Segundo publica a páxina web da Consellería de Política Territorial onte, 17 de xullo, a Conselleira asinou a Orde de Aprobación Definitiva Parcial do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Taboadela.
Esto significa que en canto se publique no DOG entrará en vigor. Logo faltaría que o Concello publique no BOP a normativa e mailas ordenanzas correspondentes.
O feito de que a aprobación sexa parcial siginifica que alguns aspectos concretos (ainda non sabemos cales) quedarán suspendidos mentres non se subsanen as correspondentes deficiencias.
Penso que é unha boa noticia para todos porque o Concello levaba anos parado por mor deste atranco. Esperemos que o Equipo de goberno do Concello sepa aproveitar esta oportunidade. Por parte do BNG ofrecemos toda a colaboración, posible.
Teño colgada unha copia do PXOM na seguinte dirección:
http://trevinca.ei.uvigo.es/~anton/arabeda/PXOM_Taboadela.zip (ocupa 154 Mb, se alguén quere que llo pase en CD que me escriba).
Xosé Antón Vila.
Concellal do BNG en Taboadela.
18 julho 2008
03 julho 2008
Grupos de Desenvolvemento Rural
O martes constituise en Allariz a Xunta Directiva do Grupo de Desenvolvemento Rural GDR-15.
Esta entidade, constituida por 10 concellos da comarca (Allariz, Maceda, Taboadela, Xunqueira, Vilar de Santos, ...) será o organismo encargado de seleccionar os proxectos que serán financiados polo LEADER europeo no periodo 2007-2013.
A diferencia do quinquenio anterior ahora participan nesa decisión non so os alcaldes dos concellos senón tamén as asociación de todo tipo, empresas, etc. En Taboadela as asociacións que están inscritas ata o momento son as asociacións de mulleres rurais de Santa Leocadia e A Rabeda, as asociacións veciñais de Perreiras, A Rabeda, Toran, Taboadela e Santa Leocadia, o club de futbol e o club de atletismo (espero non esquecerme de ningunha). A representante na Xunta Directiva será a asociación de mulleres rurais "As Abelairas".
Para mais información consultade a páxina http://agader.xunta.es

01 julho 2008
Piscina
A semana pasado abrironse as piscinas municipais, unha boa nova que leva figurando como "promesa" do alcalde polo menos 5 anos ... mais vale tarde que nunca!
A verdade é que o recinto quedou moi ben, boa piscina, moita herba, zonas de sombra, bar, vestiarios amplos.
Todos os censados no concello poden entrar de balde, sempre que fagan o carnet de usuario (hai que ir ó concello cunha foto e o DNI), e o resto pagarán unha entrada de 1 euro.

Pleno do Concello
O pasado xoves celebrouse o pleno ordinario de "verán". Lamentablemente para todos teño que decir que a principal nova foi o mal comportamento do Sr. alcalde, chegando a despreciar ó portavoz socialista e contestantando ó resto sen respeto algún. Vouvos por un exemplo.
Cando eu lle preguntei que significaban uns puntos pintados de amarelo na estrada Taboadela-Pereiras dixome textualmente "eso non cho contesto, averiagualo tu".
As dúas mocións que eu presentei, unha sobre a oportunidade de fomentar o compostaxe e o reciclaxe e a necesidade de facer recollidas de trastos, e a outra sobre a necesidade de mellorar os canles de información á veciñanza, foron rechazadas, salvo un único punto de colocar mais paneis informativos.
Pregunteille tamén sobre a posibilidade de asinar un convenio con Medio Rural, como fixeron outros concellos pero non parece que esten pola labor. O ano pasado non o aceptaron cando medio Rural lles ofrecía pagar o 70% dun tractor desbrozadora.
En fin, que os tempos cambian pero o noso Goberno Municipal non. Hai que ainda non se deu conta de que xa estamos no século XXI

Subscrever:
Mensagens (Atom)