01 outubro 2008

pleno ordinario de setembro

O pasado día 25 de setemnbro celebrouse o pleno ordinario do trimestre. Paso a resumirvos o mais destacado.

Ratificouse o proxecto dunha obra, que curiosamente xa está empezada ... e paralizada por patrimonio (ver este artigo de La Region): as beiraruas do primeiro tramo da carretera Taboadela-Pereiras.

Aprobouse una moción presentada polo PP sobre medidas de "aforro e austeridade" (conxelación dos soldos de alcalde e concellais, reducción de gastos de protocolo, ...). Eu apoieina pero agora mesmo estou mais de acordo co que fixo o compañeiro do VE-TA: rexietouna por considerala hipócrita posto que se pide despois de que o alcalde se subise o soldo un 80% o ano pasado.

Rexeitaronse todas as mocións presentadas pola oposición agás a de solicitar á Xunta o uso da liña de transporte escolar como transporte público... pena que o grupo de goberno non se decatase antes dista posibilidade como fixeron outros 50 concellos galegos que xa asinaron o convenio.

Acordouse adeherirse ó Grupo Avinza, xunto con outros 9 concellos da comarca, que se encargará de xestionar os fondos europeos para desenvolvemento local nos próximos anos.ç

Acordouse solicitar a creación dunha galescola dado que o nñumero de rapaces en idade 0-3 anos parace suficiente.

Aprobaronse mais obras de mellora no alumeado de Taboadela e Pereiras.

En cantos as preguntas que eu fixen non meu turno destaco o seguinte:
- ¿Por qué toas as obras que licita o Concello se conceden á mesma empresa, Ganade y Marra? Non me responderon nada concreto
- ¿De que un gasto de 1419 € que aparece dun spot de Telemiño? Ainda non saiu pero seica é "publicidade do Concello"
-Protestei polo feito de que a actividade administrativa do Concello se paralice no mes de agosto debido ás vacacións da secretaria. Responderonme que os trámites "sinxelos" están delegados na Auxiliar e que se siguen facendo, o resto ... pois non se fan.

Sem comentários: