Segundo informan os xornais de onte xa está a exposición pública o proxecto do parque empresarial do Val da Rabeda, a primeira fase que afecta ó noso concello pola construcción do Polígono Taboadela 1, na zona comprendida entre Mesón de Calvos, o río Barbaña e preto de Pazos. Eu ainda non tiven tempo de pasar a velo pero debería estar exposto no Concello.
Ahora é o momento de que o Concello mesmo, os grupos políticos, as asociacións veciñais e todos os particulares que queiran presenten alegacións ó proxecto. Hai dous meses para facelo.
Se vos vedes afectados e queredes contar coa nosa axuda non dubidedes en chamarnos.
Antón.