12 fevereiro 2009

Estamos en campaña

Cando estou escribindo esto faltan uns minutos para o inicio da campaña electoral para as eleccións autonómicas.

Non vou a empregar este foro para contarvos os logros acadados polo goberno da Xunta nestes 4 anos, pese á compañia do PSOE! Penso que houbo bastantes, e tamén algún aspecto negativo como non podia ser menos. Ao longo destas duas semanas xa teredes ocasións de escoitar aos líderes de todos os partidos, ver anuncios en TV, sufrir o empapelamento dos carteis e a letania dos militantes recorrendo as vosas casas, etc.

Tamén en Taboadela imos facer campaña, na medida das nosas posibilidades pero elgo faremos. Aos militantes e simpatizantes do BNG quero pedirvos duas cousas. A primeira é que, se estades convencidos de que o BNG é a mellor garantía para o futuro de Galiza votedes ao BNG (xa podo decilo pois son as 12:00). E a segunde é que aproveitedes estes días para tratar de convencer aos vosos veciños, familiares e amigos.

Aos que de momento ainda non sabedes a quen votar ou pensades votar a outro partido pois tamén quero pedirvos duas cousas. A primeira é que reflexionedes de novo e pensedes no voso pais, en Galiza, no rural, nos maiores. Pensade en serio quen ten feito mais por nos, quen ten defendido mellor os intereses de Galiza e quen lle ten dado un volco a todo o referente co benestar e o medio rural. A segunda cousa que vos pido, i esto vai para todos, é que veñades ao mitin que imos ter o sábado día 21 as 5:30 da tarde no local social de Pereiras. Eu mesmo serei o "teloneiro" e despois falará Iago Tabarés, membro da candidatura do BNG por Ourense.

Xa que desta vez non fixemos a simbólica pegada de carteis, vealiqui a miña pegada simbólica para dar inicio a campaña.

Adiante co BNG!!

Sem comentários: