perder polo cal... 
 

Manifestamos o noso desexo de darlle mil primaveras máis á lingua galega con decisión, con valentía e con coraxe. Non pararemos ata que a nosa lingua floreza e dea froitos. 
 
Manifestamos que estamos fartos de que a lingua sexa un arma para denunciar, para gañar votos, para perdelos, para falar de imposicións para facer mofa, para impoñer presuntas liberdades. 
 
Manifestamos que calquera galego perde algo se lle cortan a lingua e que os nenos e nenas galegas só poderán falar galego se llo ensinan e só o amarán se o coñecen por usalo. 
 
Polo cal, sabendo que temos na nosa caluga a mirada de todos os nosos devanceiros e cheos de responsabilidade, pedímoslle a pais, nais, avós avoas, mestres e mestras, médicos, avogadas, mozos, mozas, e sobre todo políticos e políticas desta terra a defensa da nosa lingua con valentía e sen partidismos. Que xa está ben de botarnos na cara non-sei-que-cousas sobre bilingüismo, diglosia, imposición, harmonía, conflito, Galiza-Galiza, probable-probabel... que a nosa lingua está viva pero ten síntomas de enfermidade e que os enfermos e os médicos somos nosoutros e nosoutras e que só se nos arremangamos e nos botamos a andar coa nosa lingua por diante seremos quen de botala adiante e se non somos quen iremos ao camposanto das linguas mortas e sen fillos e choraremos por ela


Charlas no Centro de Maiores


Esta semana son as festas de San Miguel en Taboadela e no Centro de Maiores prepararon un interesante programa de actividades.

Onte, día 8 inaugurouse unha exposición fotográfica e houbo unha misa, un ágape e logo un baile coa banda de gaitas da Deputación. Tamén fixeron unha alfombra floral, a que vedes na foto.

Para a semana que ven teñen programadas unhas charlas moi interesantes:

Luns 11 as 16:00 "Habilidades para o coidado dos maiores"

Mércores 13 as 16:00 "O botiquiín doméstico e primeiros auxilios"

Luns 18 as 16:00 " A lei de depedendencia"

Mércores 20 as 16:00 "Estratexias para mellorar a memoria"

Martes 26 as 16:00 "Tratamentos anticoagulación, sintrom"

Mércores 17 as 16:00 "Recursos sociais para maiores"

E tamén teñen unhas xerontolimpiadas o venres 15 as 10:30 e un obradoiro de cestas primaveirais o venres 22 as 16:00.

O pexe das festas será o venres 29 de maio cun festival de actuacións de maiores e nenos as 11:00 e yunha actuacións das pendereteiras da Rabedas as 16:00

Por fin temos algo do que sentirnos orgullosos en Taboadela: temos o mellor Centro de Maiores do mundo. Recoméndovos que vos pasedes por alí para asistir a algunha destas actividades e o comprobedes por vos mesmos.

Mónica e compañía: meus parabens e moito ánimo.

03 maio 2009

Pleno do Concello (II)

Seguimos ....

A primeira moción do grupo mixto era sobre a necesidade de dispor dun local en Taboadela para uso das asociacións constituidas legalmente neste pobo. Dado que non existen locais públicos susceptibles de ser empregados para tal uso proponse que o Concello subvencionase o alugueiro dun local. A moción foi rexeitada polo grupo de goberno aducindo que de momento non estan por pagar aluguer ningún.

A segunda moción era sobre o adecentamento do local do lavadoiro situado na praza do Campo de Taboadela. O portavoz do grupo de goberno dixo mais ou menos que "estamos trabajando en ello" e contouno todo o que levan feito ... ou intentado facer pois de momento non se fixo nada. En conclusión que a moción foi rexeitada polo grupo de goberno. E aqui soltou o noso Alcalde outra das súas perlas, decíndolle a Xosé Antón Calviño, defensor da moción "Sr. Calviño, a moción rexéitase, está vostede de acordo?".

Turno de preguntas. Empeza o portavoz do PSOE preguntando se se sabía onde ía situarse o velorio municipal que se pensa construir. Resposta: non está decidido.Pregunta sobre a comisión de urbanismo. Resposta: non se vai a constituir. Pregunta sobre o transporte cara o Centro de Saúde. Resposta do Sr. Alcalde "que se vaia arreglando co que hai que mais non se vai facer".

