Hoxe 23 de abril, día do libro, tivo lugar o acto solemne de entrega do premio Cervantes ao escritor Juan Marsé.Viña no coche escoitando a radio e puxeron un fragmento do seu discurso que ma pareceu moi interesente. Falou do Quijote e fixo unha análise moi interesante.
Todos os que léstedes o libro saberedes que o Don Quijote miraba para os muiños de vento e non seu canto vía xigantes. Pois decía Juan Marsé que non debemos extranarnos tanto nin pensar que son cousas que non pasan na vida real, ou que son cousas do pasado.
Dixo que non temos mais que fixarnos nas "armas de destrucción masiva" que fai uns anos vían uns cantos iluminados ... e que logo resultaron non ser mais que uns zapatos ... voadores engado eu.
E engado eu tamén, don Quijote púxeso tolo de tanto ler libros, que lle trastocaron a memoria ... hoxe en día hai que ser medianamente instruido para que os "medios de comunicación" non che "trastoquen o cerebro" e póñovos un exemplo.
Teño unha tía que escoita moito a radio, sobre todo emisoras tan imparciais e sans como Radio María ou a cadena Cope. Fai xa algún tempo recordo que a fun a visitar e a muller estaba toda preocupada porque escoitara que "España iba a romperse", loxicamente un aspecto que lle afectaría a ela moitísimo. En outra ocasión o problema era que "o Zapatero iá quitar as pensións".
Ben, non sigo, penso que todos sabedes o que quero decir ...
