30 dezembro 2009

Problemas co TDT


O Vindeiro día 18 de xaneiro faráse a “desconexión analóxica no noso Concello”, eso significa que so se poderá sintonizar a TV a través do TDT. Ou ben a nosa TV xa ven con ese sintonizador ou hai que comprarlle un sintonizador, que custa arredor de 30 euros. Eso supoñendo que a nosa TV teña euroconector, senón case mellor tiramos con ela.

O problema é que nas últimas semanas en certas zonas do Concello non se ven mais que 4 ou 5 canles pola TDT. No Concello non saben por qué e so dan un teléfono para que a xente reclame. Nos dixémoslle ao Sr. Alcalde que mais forza se faría se reclamase o concello .. xe veremos se nos fan caso.

Nos investigamos un pouco pola nosa conta e cremos que pode ser debido á colocación dun repetidor en Pazos de San Clodio. Trátase dun pequeno reemisor para cubrir pequenas zonas que os grandes emisores non cubren. O problema é que a rede troncal depende do Estado central, e o xestiona a empresa Avertis, e os pequenos repetidores dependen directamente da Xunta. Nos pensamos que debe de haber algún tipo de interferencia que fai que zonas que antes tiñan moi boa cobertura, como a da Rabeda, agora case non vexan anda.

Na Xunta dixéronnos que xa recibiran moitas protestas e que os técnicos están facendo medicións pola zona para tratar de arranxar o problema. Supoñemos que antes do día 18 estará solucionado pero non estaría demais que todos os afectados chamen para protestar, cantas mais protestas mais pronto o arranxarán!

Teléfonos para protestar:

902 502 222 Atención ao cliente de Avertis

981 572 154 Xunta de Galicia. Oficina técnica da TDT

Pensamos que o Concello de Taboadela quedará ben cuberto e non haberá problemas de recepción pero se algún veciño ten problemas para recibir o TDT que nos chame a veremos de axudarlle.


18 dezembro 2009

Regalemos galego





Chegou a época dos regalos, o pesadelo de todos os anos, tanto polos cartos que nos gastamos como polo crebadeiro de cabeza para atinar co mais axeitada para cada un.

É unha boa oprotunidade para apoiar o noso idioma, fronte ao ataque descardo que lle están a facer dende a Xunta de Galicia.

Estiven buscando un pouco por ahi é atopei alguns enlaces que nos poden dar algunhas ideas, ahi van:


Pensade por un momento cantos libros teñen os vosos nenos na cas en galego e cantos en castelán, cal pensades que é o idioma que está en perigo?

Alegraruiame que a maioría dixera que ten mais libros en galego que en castelán pero dubido, eu mesmo teño que recoñecer que os meus rapaces teñen bastantes mais enc astelán que en galego, por que? pois porque a xentes regala mais libros en catelán, porque son mais fáciles de atopar nas librerías, porque ...
E non so se se trata de libros, canats bonecas hai que falen en galego, cantos xoguetes rotulados en galego, cantos xogos de mesa en galego, a ver se contribuimos un pouco a manter vivo o noso idioma, non porque o falemos, senón porque o integremos na nosa vida: pon o teu ordenador en galego, e o teu movil, escoita radio en galego, ...

Esto non é ser radical, é ser realistas e loitar, non por impoñer o galego, senón por tratar que non desapareza.

Bo nadal a todos.

01 dezembro 2009

Segue o desmantelamento

O goberno de Nuñez Feijoo prosegue co desmantelamento de todo o conquerido polo BNG na etapa anterior. Primeiro foi o decreto eólico e agora tócalle o turno aos centros de día ... despois quedaralles o banco de terras.
Escribo esta noticia despois de ler no Xornal.com a nova de que a Xunta pensa privatizar a xestión de 14 centros de día ... non sei en que lote estará o de Taboadela.
E despois de que fai unhas semanas se informase do cese de contratos de ducias de persoas contratadas nos centros de I+B (a foto é da xornada de protesta diante da sede do Consorcio en Santiago, obtida en GZnacion.com).

Esperamos acenotecementos pero a cousa non lles vai sair gratis. Xa se toparon co clamor popular en relación co asunto do galego e espero que neste caso se repita a loita.

Non pode ser que se perda dun plumazo o que custou varios anos acadar, asi fixeron cos libros de texto e se os deixamos farán coa sanidade e o ensino públicos tamén.

Esto non pode continuar, se hai que manifestarse todos os días farémolo, e se hai que ir a Santiago todos os domingos pois tamén. Soamente a revolta popular pode poñerlle algo de freno este goberno. Pensamos que cando botamos a Fraga quedaramos aliviados pero como di o refrán ... mais vale malo coñecido que bo por coñecer ... que santo era don Manuel!

05 novembro 2009

Plaza de Recaredo Paz Prieto

O pasado sábado tivo lugar no pobo natal de Recaredo Paz, en Pumar, un acto de homenaxe na súa honra coincidindo co primeiro aniversario do seu pasamento.
Este acto serviu para que se descubrise unha placa na súa honra na plaza principal dese pobo que a partires de agora se chamará plaza de Recaredo Paz Prieto.
O acto estivo ben, sinxelo, con discursos do Sr. Alcalde e o Sr. Baltar (non sei que pintaba neste acto pero ...) e mais unha verbas de agradecemento da súa viúva.
Cousas que non me gustaron:
1) O Sr. alcalde falando de espaldas a xente.
2) Os concelleiros da oposición non foron chamados polo Sr. alcalde para "formar" como corporación municipal.
3) O pe da placa co típico "... foi inaugurada polo Sr. Alcalde don Manuel ...". Aproveito para recordad que seguramente a única placa do Concello que non indica que "autoridades" a colocaron é a que se puxo o día da inauguración do Centro de Maiores por Anxo Quintana ... claro que logo alguén debeu de pensar que ali faltaba algo e colocaron ao seu carón outra con nomes e apelidos.
4) No discurso o Sr. alcalde dixo que el propuxera que se adicara esta plaza á memoria de Recaredo Paz e que a corporación aprobou por unanimidade esta decisión. Ata ahi todo verdade, o que pasa é que se esqueceu de decir que esa decisión foi tomada no pleno do 29/12/2008, no punto 8 da orde do día, e que o punto 2 era "mocións presentadas polo Sr. Concelleiro do BNG", unha das cales era "poñer o nome de Recaredo Paz a unha rúa ou plaza". Nesa moción pediase expresamente "adicar o nome dunha rúa ou plaza á memoria de Recaredo Paz. Se fose posible suxeriría a plaza do cruceiro do Pumar, fronte a súa casa natal".

