Cando me puxen a escribir esta nova veume á cabez unha grabación que escoitei xa fai anos. Falaba o alcalde de Negreira na inauguración dunha ponte e agradécelle a "don Manuel" a axuda prestada ... e de paso aproveita para facer unha loubanza desa persoa capaz de "ter un estado na cabeza". Mellor escoitadeo porque a risa está asegurada.
Pero hai outra afirmación interesante do Sr. Alcalde, di que a xente o recoñece como "o rei do asfalto" polas obras que ten feito.
Pois ben, eu suxiro que no futuro o Sr. Alcalde de Taboadela sexa alcumado "o rei das beirarruas" porque non terá rehabilitado casas, non terá promocionado a cultura, non terá creado servizos para a xuventude e terceira edade, non terá favorecido o crecemento económico do Concello .. pero beirarruas ten feito unhas poucas: Pereiras, Torán, Telleira, Santa Leocadia, Taboadela.
Seguro que os veciños deses pobos prefiren ter beirarruas a non as ter pero se lle preguntan que prefiren, que lles pase un autobus todos os días por diante da súa casa ou ter beirarruas xa non sei o que dirían, ou se prefirirían que se creases postos de traballo para os seus fillos, ou se prefirirían que se lles dese unha axuda para rehabilitar a súa casa, ou ...
Pois cando pensei que xa o tiña todo visto vai e entérome de que o Sr. Alcalde, sin informar xiquera ó resto dos grupos políticos, decide gastar os case 300.000 euros que lle concede o goberno central para contratar obras que fomente o emprego en ... SI SEÑORES ... BEIRARRUAS!!! Ahora imos poder pasear por elas dende o San Juan ata o Espiñeiro ... estou que revento de ledicia!!
E queredes que vos diga porqué escolleu esas obras ... porque son as mais fáciles de proxectar, non requiren exercitar moito a cabeza: a tanto o metro, tantos cartos dispoñibles, pois tantos metros e listos ... ala!
Non sei pero me da que o noso alcalde non sei o que ten na cabeza, pero un estado non!
Un saudo dun tipo moi moi enfadado e impotente ante o atraso que imos acumulando ano tras a no.
Xosé Antón Vila.
1 comentário:
Amigo Xosé Antón:
Apoio a moción e propoño facer un acto de homenaxe, que a ser posible( ...se non hai impedimento por parte da autoridade) deberíase celebrar no alto do Monte do S. Xoán (pretiño de onde se come a fartar o Día da Familia) e dende alí poder divisar a extraordinaria obra rosa que supón unha serpe (rosa) que vaia máis alá o Espiñeiro perdéndose da nosa vista. En Taboadela teremos tamén un barrio "rosa" como teñen nas cidades máis grandes do mundo...véxase o barrio rosa de Mexico D.F. ou a casa "rosada" de Bos Aires...por exemplo.
A cor rosa sempre foi moi apropiada para contornos como o de Taboadela..ben se ve nas beirrarrúas de Torán por exemplo que ademais de rosas son "rusas" polo seu parececido coa famosa montaña rusa, e nas que os nosos veciños poden practicar o motocross...sen moto...claro.
Por suposto que nesta Homenaxe deberíase poñer un mono-listo (perdón, quería dicir monolito) de granito rosa (neste caso do Porriño)cunha grande inscrición que dixera "Ao noso grande benefactor (despois iría o nome en letras ben grandes -como é costume en Taboadela-) por facernos a vida de cor rosa con estas beirarrúas rosas"
Propoño tamén que participe nesta homenaxe a empresa adxudicataria dos últimos anos, porque é de ben nacidos ser agradecidos...pagando o monolito rosa Porriño.
Finalmente amigo Antón, unha recomendación...hai que ter os ollos ben abertos...na noite hai moitos depredadores...e moitos mintirosos.
A curuxa da Veiga.
Enviar um comentário