Pregunta sobre a contratación de peóns xardineiros (número, función, ...). Non lle contestan. Pregunta sobre o acceso a ADSL en Sta. Leocadia. Resposta: xa pediron un presuposto para unha cobertura sen fios e sae en 96.000 €, que se considera moi caro. Tamén din que fixeron xestións con Telefónica.

Pregunta sobre o progama Xantar na Casa e danse datos do custo do servizo (o usuario terá que pagar 1,85 €/día). Pregunta sobre o modelo para cesión de locias as asociacions veciñais. Resposta: síguese estudando. Pregunta sobre as obras da curva do río. Resposta: non se acabarona ainda por falta de cartos. Por último protesta pola grava depositiada diante do Centro de Maiores.

Empezo o meu turno comunicando a rotura de duas arquetas de alcantarillado, en Silvoso e preto da igrexa da Rabeda. Logo pregunto pola ITV itinerante, dinme que en Taboadela virán o día 12 de novembro. Pregunto se se vai facer recollida de enseres e dinme que no veran como o ano pasado. Pregunto sobre o praza para Recaredo Paz e respóstanme que están mirando o tema do homenaxe (pero da praza non me din nada). Digo que o ano pasado, en relación co plan de igualdade so se fixo a presentación do mesmo e pregunto se este ano se fixo algo mais. Resposta: nada. Por último pregunto por enésima vez pola posibilidade de por unha marquesina preto da Escola da Rabeda, e a resposta é a mesma de sempre: está en estudio. Debe se ser unha cousa moi complexa pois leva en esudio mais dun ano, se cadra precisan informe de patrimonio, estudio medioambiental, plan de evacuación de emerxencia, estudio de seguridade sísmica, ...

En último lugar toma a palabra o portavoz do VETA para preguntar pola proba de BTT (bicicleta de montaña) e dinlle que se vai fcer o día 17 de maio. Pregunta se hai prevista algunha convocatoria de subvencións. Resposta: non. E por último pregunta polo pago do polbo da festa da familia. Despois de un pequeno rifi-rafe a conclusión é que polbo comprometeuse a pagalo a Deputación pero que a estas alturas ainda non o fixo.

E esto é todo, como vede o pleno operativamente sirve para pouco pois todo o que pide a oposicion se rexeita sistemáticamente e o grupo de goberno non presenta nada novo.

Se alguén quere mais información de algún punto que me chame por teléfono ou me escriba un correo.

Pleno do Concello (I)

O pasado día 20 de abril tivemos o pleno ordinario correspondente ao primeiro trimestre.

Os puntos da orde do día eran:
1. Aprobación da acta da sesión anterior
2. Dar conta da aprobación da liquidación do orzamento do ano 2008
3. Aprobación do orzamento do ano 2009
4. Mocións presentadas polo grupo municipal do PSdeG-PSOE
5. Mocións presentadas polo grupo mixto
6. Rogos e preguntas

Comentovos agora algúns detalles. Eu votei a favor nos puntos 1 e 2 pero abstívense no punto 3 dado que os orzamentos, ainda que técnicamenta poidan estar correctos non presentan uns proxectos de actuacións concretos para as invesrsións, non van acompañados de normativas, por exemplo no tema das asociacións ou de cultura, etc.

A primeira moción presentada polo PSOE era sobre o Plan director do Val da Rabeda, pedía que se declarase o proxecto de interés prioritario para o Concello e se instase a Xunta a continuar co proxecto. No debate o portavoz do grupo de goberno vei a decir que xa estaban niso e dixo que "o pai desta criatura foi o que agora é Presidente da Xunta de Galicia" (!!!!). O Alcalde apopostillou decíndolle ao portavoz do grupo socialista "tu desto non sabes nada". A moción foi rexeitada cos votos do grupo de goberno e apoiada por toda a oposición.

A segunda moción do PSOE era sobre a posibilidade de conectar o colector de augas residuiais de San Fiz co de Torán. Dende o grupo de goberno rexeitouse a moción por ter sido xa estudada pero resultar moi cara e complexa. Eu neste caso abstivenme por falta de coñecementos técnicos sobre este caso concreto.

Como esto xa se alonga mais do debido continuo en outro comunicado.