En fin, quero quedarme co positivo e destacar o resultado, por primeira vez se recoñece neste Concello a labor dunha persoa altruista.

Sei que a súa nai se sentirá enormemente orgullosa cada vez que pase diante desa placa e que, como crente que é, pensará que o seu fillo recibirá no ceo o pago de todo o ben que fixo na súa vida.

19 outubro 2009

¡Queremos galego!

Onte, xunto cun grupo de amigos de Taboadela ... por casualidade militantes do BNG ... bueno todos menos a miña filla de 6 anos, asistimos a manifestación en defensa da lingua en Santiago.

Segundo a organización xuntámosnos 100.000 persoas, segundo a policiía 50.000, segundo o PP ... O caso é que eu asistin á manifestación mais multitudinaria da miña vida, nin as do 25 de xullo nin as do 17 de maio acadaron este éxito. En Galicia seique foi a mais multitudinaria, despois da do Prestige, a que eu lamentablemente non puden asistir.

De todas as fotos que saquei destaquei a que tendes nesa páxina porque me pareceu alentadora, símbolo de que ainda non está todo perdido, de que a pesares da obsesión do PP coa nosa lingua e do evidente retroceso nas cidades ainda queda xente nova que quere falar en galego, porque lle peta e porque lle da a gana ... e porque está no seu dereito.

Fálase de que proximamente a plataforma "Queremos galego" vai iniciar unha recollida de sinaturas para unha iniciativa lexislativa popular. Espero que nese momento a cidadanía de Taboadela responda a esa chamada con valentía e con decisión.

En fin amigos, que a do galego é unha destas batallas que hai que dar, ainda que non sirva para gañar votos, ainda que alguns nos tilden de extremistas, ainda que o nacionalismo galego esté so nesta loita. Un popbo ten dereito a conservar os seus sinais de identidade, a súa bandeira, o seu himno, as súas festas e romarías, as súas costas e montes, e por suposto A SÚA LINGUA.

QUEREMOS GALEGO!!!!!

09 outubro 2009

Unha de AVEs: Taboadela, sitio distinto


Nas últimas semanas o AVE está dando moito que falar en Taboadela. Primeiro foi a publicación da lista de expropiacións para o tramo Baños de Molgas-Taboadela, logo o anuncio das dúas alternativas para o tramo Taboadela-Ourense.
Imos analizar a actuación do Concello.
No primeiro caso eu pedín no pleno de setembro que se informase aos veciños, o Alcalde dixo algo así como que de que ía informar. Cando lle dixen que ese mesmo día o Alcalde de Allariz estaba en Outeiro de Laxe informando á xente dixo que cada un podía facer o que lle parecese. Non obstante debeu de reflexionar pois 3 días mais tarde apareceu un aviso convocando a unha reunión informativa.
Chegados a esa reunión atopámosnos que o que alí había era un avogado tratando de facer negocio, algo nos informou, insistiu na necesidade de presentar alegacións por todo e logo repartiu un modelo de contrato para asinar co seu bufete. Non sei se alguén lle firmou, eu dende logo non porque para presentar unhas alegación bástome eu so.

Pasemos ao segundo tramo. Hai dḉuas alternativas para este tramo, unha delas entra nun tunel aos pouco metros e asi cruza todo o concello, co cal o iumpacto ambiental e a contaminación visual é escasa. A outra alternativa vai case toda en superficie, con varios viaductos, como un dende as balletas Carro ata pasar a igrexa de Lama de Prado.
Hai un periodo de alegacións dun mes e parece claro que o Concello e os colectivos afectados debberían de pronunciarse pola alternativa do tunel. O pasado xoves tivemos unha xuntanza en Santa Leocadia para tratar este tema donde estivemos representantes dos 3 partidos da oposición ... ao grupo de goberno non se lle viu o pelo. Finalmente decidiuse solicitar un pleno extraordinario para tratar este tema que haxa un pronunciamento claro do Concello.

Preguntome eu: ¿o Alcalde non viu este proxecto? ¿se o viu non se decatou que unha opción e peor para o noso Concello que a outra?¿Ou se cadra do Mara para abaixo non estamos xa no Concello de Taboadela?Bueno, se cadra son un malpensado e o Alcalde xa tiña pensado presentar alegación sobre este tema, o que pasa é que se olvidou de comentalo coa xente!!!

04 outubro 2009

El alcazar de Toledo


Ainda que non son "aficcioando"· a escoitar misas hoxe era festa no meu pobo (A virxe do Rosario) asi que houbo que cumprir coa tradicción: procesión e misa. Todo ben ata que comezou o sermón. Oficiaba misa un cura que seguramente todos os do Concello coñecedes: don Antonio, de Mingarabeiza, antiguo párroco de Mariñamansa. Trátase dun cura de 85 anos, prototipo de mente retrógrada, anticomunista, antigalegista, profranquista e non sei canto mais adxetivos.

O caso é que o home empeza o seu sermón, por suposto en castelán, decidno algo asi como "hace 70 años, cundo yo era un chiquillo de 15 años, hubo en España una guerra entre el bien y el mal ...". Cando escoito esto flipo porque sei que discursos deses eran comúns fai 20 ou 30 anos pero a verdade e que nin dese señor me esperaba esto nos días de hoxe.

O home rectifica levemente decindo "no queiro decir que todos los de un lado fueran buenos ni que del otro todos fueran malos". Logo disponse a contarnos un dos episodios mais memorables desa guerra, que supostamente tería algo que ver coa virxe do Rosario: o asedio ao Alcazar de Toledo. Nese momento xa non puiden mais e sai da igrexa, non sen antes deixar unha grvadora para recoller o resto do sermón. Se atopo algo "interesante" colgareino neste blog.

Moito se fala de memoria histórica, e teño que recoñecer que este home memoria histórica ten, o que pasa e que un pouco mermada en algúns puntos. Penso que non se lembra dos "paseos" dos falanxistas, dos asesinatos dos maestros con ideoloxía de esquerda, dos presos que levantaron o Val dos Caidos. Non sei, se cadra o que pasa e que se esas cousas se fan"en el nombre de Dios" pois xa non é pecado.

Son unha persoa que respeto profundamente aos maiores, teñan as ideas que teñan, pero cando alguén se aproveita da súa situación de superioridade como neste caso, non podo aceptalo. E direivos mais: os reponsables son os que, coñecendoo ben, seguen a permitirlle subir a un púlpito a facer apoloxía da dictadura franquista.

28 setembro 2009

Pleno de setembro (III)


Continuamos co tema do pleno de setembro ...

Punto 4: organización do homenaxe a D. Recaredo Paz no aniversario do seu pasamento.

