23 março 2009

Proximo pleno do Concello

Amigas e amigos,

O xoves da semana que ven correspondería celebrar o pleno ordinario do trimestre pero a semana pasada avisaronnos de que se retrasaría ata despois de Semana Santa. O que non nos dixeron é o motivo!

En todo caso quería decirvos que se hai algo sobre o que queirades preguntar, algo que queirades pedir ou algo que queirades criticar estou a vosa disposición para plantexalo no Pleno.

Teño non obstante que decir, como xa llo teño dito a moita xente en privado, que se tendes algo que pedir, mellor que non sexa eu quen o pida, nin ningun outro membro da oposicón, porque entón case podedes ter por seguro de que o Ilustrísimo Sr. Alcalde non volo vai conceder.

As probas me remito, ata ahora teño pedido en varias ocasión unha marquesina para a Escola da Rabeda, poñerlle a unha rua ou praza o nome de Recaredo Paz, que se mellore a sinalización das estradas e pobos, que se arranxen algunhas cousas (arquetas rotas, vallado de sitios perigosos, ...). Non me lembro de que se atendese a ningunha ... bueno minto,  lembro que unha vez lle pedin que correxise un pequeno erro de sinalización (ver imaxe) e a verdade é que fixeron ben pronto ... penso que por vergonza.

Aproveito esta mensaxe para pedirvos que me escribades, ben poñendo un comentario no blog, ven enviandome un correo privado a bngtaboadela@gmail.com, quero saber que alguén le o que escribo!!!

Unha forta aperta a a seguir loitando por Taboadela ... I have a dream that one day in Taboadela all people will be not judged by their political opinions or by their ancestors but by the content of their character

4 comentários:

Anónimo disse...

canta razón levas , eiquí neste concello ou eres amigo ou non consegues nada.
Vivimos nun pobo no que dependendo do grado de amistade teñas no concello:
-podeslle dar ó muro máis para atrás
ou menos.
-podes ter lumeado público ou non telo.
-podes ter o camiño arreglado diante da tua casa ou non.etc
Vivimos nun concello no que hai veciños de primeira e de segunda.
Vivimos nun cocello no que parece que estamos a cen km da cidade porque nin linea de autobuses decente temos(os veciños de taboadela veñen cargados con paquetes por que os autobuses deixanos na carretera nova)
Vivimos nun concello que non ve o progreso dos concellos limítrofes dirixidos por distintas correntes políticas (Allariz,Paderne,San Ciprián)
Vivimos nun concello no que non se fomenta a cultura.
Vivimos nun cocello onde os que mandan aferranse o poder e non saben que o mellor é unha retirada a tempo.
Vivimos nun pobo no que me consta que a xente que está na oposición está moi preparada.
Por todo isto, temos que empezar a protestar non conformarnos co que vemos que está mal
Animo compañeiro,un saudo

Anónimo disse...

Hoxe lendo o Boletín Oficial da Provincia aparecía Taboadela. Para a miña sorpresa o motivo era a publicación de novos proxectos a desenrolar no concello, pero ¿a que non sabes de que proxectos se trata?. Facer ACERAS, si, si, como o estades lendo, máis aceras, en concreto 3 tramos máis.
A verdade da un pocuo de vergonza que estes sexan os proxectos que ten o noso concello e non será porque non se lle teñan pedido cousas.
A min no fondo no me sorprende, xa estou acostumada a estas cousas. É un pouco triste dicilo pero é así.
Xa por último quero animar ós membros da oposición para que non decaian, que sigan loitando polo seu pobo, que a pelexa pode ser moi dura pero que tarde ou cedo terán a súa reconpensa.

PD. Outra día falareivos dos plenos do concello, toda unha experiencia e non precisamente relixosa.

Anónimo disse...

Suxiro que miredes na páxina web da Deputación a adxudicación provisional das beirarrúas.
http://dpou.depourense.es/on-line/perfil

Todos os cartos das tres adxudicacións van a mesma empresa... curioso?...Non!
A historia repítese...
Sempre GANAn os de MARRAS...Que terán?
Outra curiosidade...os traballos xa se estaban facendo antes da adxudicación definitiva...Alguén se está pasando de eficaz... ou non?

A curuxa da veiga.

a pomba de Taboadela disse...

E de coña o de este Alcalde. Non hai sitios en Taboadela para acumular material de construcción e escombros que non se lle ocurre mais que tiralos diante da residencia dos nosos maiores. Será un presagio do que quere facer tanto el coma Nuñez Feijoo cas residencias, é decir, tiralas en mans dos especuladores de vidas humanas e non buscar a rentabilidade social senon solo a rentabilidade económica.Estaremos atentos, pero aviso a navegantes, SR. Alcalde, cós nosos maiores non se xoga.