
Por fin temos alta velocidade en Taboadela. Eu soliciteina o venres, onte chegoume o modem e xa puden probala.
Contratei a velicidade mais alta, 6 Mbps, ainda que tamén se pode contratar 1Mbps. En realidade fixen unha proba de velocidade e deume 3.5 Mbs, o cal está bastante ben.
A instalación do modem é moi fácil pero se alguén ten algún problem eu podería axudalo.
Ahora ven a parte negativa ... o ADSL ainda non vai chegar á zoa que depende da centralita de Santa Leocadia. Eu prometo facer todo o posible para tratar de que eses veciños tamén podan acceder a este servicio. Xa vos irei informando disto.