Soamente se nos dixo que tiñan a intención de facer unha homenaxe a Recaredo Paz no cabodano do seu pasamento e inaugurar unha placa co seu nome na plza situada diante da súa casa, no Pumar.

Preguntamos que había sobre a proposta de facer unha remodelación de dita plaza pero dixeron que de momento nada.

Punto 5: rogos e preguntas

Toma a palabra o portavoz do PSOE, Álvaro Vila, para decir que eles non presentaron mocións nin iban a facer preguntas como medida de protesta pola actitude do Alcalde cunha persoa que solicitou traballo na empresa que se adxudicou a axuda no fogar. Segundo o escrito que el memso leu esa persoa foi chamada ao Concello, ao despacho do Sr. Alcalde, donde este lle votou en cara a sú afiliación política (PSOE) e por suposto lle dixo que estaba rechazada.

Continue eu coa lista de preguntas que reproduzo a continuación:

1.¿Temos xa un modelo de marquesiña do gusto do Sr. Alcalde para instalar en Pazos-Silvosiño? (resposta: ainda non)
2.¿Sabemos xa o día en que se vai facer a revisión da ITV dos tractores? (resposta: está publicado, será en novembro, porase un bando)
3.Segue sen colocar a tapa da arqueta da traída de auga situada preto da igrexa da Rabeda, ¿cando pensan arranxalo? (resposta: en breve)
4.Por certo, cando as desbrozadoras limpan os foxos (cunetas) soen levantar algunha tapa, prégolle lles pida que teñan coidado de colocalas de novo.
5.Recentemente instalouse un transformador de Fenosa en Pazos, ¿cederonse os terreos gratuitamente? (resposta: ¿o Sr. Alcalde cre que si?)
6.¿Que coste supuxeron para o Concello os concertos de Soutomaior? (resposta: o equivalente a 3 ou 4 días de traballo dunha fresadora, un pisón e unha cisterna)
7.¿Que coste supuxo para o Concello a festa da familia? (resposta: ainda non se sabe)
8.Agora que temos beirarruas ata o San Xoan, ¿non lles parece que vai sendo hora de retirar as “estatuas” de formigón que hai alí? (resposta: vaise mirar)
9.No pleno do 25/6/2009 pedín unha listaxe das asociacións rexistradas no Consello, ¿cando pensan facilitarmo? (resposta: pode pedila cando queira)
10.¿Revisáronse ese ano as bocas de incendios? (resposta: si, O interpelante fai notar que a lo menos unha situada no Abeledo non foi limpada, respóstase que seguramente se esqueceron desa)
11.Gasto de 5220 € para Consultora Gallega na Xunta de Goberno Local do 11/6/2009, ¿para que foi? (resposta: gastos referentes á redacción do PXOM)
12.Na Xunta de Goberno Local do 11/6/2009, punto 10, fálase de “memoria para ampliación e acondicionamento de local coin destino a Sala de Velatorios en Taboadela”, ¿donde é? (resposta: en San Xurxo) ¿e como está o tema? (resposta: estase traballando)
13.¿Vai a informar o Sr. Alcalde aos veciños en algún sentido en relación co trazado do AVE? (resposta: non ten inconvinte)
14.¿Sería posible instalar unha ADSL nos locales veciñais? (resposta: ¿?)


Finalizou o Concellal do VETA cunha serie de preguntas das que lamentablemente non tomei nota. Recordo que preguntou pola concesión das piscinas, por algúns gastos relacionados co futbol, polo velorio de San Xurxo e pola posibilidade de empregar a Biblioteca para impartir un curso de informática.

Uf!! por fin rematei, mira que nos dou tempo a falar de ben cousas!!

27 setembro 2009

Pleno de setembro (II)


Seguindo co tema do Pleno.

A segunda moción que presentei trataba sobre a implantación dunha planta de biomasa na Reitoral da Rabeda.
Nós non nos opomos á instalación de plantas deste tipo, senón a que se instale precisamente nese lugar, cando temos por exemplo 1 millón de metros cuadrados na futura zona industrial.
Entre as razóns aducidas están a proximidade a casas e pobos, o ruido e polvo que xeran ou a ausencia na zona de material combustible para ese tipo de plantas.
O que pediamos ao pleno é que se manifestase en contra deste proxecto é que se informase á veciñanza dos pros e contras da mesma.
Votación: 4 a favor e 5 en contra, rechazada.
Eu, como Concellal do BNG, xa tiña presentado por escrito as oportunas aelgación, que espero contribuan a que a Xunta non de autorización para a instalación desa planta.

A terceira moción iba sobre o TDT e ADSL. Eu cría que no Concello había zonas donde ver a TV non era doado, e dendo logo sei que hai zonas sen ADSL. O que eu pedía coa moción era que se fixese un estudo técnico serio para coñecer a cobertura de ambas tecnoloxías, logo que se falase coas institucións pertinentes para que nos apoisan á hora de solucionar este problema e por último que se aportasen fondos municipais se fose preciso para arranxalo.
Resposta: cobertura de TV hai en todo o concello sin ningún problema, e xa está no tema pois encargaron un estudio para solucionar o da ADSL.
Polo tanto rechazaron de novo a moción. Prégolle a calquera que teña problemas de recepción de TV que mo diga, ou que llo diga ao Sr. Alcalde para facerlle ver que se cadra non coñece moi ben os problemas dos veciños.

Imos pechando que non me gustan os rollos moi longos. Na terceira entrega rematarei o referente a este pleno.

24 setembro 2009

Pleno de setembro (I)


Ola a todos,

hoxe pola mañán tivemos pleno no Concello asi que vou adicar unhas cuantas entradas a comentar o mais relevante
Tras aprobar a acta da sesión anterior, con algunha intervención do Concellal do VETA pasouse a presentar as mocións presentadas por min mesmo en nome do grupo mixto
A primeira delas era relativa ao bono social da tarifa eléctrica e básicamente o que pedía era que se pedise ao Ministerio de Industria que extendese o bono a mais beneficiarios, á Xunta que fixese unha campaña informativa ao respecto e ao propio concello que orientase e asesorase aos veciños.
Respóstaseme que xa se está a asesorar. Entramos nun debate no que me quedou claro que moi ben non deben de asesorar cando me discutiron que se un abonado ten contratado mais de 3 Kw xa non ten dereito a el. Finalmente coinvencinos de que non,d e que hai outras vías como maiores de 60 anos con pensións mínimas, familias numerosas ou parados.
Quedamos en que eles van a sesorar moi ben asi que a calquera veciño que me pregute a resposta vai ser: pasade polo Concello que eles xa vos asesoran !!!

Por suposto a moción votouse a foi rechazada cos 5 votos do grupo de goberno.

Bueno, xa me está quedando larga a cousa asi que mañán outra entrega.

19 setembro 2009

Acabáronse as vacacións


Estimados lectores ... poucos pero selectos.

Acabáronse as vacacións e xa estamos de novo traballando, levando os nenos ao colexio ... e con moitas ganas de traballar por este Concello.

A próxima semana haberá pleno ordinario no Concello. O luns presentarei as miñas mocións que vos adianto tratan do seguinte:
1) Servizo de asesoramento para solicitar o bono social na tarifa eléctrica
2) Posición en relación coa implantación dunha industria transformadora da biomasa na Rabeda
3) TDT e ADSL para todos

Se calquera veciño ten algunha pregunta que queira que faga en pleno ou me suxire unha nova moción estarei encantado de facelo.

Despois do pleno comentarei neste blog o mai destacado do mesmo.

Xosé Antón Vila.
Concellal do BNG en Taboadela

27 junho 2009

libros de texto ... gratis ... vaiche boa!

Paréceme que este novo goberno da Xunta emepza a amosar as súas intencións con esta nova normativa. Acabáronse os libros de texto gratuito, o ano que ven so haberá axudas para algúns cursos, creo que 1º, 2º, 5º e 6º de primaria, e para as familias cunha renta por persoa inferior a 5400 euros. Eso significa que nunha familia de 4 membros, conque entre o home e muller ingresesn mais de 21.600 euros ... a pagar tocan. Claro que se están entre os 5400 e os 9000 pagaranlle a métade ... ,uf, menos mal.

Nunha primeira análise pódese pensar que é unha medida progesista, axudar aso pobres e que os ricos paguen, pero ... consideramos "rica" a unha familia que ten 21.600 euros de ingresos anuais?

A quen realmente lle importa un pioto se hai que pagar os libros ou non son aos que gañan 50.000 ou 60.000 euros, a esos moléstalles menos que unha area no pe.

Hoxe escoitei na radio a un alto cargo da Xunta decindo que con esta medida se posibilita que os rapaces podan pintar nos libros e mesmo formar unha pequena biblioteca, porque os libros serán seus e ao acabar o curso podenos ir pondo na estantería. Primeiro, esta persoa non debe ter fillos porque en non coñezo ninguén que teña na súa biblioteca os libros do cole ... en todo caso nunha caixa no faiado. Hai libros ben mellores para ir conformando unha biblioteca. Segundo, os rapaces hoxe tamén poden pintar, non nos libros pro si nos cadernos que os acompañan, nas fichas, nas libretas, etc.

Finalmente vou a darvos a miña opinión dequen son relamente os beneficiados con esta nova norma: as grandes editoriais. Coa política do anteriro goberno os libros eran propiedade do colexio que os cedia aos estudantes, que os devolvian a finais de curso. Deste xeito un mesmo libros podía servir para 2 ou 3 anos polos menos, so se repuñan os libros estragados ou perdidos. Agora ... libros novos todos anos, e seguramente volveremos a época na que os libros dun ano non servian para o seguinte. Conclusión: as editorias vendes mais libros ... e gañan mais cartos ... e seguro que invitan a cear a Nuñez Feijoo e compañía para celebralo.

Imos para atras, como os cangrexos ... espero que non cheguemos a época na que era obrigatorio rezar e cantar o "Cara al sol" nas escolas.

26 junho 2009

Resume do pleno ordinario de xuño

Estimados veciños de Taboadela. O pasado xoves día 25 de xuño celebrouse o pleno ordinario do trimestre. A continuación resómovos os acordos mais importantes:
  • Aprobouse a ordenaza reguladora do servizo de axuda no fogar, tanto para persoas dependentes como non dependentes. As cuotas a pagar por parte dos usuarios oscilan entre os 10 e os 14 euros, ainda que para as persoas de rentas baixas será gratuito. Está pendente ainda a súa implementación pero todo parece indicar que se vai externalizar, ou sexa contratalo a unha empresa. Eu apoiei a ordenanza, pero estarei en contra da privatización do servizo se finalmente se fai así.
  • Na parte de rogos e preguntas, o concellal do PSOE preguntou entre otras cousas polo programa de Xabtar na casa e dixeronlle que xa se poden tramitar solicitudes e que pronto empezará a funcionar. Sobre a recollida anual de trastos vellos dixeronlle que sería a finais de agosto.
  • O concellal do VETA preguntou sobre un recibo de teléfono correspondente ao campo de futbol de 300 euros. Díxoselle que foi un erro e que están tramitando a reclamación correspondente. Neste punto enterámosnos de que acaban de por unha liña ADSL no campo de futbol. Eu nese momento acordeime dos veciños de Sanbta Leocadia, Pasadán, Reguenga ...
  • Pola miña parte preguntei empecei coas preguntas que levo facendo pleno tras pleno sen atopar resposta convincente: a marquesina de Pazos, unhas alcantarillas sin tapa e moi perigosas, a plaza e homenaxe a Recaredo Paz (parece que no seu cabodano imos ter noticias). Logo preguntei pola política de control de acceso as piscinas porque me pareceu que o ano pasado no habia moito control ... este ano vai a ser o mesmo. Preguntei por un convenio que asinou o Concello para a recollida de aceite usado, van a por dous puntos de recollida pero non saben ou non me quixeron decir onde. Preguntei por unha factura de 600 euros para "parque infantil", dixeronme que fon para Pasadán e para a escola infantil, e que ainda teñen aparellos pendentes de instalar ... non se sabe donde. Preguntei sobre o compromiso que había de ceder os locais as asociacións e a publicación dun regulamento sobre a concesión de subvencións ... todo sigue pendente. Por últimop a respeito da política de prevención de incendios pedin que se puxesen novos bandos recordandoa obriga de limpar as fincas proximas aos pobos, que se revisasen as bocas de incendios, que se informase dos números de teléfono de emerxencia, que se axilizase a limpeza de beirraruas e zonas de propiedade municipal e que se repartisen palas de goma nas asociacións ou locais que se considerasen axeitados. Resposta: xa están facendo moitas cousas ... non se vos as vedes!!
Perdon pola extensión pero pareciame interesante.

14 junho 2009

A democracia total

Eu teño un fillo na ESO asi que este venres recibin a famosa "enquisa do galego", na cal preguntannos aos pais se queremos que as materias troncais se impartan en galego, a maioría en galego, unhas en galego e outras en castelán, a maioría en castelán ou todas en castelán.

Tamén nos preguntan polo idioma no que deben estar os libros e se queremos materias en inglés.

Teño sensacións contrapostas. Por unha parte estou ledo xa que esto é síntoma de que estamos entrando nunha democracia directa, ahora xa non eleximos aos nosos represnetantes para que elaboren leis, senón que lexislaremos nos mesmos. 

Xa me imaxino cando nos pregunten se queremos que os nosos fillos estuden matemáticas ou non, se queremos que haxa TV pública ou non, se queremos que continuen as prestacións por desemprego ou non, ou se queremos que baixen os impostos ou que suban.

Por outra banda estou apenado porque sei que non estamos no país de Alicia, sei que non é posible preguntarlle a xente por cada aspecto lexislable, nin xiquera sería aconsellable, ¿cal sería o resultado se non preguntan se queremos subir os impostos? E sin embargo se o analizamos a fondo sería bo que subisen os impostos ... menos para os ricos claro.

Todos sabemos que a causa desta enquisa é un intento de Nuñez Feijoo de sair do lío en que se meteu cando prometeu en campaña que ia derogar o decreto do galego. Ahora sabe que non debería de facelo, e que se o fai ía ter moito protesta social, pero non quere inclumplir a súa promesa. Solución ... facer o que diga a xente e lavarse as mans ... todos sabemos o de Pilatos non si?

Ademais a enquisa está posta de xeito que finalmente farán o que queiran. Saia o que saia "interpretarán os resultados" e, segundo a miña opinión deixarán a cousa mais ou menos como está ... pero cumplirían a súa promesa.

Quero pensar que a xente é suficientemente intelixente como para cubrir a enquisa como lle pareza, pero para protestar por este engano, e para decirlle a Feijoo que cumpra as súas promesas e non delegue no pobo.

Por certo, sabedes que finalmente se vai manter o Consorcio Galego de Servizos Sociais, e tamén Seaga, e que de momento non se derogou ningunha lei urbanística. Ou sexa que non deben de estar tan mal! 

Se pensades coma min que o galego é a nosa língua, que todos deberíamos de coñecela, que aos rapaces non lles supón ningunha desvantaxe recibir algunhas materias en galego, que as cousas funcionaban ben ata o de agora, que non hai conflictos nas aulas en relación coa lingua ... pois cubride a enquisa pensando en todo iso.

01 junho 2009

IMOS A EUROPA ... VES!

Estamos xa na recta final da campaña das europeas. Unha campaña insulsa, polarizada, na que se fala de todo menos de política europea, das coutas do leite, dos asteleiros galegos, das zonas desfavorezidas, do papel das nazóns sen estado en Europa ...

O mércores hai un mitin en Ourense as 20:00, a ver se facemos un esforzo e acadamos un aforo decente. Cousa dificil nesta campaña na que o BNG está desaparecido da TV e dos xornais

Está dificil pero con algo de esforzo poremos a Ana Miranda no Parlamento Europeo, e teremos voz tamén eu Europa ... que falta nos fai.

A unión a fai forza!!!

27 maio 2009

Congreso do BNG

Con algo de retraso pero subo hoxe esta entrada para comunicar que os afiliados do BNG de Taboadela ... casi todos, estivemos en Santiago o día 10 de maio no Congreso Extraordinario do BNG para elexir ao novo Consello Nacional, á Executiva Nacional e ao portavoz nacional.

Na foto están de pe Toño, Esther, Manolo e Antonio. Diante Noelia e mais Antón, un servidor.

Agardavos que esta nova dirección leva ao BNG polo bon camiño por que Galiza precisao, non podemos permitirnos o luxo de perder todos os avances acadados nos últimos anos.

Adiante co BNG!

14 maio 2009

A importancia do BNG en Madrid

Onte e hoxe tivo lugar no Congreso dos Diputados o Debate sobre o estado da nación. Aparte de que é un verdadeiro coñazo e que se fai interminable ten as súas cousas boas.

Habitualmente sirve para que o Presidente de turno lanze unhas cantas medidas impactantes, neste caso foron as medidas contra a crise (axudas para a compra de coches, ordenadores para os estudantes, modificaciónas nas axudas para a adquisición de vivenda, ...). Tamén para que o lider da oposición se empeñe en asegurarnos que o goberno non está  a facer nada ... pero el tampouco nos di que habería que facer.

Pero este ano a min serviume para algo mais, para darme conta da importancia de que o BNG teña unha representación nese parlamento. Cando hoxe escoitei a Francisco Jorquera falar do problema de Astano, da situación crítica dos gandeiros galegos e do problema do custo dos servizos públciso en Galiza, dinme conta de que se non fose por él a palabra Galiza non sairía nin unha soa vez.

Non quere decir que a súa intervención sirva para moito, pero a lo menos fai que en toda España se enteren dos problemas que nos afectan a nos. E tamén obriga a que o Presidente polo menos responda, co cal ten que pensar xiquera un pouco para contestarnos sobre o moito que o goberno fai polo noso País.

09 maio 2009

Manifesto pola lingua

Esta entrada débolla a miña compañeira Noelia que me pasou este interesante ...

MANIFESTO POLA LINGUA por Xan Guillén Vázquez

Hai galegas que soñamos con arrolar aos nosos nenos en galego, en sentirnos normais cando lles falamos no parque e cando mandamos o noso curriculum na nosa lingua. 
 
Hai galegos que soñamos con facer o amor en galego, e poder ver cine na nosa lingua e darlles aos nosos fillos xogos en galego. 
 
Hai galegas que soñamos con volver escoitar nos patios dos colexios “non vale furaaaaar” e mestras que rifen aos meniños por tirarlle terra ao compañeiros. 
 
Hai galegos que soñamos con pais e nais que pidan aos mestres máis clases de galego, non porque sintan que son importes para o futuro máis ben porque son imprescindibles para o presente.  
 
Hai galegas que soñamos con políticos audaces que non utilicen a lingua coma unha mercancía electoral se non coma unha vacina contra o pensamento único e a intolerancia social. 
 
Hai galegos moi sabios que estamos convencidos de que nin os descoñecidos, nin os médicos, nin as avogadas, nin os notarios, nin as empregadas das tendas de moda, nin as nenas do veciño cos que imos no ascensor nos entenden se falamos na nosa lingua. 
 
Hai galegos que sabemos que o galego non precisa leis para medrar (acaso Celso Emilio tívoas para declararlle o amor a Moraima?) pero que piden que os seus dereitos sexan recoñecidos. 
 
Hai galegas aos que se lles enche a boca de ledicia cando ven que o outro fala galego por primeira vez, sen colocar ben os pronomes pero sabendo que aí comeza unha nova historia de amor. 
 
Hai galegos que sufrimos cando se nos chama impoñedores mentres vemos esmorecer a nosa lingua e aos que nos gusta saber outras linguas igualmente ricas e gozamos cos grandes clásicos da outras culturas pero que a que sentimos coma nosa é a lingua galega. 
 
Hai galegos e galegas que sentimos a lingua como unha alfaia da gran familia galega, moi, moi valiosa que fomos herdando e que non estamos dispostos a deixala perder polo cal... 
 

Manifestamos o noso desexo de darlle mil primaveras máis á lingua galega con decisión, con valentía e con coraxe. Non pararemos ata que a nosa lingua floreza e dea froitos. 
 
Manifestamos que estamos fartos de que a lingua sexa un arma para denunciar, para gañar votos, para perdelos, para falar de imposicións para facer mofa, para impoñer presuntas liberdades. 
 
Manifestamos que calquera galego perde algo se lle cortan a lingua e que os nenos e nenas galegas só poderán falar galego se llo ensinan e só o amarán se o coñecen por usalo. 
 
Polo cal, sabendo que temos na nosa caluga a mirada de todos os nosos devanceiros e cheos de responsabilidade, pedímoslle a pais, nais, avós avoas, mestres e mestras, médicos, avogadas, mozos, mozas, e sobre todo políticos e políticas desta terra a defensa da nosa lingua con valentía e sen partidismos. Que xa está ben de botarnos na cara non-sei-que-cousas sobre bilingüismo, diglosia, imposición, harmonía, conflito, Galiza-Galiza, probable-probabel... que a nosa lingua está viva pero ten síntomas de enfermidade e que os enfermos e os médicos somos nosoutros e nosoutras e que só se nos arremangamos e nos botamos a andar coa nosa lingua por diante seremos quen de botala adiante e se non somos quen iremos ao camposanto das linguas mortas e sen fillos e choraremos por ela


Charlas no Centro de Maiores


Esta semana son as festas de San Miguel en Taboadela e no Centro de Maiores prepararon un interesante programa de actividades.

Onte, día 8 inaugurouse unha exposición fotográfica e houbo unha misa, un ágape e logo un baile coa banda de gaitas da Deputación. Tamén fixeron unha alfombra floral, a que vedes na foto.

Para a semana que ven teñen programadas unhas charlas moi interesantes:

Luns 11 as 16:00 "Habilidades para o coidado dos maiores"

Mércores 13 as 16:00 "O botiquiín doméstico e primeiros auxilios"

Luns 18 as 16:00 " A lei de depedendencia"

Mércores 20 as 16:00 "Estratexias para mellorar a memoria"

Martes 26 as 16:00 "Tratamentos anticoagulación, sintrom"

Mércores 17 as 16:00 "Recursos sociais para maiores"

E tamén teñen unhas xerontolimpiadas o venres 15 as 10:30 e un obradoiro de cestas primaveirais o venres 22 as 16:00.

O pexe das festas será o venres 29 de maio cun festival de actuacións de maiores e nenos as 11:00 e yunha actuacións das pendereteiras da Rabedas as 16:00

Por fin temos algo do que sentirnos orgullosos en Taboadela: temos o mellor Centro de Maiores do mundo. Recoméndovos que vos pasedes por alí para asistir a algunha destas actividades e o comprobedes por vos mesmos.

Mónica e compañía: meus parabens e moito ánimo.

03 maio 2009

Pleno do Concello (II)

Seguimos ....

A primeira moción do grupo mixto era sobre a necesidade de dispor dun local en Taboadela para uso das asociacións constituidas legalmente neste pobo. Dado que non existen locais públicos susceptibles de ser empregados para tal uso proponse que o Concello subvencionase o alugueiro dun local. A moción foi rexeitada polo grupo de goberno aducindo que de momento non estan por pagar aluguer ningún.

A segunda moción era sobre o adecentamento do local do lavadoiro situado na praza do Campo de Taboadela. O portavoz do grupo de goberno dixo mais ou menos que "estamos trabajando en ello" e contouno todo o que levan feito ... ou intentado facer pois de momento non se fixo nada. En conclusión que a moción foi rexeitada polo grupo de goberno. E aqui soltou o noso Alcalde outra das súas perlas, decíndolle a Xosé Antón Calviño, defensor da moción "Sr. Calviño, a moción rexéitase, está vostede de acordo?".

Turno de preguntas. Empeza o portavoz do PSOE preguntando se se sabía onde ía situarse o velorio municipal que se pensa construir. Resposta: non está decidido.Pregunta sobre a comisión de urbanismo. Resposta: non se vai a constituir. Pregunta sobre o transporte cara o Centro de Saúde. Resposta do Sr. Alcalde "que se vaia arreglando co que hai que mais non se vai facer".

Pregunta sobre a contratación de peóns xardineiros (número, función, ...). Non lle contestan. Pregunta sobre o acceso a ADSL en Sta. Leocadia. Resposta: xa pediron un presuposto para unha cobertura sen fios e sae en 96.000 €, que se considera moi caro. Tamén din que fixeron xestións con Telefónica.

Pregunta sobre o progama Xantar na Casa e danse datos do custo do servizo (o usuario terá que pagar 1,85 €/día). Pregunta sobre o modelo para cesión de locias as asociacions veciñais. Resposta: síguese estudando. Pregunta sobre as obras da curva do río. Resposta: non se acabarona ainda por falta de cartos. Por último protesta pola grava depositiada diante do Centro de Maiores.

Empezo o meu turno comunicando a rotura de duas arquetas de alcantarillado, en Silvoso e preto da igrexa da Rabeda. Logo pregunto pola ITV itinerante, dinme que en Taboadela virán o día 12 de novembro. Pregunto se se vai facer recollida de enseres e dinme que no veran como o ano pasado. Pregunto sobre o praza para Recaredo Paz e respóstanme que están mirando o tema do homenaxe (pero da praza non me din nada). Digo que o ano pasado, en relación co plan de igualdade so se fixo a presentación do mesmo e pregunto se este ano se fixo algo mais. Resposta: nada. Por último pregunto por enésima vez pola posibilidade de por unha marquesina preto da Escola da Rabeda, e a resposta é a mesma de sempre: está en estudio. Debe se ser unha cousa moi complexa pois leva en esudio mais dun ano, se cadra precisan informe de patrimonio, estudio medioambiental, plan de evacuación de emerxencia, estudio de seguridade sísmica, ...

En último lugar toma a palabra o portavoz do VETA para preguntar pola proba de BTT (bicicleta de montaña) e dinlle que se vai fcer o día 17 de maio. Pregunta se hai prevista algunha convocatoria de subvencións. Resposta: non. E por último pregunta polo pago do polbo da festa da familia. Despois de un pequeno rifi-rafe a conclusión é que polbo comprometeuse a pagalo a Deputación pero que a estas alturas ainda non o fixo.

E esto é todo, como vede o pleno operativamente sirve para pouco pois todo o que pide a oposicion se rexeita sistemáticamente e o grupo de goberno non presenta nada novo.

Se alguén quere mais información de algún punto que me chame por teléfono ou me escriba un correo.

Pleno do Concello (I)

O pasado día 20 de abril tivemos o pleno ordinario correspondente ao primeiro trimestre.

Os puntos da orde do día eran:
1. Aprobación da acta da sesión anterior
2. Dar conta da aprobación da liquidación do orzamento do ano 2008
3. Aprobación do orzamento do ano 2009
4. Mocións presentadas polo grupo municipal do PSdeG-PSOE
5. Mocións presentadas polo grupo mixto
6. Rogos e preguntas

Comentovos agora algúns detalles. Eu votei a favor nos puntos 1 e 2 pero abstívense no punto 3 dado que os orzamentos, ainda que técnicamenta poidan estar correctos non presentan uns proxectos de actuacións concretos para as invesrsións, non van acompañados de normativas, por exemplo no tema das asociacións ou de cultura, etc.

A primeira moción presentada polo PSOE era sobre o Plan director do Val da Rabeda, pedía que se declarase o proxecto de interés prioritario para o Concello e se instase a Xunta a continuar co proxecto. No debate o portavoz do grupo de goberno vei a decir que xa estaban niso e dixo que "o pai desta criatura foi o que agora é Presidente da Xunta de Galicia" (!!!!). O Alcalde apopostillou decíndolle ao portavoz do grupo socialista "tu desto non sabes nada". A moción foi rexeitada cos votos do grupo de goberno e apoiada por toda a oposición.

A segunda moción do PSOE era sobre a posibilidade de conectar o colector de augas residuiais de San Fiz co de Torán. Dende o grupo de goberno rexeitouse a moción por ter sido xa estudada pero resultar moi cara e complexa. Eu neste caso abstivenme por falta de coñecementos técnicos sobre este caso concreto.

Como esto xa se alonga mais do debido continuo en outro comunicado.

23 abril 2009

Quijote Bush

Hoxe 23 de abril, día do libro, tivo lugar o acto solemne de entrega do premio Cervantes ao escritor Juan Marsé.

Viña no coche escoitando a radio e puxeron un fragmento do seu discurso que ma pareceu moi interesente. Falou do Quijote e fixo unha análise moi interesante.

Todos os que léstedes o libro saberedes que o Don Quijote miraba para os muiños de vento e non seu canto vía xigantes. Pois decía Juan Marsé que non debemos extranarnos tanto nin pensar que son cousas que non pasan na vida real, ou que son cousas do pasado.

Dixo que non temos mais que fixarnos nas "armas de destrucción masiva" que fai uns anos vían uns cantos iluminados ... e que logo resultaron non ser mais que uns zapatos ... voadores engado eu.

E engado eu tamén, don Quijote púxeso tolo de tanto ler libros, que lle trastocaron a memoria ... hoxe en día hai que ser medianamente instruido para que os "medios de comunicación" non che "trastoquen o cerebro" e póñovos un exemplo.

Teño unha tía que escoita moito a radio, sobre todo emisoras tan imparciais e sans como Radio María ou a cadena Cope. Fai xa algún tempo recordo que a fun a visitar e a muller estaba toda preocupada porque escoitara que "España iba a romperse", loxicamente un aspecto que lle afectaría a ela moitísimo. En outra ocasión o problema era que "o Zapatero iá quitar as pensións".

Ben, non sigo, penso que todos sabedes o que quero decir ...

17 abril 2009

Salve presidente Feijoo!!

Consumaronse os feitos, xa temos novo presidente da Xunta.

Penso que xa todos os nacionalistas temos "dixerido" a derrota electoral e temos feito exame de conciencia polos nosos "pecados".

Agora toca falar do novo presidente. Se nos atemos aos discursos como candidato a cousa está negra: vai botar abaixo todo o avanzado na anterir lexislatura (Consorcio de servizos sociais, decreto eólico, lei de normalización lingüistica, ...)

Sen embargo, se nos fixamos no discurso de investidura a cousa xa non está tan clara, falou de revisar so "as cousas mal feitas",  falou de retomar o tema do estatuto, falou de chegar a acordos coa oposición ... Se cadra deuse conta de que unha cousa é "mitinear" e a outra é gobernar.

Unha cousa está clara,  a xente non lle vai tolerar que Galiza retroceda en vez de avanzar. Se Feijoo decide adicarse a destruir en vez de crear vai ter ao pobo en contra. Penso que hai moiota xente que nso pasadas eleccións non botou ao BNG como castigo e porque pensaba que se ia acadar igual o goberno da Xunta pero ahora están decidios a dar a batalla por Galiza.

Trema señor Emperador,  miles de Espartacos están dispostos a loitar pola súa terra!!!

23 março 2009

Proximo pleno do Concello

Amigas e amigos,

O xoves da semana que ven correspondería celebrar o pleno ordinario do trimestre pero a semana pasada avisaronnos de que se retrasaría ata despois de Semana Santa. O que non nos dixeron é o motivo!

En todo caso quería decirvos que se hai algo sobre o que queirades preguntar, algo que queirades pedir ou algo que queirades criticar estou a vosa disposición para plantexalo no Pleno.

Teño non obstante que decir, como xa llo teño dito a moita xente en privado, que se tendes algo que pedir, mellor que non sexa eu quen o pida, nin ningun outro membro da oposicón, porque entón case podedes ter por seguro de que o Ilustrísimo Sr. Alcalde non volo vai conceder.

As probas me remito, ata ahora teño pedido en varias ocasión unha marquesina para a Escola da Rabeda, poñerlle a unha rua ou praza o nome de Recaredo Paz, que se mellore a sinalización das estradas e pobos, que se arranxen algunhas cousas (arquetas rotas, vallado de sitios perigosos, ...). Non me lembro de que se atendese a ningunha ... bueno minto,  lembro que unha vez lle pedin que correxise un pequeno erro de sinalización (ver imaxe) e a verdade é que fixeron ben pronto ... penso que por vergonza.

Aproveito esta mensaxe para pedirvos que me escribades, ben poñendo un comentario no blog, ven enviandome un correo privado a bngtaboadela@gmail.com, quero saber que alguén le o que escribo!!!

