07 maio 2008

Día das letras galegas

Ainda que soio empregar este blog para comentar novas relacionadas con Taboadela, neste caso vou falar du asunto que afecta a todo o país.

O sábado día 17 celébrase o Día das Letras Galegas. Este ano está dedicado a Xosé María Alvarez Blazquz, un escritor en lingua galega e castelá nado en Tui. Foi membro da Real Academia Galega e fundador da editorial Castrelos. Sinto recoñecer que non teño lido nada del pero espero facelo polo menos o día 17. Mercarei algún periódico que traia algunha escolma súa de regalo! Tendes mais información sobre a súa persoa e sobre outros homenaxeados en outros anos en www.diadasletrasgalegas.com

Comentarvos tamén que o domingo día 18 as 12 haberá unha Manifestación en Santiago organizada pola Mesa pola Normalización Lingüistica en defensa do galego.

Por último comentarvos que ese día se celebra o Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información. Na dirección www.maisinternetmaisgalego.org tendes información das actividades que a Consellería de Innovación e Industria celebra en relación con dito evento (hai unha o mércores 14 en Ourense).

Perdoade este rollo pero estaba con gañas de escribir!

Antón.