26 novembro 2008

Xuntanza veciñal

O sábado día 29 teño convocada unha xuntanza veciñal na Escola de Lama de Prado para tratar o problema do acceso por ADSL na zona de Santa Leocadia, Pasadán, Veredo, etc.

Falei con varias persoas e puxen carteis pola zona pero agradezoche que corras a voz se estás interesado no problema.

En principio a miña idea é expor a situación actual e as perspectivas a corto plazo. Logo debatiremos as posibles medidas de presión a tomar para solicitar a ADSL. Finalmente penso presentar ós veciños outras alternativas técnicas para tratar de acadar acceso a Internet de alta velocidade, mentres non se acade o obxectivo da ADSL.

20 novembro 2008

Mercadillo


O pasado domingo fun ó mercadillo que se celebra os terceiros domingos de mes en Taboadela dende o pasado verán.
Non se trata dun mercadillo moi concurrido nin con moita variedade (o 90% é roupa bastante inutil) pero a verdade é que me gustou.

O mercadillo non aporta moito á economía local, nin é unha alterantiva válida para mercar o que se necesita. Sin embargo valoro moi positivamente o feito de que constiua unha ocasión para que a xente se vexa e para que saia da casa, posto que sobre todo no inverno non é fácil vencer a pereza de estar todo o día a carón do lume.

Había un posto para mercar polbo e comer, un bo zapateiro con productos artesanais, un posto de ferretería e sobre todo moita roupa.

Como sempre aproveito para meterlle unha pulla ó concello imos aló con ela: nos accesos dende as carreteras locais faltaba u sinal indicando que a rúa estaba ocupada é que era preciso tomar camiños alternativos. Eso fixo que moitos conductores se atopasen de repente coa caseta do polbo ... menos mal que non houbo que lamentar desgracias!

Outra pulla: non podería o Concello tratar de traer a este mercadillo postos de artesanía tradicional, de productos ecolóxicos, ... algún me dira que me "chuto" pero por qué non de libros? (elaboración do viño, a horta ecolóxica, dieta saudabel, ...)

14 novembro 2008

A crisis que a pague o capital!

Este é o lema da manifestación que a CIG convocou para hoxe xoves día 13 en todas as cidades de Galiza. Eu asistin á de Ourense. Facía un frio de coidado pero a verdade é que convocou a bastante xente.
Gustoume o discurso final do responsable da CIG en Ourense, Etelvino Blanco. Falou das empresas que queren aproveitar esta crisis para conxelar soldos e para despedir traballadores. Falou do "fin de semana" que vai disfrutar Zapatero para "refundar o capitalismo". Falou dos problemas que se están a vivir na comarca de Valdeorras. Falou de que so se fala de axudar aso bancos pero non se escoita nada sobre axudas social ou mantemento das pensións.

A miña opinión e que os noso gobernantes non queren entender o evidente: esta crisis é unha consecuencia directa da política economica liberalista, donde so rixe a lei da oferta e a demanda. Espero que a lo menos sirva para que volvamos a unha economía tutelada polo estado, que recuperemos o concepto de "servicios básicos", como o transporte, a vivenda, a educación e a sanidade, que deixemos a política de axudar aos ricos para que lle den traballo aos pobres, que recuperemos a primacía dos impostos directos sobre os indirectos. En definitiva que pasemos dun réxime capitalista a u réxime "proteccionista".

Xa vedes que son un utópico! seino, pero preciso selo: de ahí saco a enerxía para facer cada día algo polos demais a pesares ... imolo deixar asi.

13 novembro 2008

Magosto no Centro de Maiores


O pasado venres asistin ao magosto que se celebrou no Centro de Maiores de Taboadela. Dende logo houbo castañas e viño, e música de pandeiretas.
Para min foi sobre todo un día para o recordo. Cantas partidas de subastado non botei no Mara! Como non recordar ó José, á súa dona e as súas fillas!
Foi un día para comprobar a sorte que teñen as persoas dese Centro, porque non pode haber outras traballadoras mais atentas, mais divertidas, mais boas persoas: todas e cada unha delas.
Na magosto tamén houbo nenos, a miña filla entre eles, que o pasaron de maravilla. Penso que para os maiores debeu de ser bonito velos correr por ali, tocar a pandeireta, pintarse cun tizón ...
So botei en falla que aparecese por alí algunha "autoridade", se cadra tiñan a axenda moi apretada, que se lle vai facer!

04 novembro 2008

ADSL para todos

Como xa publiquei nunha nova previa en Taboadela temos por fin ADSL ... pero non todos. Nestas semanas recibin noticias de varias veciños de Lama de Prado, A Reguenga e Pasadaán que xa non saben que facer para que este servicio chegue ós seus fogares.

Todos aqueles veciños desa zona que leades este comentario, estedes interesados en contratar a ADSL e non podades, escribiídeme un correo dándome un número de teléfono porque teño a intención de convocar unha zuntanza veciñal cara finais da semana seguinte para tratar de conformar unha "agrupación de afectados" e decidir que podemos facer ... visto que dende o Concello so teñen unha resposta: "chamade a Telefónica".

Todas sabemos que "a unión fai a forza" asi que se conseguimos xuntar a bastante xente penso que podemos acadar resultados, ben sexa porque a Telefónica lle interese economicamente, ben sexa porque conseguimos que o Concello ou a Xunta nos fagan algo de caso (xa se sabes que os "votos" moven montañas) ou ben porque pasamos de todos eles e o solucionamolo nós por outros medios

Correde a voz!!!

Taboadela de luto: falece Recaredo Paz


O pasado domingo enterrouse no cemiterio de Taboadela o corpo de Recaredo Paz. Recaredo naceu e vivio durante moitos anos nun pobo deste Concello, Pumar.
Quedouse inválido dende moi novo a causa dunha malformación na columna pero esto non supuxo ningún obstáculo para el. Xa non digo para labrarse un futuro senón para ser un exemplo de persoas comprometida e defensora dos minusválidos.
A foto está tomada do xornal La Región do día 31-10-2008

Quero neste comentario recordar a súa etapa no Pumar, cando despachaba na tenda que o seu pai lle montou para que poidese vivir. Nunha época na que nin xiquera a carretara chegaba ó pobo, había que andar 1 kilómetro para atopar o asfalto.
Posto que estos días lle choven homenaxes dende todos lados quero dende aquí rendir tamén un profundo homenaxe a alguén moito menos coñecido, á súa nai Carme. Exemplo de muller rural, traballadora, calada, servicial, sufridora.

De momento non temos no concello monumentos, nin rúas e prazas con nome. Se hai alguén que mereza inaugurar esta honra sin dúbida é Recaredo. Quero pensar que a Corporación Municipal será tamén desta idea, senón recordarémosllo entre todos.

Descanse en paz, Recaredo Paz.