Unha forta aperta a a seguir loitando por Taboadela ... I have a dream that one day in Taboadela all people will be not judged by their political opinions or by their ancestors but by the content of their character

05 março 2009

Blanco e negro

Xa tivemos as eleccións e os galegos decidiron que o PP sexa o encargado de gobernar nos próximos anos en Galiza. Noraboa para eles.
O BNG acadou uns resultados malos, nos que non quero eu furgar. Son momentos de reflexionar, mirar o que se fixo mal e tratar de melloralo. Teño que recoñecer que o luns foi un dia malo para min pois estaba triste por Galiza, lamentando que non fósemos quen de manter o goberno pois pareciame que cun novo mandato de 4 anos poderiamos completar iniciativas fundamentais para este pais como a dinamización do medio rural, a políica de vivenda social ou o aproveitamento dos recursos naturais.
Polo ben de todos esperos que o PP o faga ben.

Pensando en clave local en Taboadelo a cousa foi bastante ben, o BNG obtivo 210 votos, 23 mais que fai 4 anos. Eso anímame a seguir traballando por este pobo e a asumir un compromiso persoal con toda esa xente.

Como aspecto moi negativo desta campaña en Taboadela destacaría o mitin do PP no cal o Sr. Alcalde menospreciou a miña familia e comentou públicamente conversas privadas no seu despacho, ademais de falsealas. Pero de todo esto teredes noticia en breve. Por suposto en que non vou caer tan baixo como el e no penso xamais airear en público aspectos da súa vida privada, nin da súa familia.

Do carrexo de votantes mellor ni falar.

12 fevereiro 2009

Estamos en campaña

Cando estou escribindo esto faltan uns minutos para o inicio da campaña electoral para as eleccións autonómicas.

Non vou a empregar este foro para contarvos os logros acadados polo goberno da Xunta nestes 4 anos, pese á compañia do PSOE! Penso que houbo bastantes, e tamén algún aspecto negativo como non podia ser menos. Ao longo destas duas semanas xa teredes ocasións de escoitar aos líderes de todos os partidos, ver anuncios en TV, sufrir o empapelamento dos carteis e a letania dos militantes recorrendo as vosas casas, etc.

Tamén en Taboadela imos facer campaña, na medida das nosas posibilidades pero elgo faremos. Aos militantes e simpatizantes do BNG quero pedirvos duas cousas. A primeira é que, se estades convencidos de que o BNG é a mellor garantía para o futuro de Galiza votedes ao BNG (xa podo decilo pois son as 12:00). E a segunde é que aproveitedes estes días para tratar de convencer aos vosos veciños, familiares e amigos.

Aos que de momento ainda non sabedes a quen votar ou pensades votar a outro partido pois tamén quero pedirvos duas cousas. A primeira é que reflexionedes de novo e pensedes no voso pais, en Galiza, no rural, nos maiores. Pensade en serio quen ten feito mais por nos, quen ten defendido mellor os intereses de Galiza e quen lle ten dado un volco a todo o referente co benestar e o medio rural. A segunda cousa que vos pido, i esto vai para todos, é que veñades ao mitin que imos ter o sábado día 21 as 5:30 da tarde no local social de Pereiras. Eu mesmo serei o "teloneiro" e despois falará Iago Tabarés, membro da candidatura do BNG por Ourense.

Xa que desta vez non fixemos a simbólica pegada de carteis, vealiqui a miña pegada simbólica para dar inicio a campaña.

Adiante co BNG!!

22 janeiro 2009

O rei das beirarruas

Cando me puxen a escribir esta nova veume á cabez unha grabación que escoitei xa fai anos. Falaba o alcalde de Negreira na inauguración dunha ponte e agradécelle a "don Manuel" a axuda prestada ... e de paso aproveita para facer unha loubanza desa persoa capaz de "ter un estado na cabeza". Mellor escoitadeo porque a risa está asegurada.

O estado na cabeza

Pero hai outra afirmación interesante do Sr. Alcalde, di que a xente o recoñece como "o rei do asfalto" polas obras que ten feito.

Pois ben, eu suxiro que no futuro o Sr. Alcalde de Taboadela sexa alcumado "o rei das beirarruas" porque non terá rehabilitado casas, non terá promocionado a cultura, non terá creado servizos para a xuventude e terceira edade, non terá favorecido o crecemento económico do Concello .. pero beirarruas ten feito unhas poucas: Pereiras, Torán, Telleira, Santa Leocadia, Taboadela.

Seguro que os veciños deses pobos prefiren ter beirarruas a non as ter pero se lle preguntan que prefiren, que lles pase un autobus todos os días por diante da súa casa ou ter beirarruas xa non sei o que dirían, ou se prefirirían que se creases postos de traballo para os seus fillos, ou se prefirirían que se lles dese unha axuda para rehabilitar a súa casa, ou ...

Pois cando pensei que xa o tiña todo visto vai e entérome de que o Sr. Alcalde, sin informar xiquera ó resto dos grupos políticos, decide gastar os case 300.000 euros que lle concede o goberno central para contratar obras que fomente o emprego en ... SI SEÑORES ... BEIRARRUAS!!! Ahora imos poder pasear por elas dende o San Juan ata o Espiñeiro ... estou que revento de ledicia!!

E queredes que vos diga porqué escolleu esas obras ... porque son as mais fáciles de proxectar, non requiren exercitar moito a cabeza: a tanto o metro, tantos cartos dispoñibles, pois tantos metros e listos ... ala!

Non sei pero me da que o noso alcalde non sei o que ten na cabeza, pero un estado non!

Un saudo dun tipo moi moi enfadado e impotente ante o atraso que imos acumulando ano tras a no.

Xosé Antón Vila.

Verán do 89

Despois de moito buscar na Internet por fin atopei un video que levaba tempo buscando. O documental no que se narran os feitos ocurridos no ano 1989 en Allariz e que levaron á dimisión do seu alcalde, obrigado polo peche do pobo na casa do Concello.

Podedelo atopar nesta dirección:

http://video.google.com/videoplay?docid=-2989846696429273112

Se alguén o quere para telo no seu ordenador e non sabe como grabalo que mo pida.

Casualidades da vida onte atopei o video e hoxe enterome dunha noticia no meu propio Concello que ... pareo bueno, eso vai noutra nova.

Saudos nacionalistas!

Xosé Antón Vila

02 janeiro 2009

Blog do BNG de Esgos

Onte recibin un correo do meu compañeiro Manolo Penedo, concellal do BNG en Esgos indicándome que xa tiñan operativo un blog, a dirección é a seguinte:

http://www.blogoteca.com/bngesgos/index.php

Anímovos a visitala, sobre todo os que sexades desa zona.

Parabéns Manuel!