O pasado xoves celebrouse o pleno ordinario de "verán". Lamentablemente para todos teño que decir que a principal nova foi o mal comportamento do Sr. alcalde, chegando a despreciar ó portavoz socialista e contestantando ó resto sen respeto algún. Vouvos por un exemplo.
Cando eu lle preguntei que significaban uns puntos pintados de amarelo na estrada Taboadela-Pereiras dixome textualmente "eso non cho contesto, averiagualo tu".
As dúas mocións que eu presentei, unha sobre a oportunidade de fomentar o compostaxe e o reciclaxe e a necesidade de facer recollidas de trastos, e a outra sobre a necesidade de mellorar os canles de información á veciñanza, foron rechazadas, salvo un único punto de colocar mais paneis informativos.
Pregunteille tamén sobre a posibilidade de asinar un convenio con Medio Rural, como fixeron outros concellos pero non parece que esten pola labor. O ano pasado non o aceptaron cando medio Rural lles ofrecía pagar o 70% dun tractor desbrozadora.
En fin, que os tempos cambian pero o noso Goberno Municipal non. Hai que ainda non se deu conta de que xa estamos no século XXI
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
1 comentário:
"eso non cho contesto, averiagualo tu"
Dos posibilidades:
-que no sepa contestar por desconocimiento (=ignorancia)
-que no quiera contestar por desfachatez (=sin verguenza)
Que cada uno elija la que le plazca. No se cual es peor. O mejor.
Enviar um comentário