04 novembro 2008

Taboadela de luto: falece Recaredo Paz


O pasado domingo enterrouse no cemiterio de Taboadela o corpo de Recaredo Paz. Recaredo naceu e vivio durante moitos anos nun pobo deste Concello, Pumar.
Quedouse inválido dende moi novo a causa dunha malformación na columna pero esto non supuxo ningún obstáculo para el. Xa non digo para labrarse un futuro senón para ser un exemplo de persoas comprometida e defensora dos minusválidos.
A foto está tomada do xornal La Región do día 31-10-2008

Quero neste comentario recordar a súa etapa no Pumar, cando despachaba na tenda que o seu pai lle montou para que poidese vivir. Nunha época na que nin xiquera a carretara chegaba ó pobo, había que andar 1 kilómetro para atopar o asfalto.
Posto que estos días lle choven homenaxes dende todos lados quero dende aquí rendir tamén un profundo homenaxe a alguén moito menos coñecido, á súa nai Carme. Exemplo de muller rural, traballadora, calada, servicial, sufridora.

De momento non temos no concello monumentos, nin rúas e prazas con nome. Se hai alguén que mereza inaugurar esta honra sin dúbida é Recaredo. Quero pensar que a Corporación Municipal será tamén desta idea, senón recordarémosllo entre todos.

Descanse en paz, Recaredo Paz.

Sem comentários: