Consumaronse os feitos, xa temos novo presidente da Xunta.
Penso que xa todos os nacionalistas temos "dixerido" a derrota electoral e temos feito exame de conciencia polos nosos "pecados".
Agora toca falar do novo presidente. Se nos atemos aos discursos como candidato a cousa está negra: vai botar abaixo todo o avanzado na anterir lexislatura (Consorcio de servizos sociais, decreto eólico, lei de normalización lingüistica, ...)
Sen embargo, se nos fixamos no discurso de investidura a cousa xa non está tan clara, falou de revisar so "as cousas mal feitas", falou de retomar o tema do estatuto, falou de chegar a acordos coa oposición ... Se cadra deuse conta de que unha cousa é "mitinear" e a outra é gobernar.
Unha cousa está clara, a xente non lle vai tolerar que Galiza retroceda en vez de avanzar. Se Feijoo decide adicarse a destruir en vez de crear vai ter ao pobo en contra. Penso que hai moiota xente que nso pasadas eleccións non botou ao BNG como castigo e porque pensaba que se ia acadar igual o goberno da Xunta pero ahora están decidios a dar a batalla por Galiza.
Trema señor Emperador, miles de Espartacos están dispostos a loitar pola súa terra!!!
Sem comentários:
Enviar um comentário